O fotógrafo australiano Mark Ritchie púxose como reto artístico facer fotografías abstractas de capas de papel hixiénico que recreasen as liñas e as ondas do mar. O resultado pode verse nunha exposición en Ourense na que plasma a súa fascinación polos océanos.
As Casas Niño, un modelo de atención á infancia deseñado para os concellos rurais galegos, son un servizo esencial para os pais de centos de nenos. Espazos moi familiares nos que os pequenos aprenden a convivir dende os primeiros meses de vida. Achegámonos a algunhas destas casas na provincia de Lugo.
Detrás do descenso das capturas de polbo nas rías galegas está, din no sector, o cambio climático que provoca o quecemento das augas. O cefalópodo busca agora mares máis fríos e con alimentos que favorezan a súa reprodución. Gran parte do polbo británico destínase á exportación. GettyImages
Ángeles Vázquez toma posesión por terceira vez como conselleira, neste caso de Política Social. O seu posto na consellería de Medio Ambiente é asumido por Nicolás Vázquez, anteriormente secretario xeral de Industria | O paro aumenta en case 20.000 persoas en Galicia no terceiro trimestre do ano, segundo os datos da EPA feitos públicos hoxe. Un aumento que se produce a pesar de que tamén se contabilizan 21.300 empregos máis, e que se explica polo incremento da poboación activa | Hoxe saen a poxa en Madrid cerca de 700 lotes de obxectos que a familia Franco retirou este verán do Pazo de Meirás. Hai mobles, cadros e recordos do ditador. Teñen un prezo de saída conxunto de 200.000 euros | As capturas de polbo en augas británicas supoñen xa catro veces máis que as de Galicia, ao superar as 3.700 toneladas no que vai de ano. O sector detecta un descenso progresivo da especie nas rías, debido ao aumento da temperatura do mar | O túnel do Hórreo, en Santiago, permaneceu pechado toda a mañá por un simulacro de accidente con lume e feridos. 27-10-2026
A chegada dunha fronte polo noroeste deixa chuvias durante a mañá nas provincias atlánticas e no norte da provincia de Lugo. Co avance da tarde, van remitindo quedando en forma de orballos, retirándose progresivamente cara ao sueste. As temperaturas máximas baixan sobre todo na Mariña. 27-10-2026
Ángeles Vázquez toma posesión como conselleira, neste caso de Política Social. O seu posto na consellería de Medio Ambiente é asumido por Nicolás Vázquez | O paro aumenta en case 20.000 persoas en Galicia no terceiro trimestre do ano, segundo os datos da EPA | Cerca de 700 lotes de obxectos que a familia Franco retirou do Pazo de Meirás este verán saen hoxe a poxa en Madrid | As capturas de polbo en augas británicas supoñen xa catro veces máis que as de Galicia | O túnel do Hórreo, en Santiago, pechado toda a mañá por un simulacro de accidente con lume e feridos. 27-10-2026
Cambios no equipo de Alfonso Rueda na Xunta. Ángeles Vázquez toma posesión por terceira vez, neste caso como nova conselleira de Política Social, para cubrir a marcha de Fabiola García. O seu posto na consellería de Medio Ambiente é asumido por Nicolás Vázquez, anteriormente secretario xeral de Industria | O paro aumenta en case 20.000 persoas en Galicia no terceiro trimestre do ano, segundo os datos da EPA feitos públicos hoxe. Un aumento que se produce a pesar de que tamén se contabilizan 21.300 empregos máis, debido ao incremento da poboación activa | Cerca de 700 lotes de obxectos que a familia Franco retirou do Pazo de Meirás este verán saen hoxe a poxa en Madrid. Colectivos memorialistas reclaman aclarar se algunhas pezas son patrimonio público ou proceden da etapa de Emilia Pardo Bazán | As capturas de polbo en augas británicas supoñen xa catro veces máis que as de Galicia, ao superar as 3.700 toneladas no que vai de ano. O sector detecta un descenso progresivo da especie nas rías, debido ao aumento da temperatura do mar. 27-10-2026
A medicina personalizada ou de precisión utiliza a información xenómica para facer diagnósticos ou para elixir o mellor tratamento para cada paciente. O CHUS acolle unhas xornadas científicas nas que o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago presenta os proxectos que está desenvolvendo.
Ángeles Vázquez asume a consellería de Politica Social e Igualdade. Nicolas Vázquez Iglesias, ata agora secretario xeral de Industria será o novo conselleiro de Medio Ambiente. Ambos tomarán posesión mañá | De cara ao 29N, o BNG aspirar a aumentar a súa representación nas Cortes, para defender con máis forza, di, os intereses de Galicia. Poñen como exemplo ós deputados e senadores galegos de PP e Psoe que nunca presentaron unha iniciativa a favor de Galicia | Esta fin de semana cumprirase un mes da acampada pola vivenda na praza do Obradoiro, a primeira das que se instalaron en Galicia. Aseguran que a van manter de xeito indefinido. Polo que, de momento, non teñen intención de desmontala | A climatoloxía do verán e do comezo do outono auguran que a tempada de cogomelos non vai ser boa nin en cantidade nin en calidade. É unha campaña que só podería salvar que chovese e que se demorase o frío. 26-10-2026
Empezamos semana con tempo seco, con máis nubes no oeste e agora pola tarde con tendencia á apertura de claros. As temperaturas mínimas caeron ata máis de dous graos negativos en Calvos de Randín en Ourense. As máximas soben. Oscilarán entre os 17 graos previstos en Santiago e os 24 que agardan en Ourense. 26-10-2026
Ángeles Vázquez asume a consellería de Politica Social e Igualdade | Nicolas Vázquez Iglesias, ata agora secretario xeral de Industria será o novo conselleiro de Medio Ambiente | O consello da Xunta aproba a posta en marcha dun novo bono comercio | As protestas pola vivenda cumpren un mes e continúan as acampadas en Santiago, na praza do Obradoiro | A falta de precipitacións condiciona a escaseza de cogomelos no comenzo da tempada de recolección | o Celta empata co Betis nun partido intenso, pero sen goles no que Giráldez introducíu a Iago Aspas avanzada a segunda parte. 26-10-2026
O consello da Xunta aproba a posta en marcha dun novo bono comercio para respaldar a economía local | As protestas pola vivenda, tralo desafiuzamento de Maricarmen en Madrid, cumpren un mes e continúan as acampadas en Santiago, na praza do Obradoiro e noutros puntos de Galicia, mentres, os acampados na Porta do Sol, na capital de España, comenzan a debater sobre qué pasos dar | A falta de precipitacións condiciona a escaseza de cogomelos no comenzo da tempada de recolección. O cociñeiro arxentino de orixe italiana Alejandro Minguez ofrece as suas receitas para gozar da micoloxía | Na Xornada de Liga, o Celta empata co Betis nun partido intenso, pero sen goles, no que Giráldez introducíu a Iago Aspas avanzada a segunda parte. O Deportivo cae no Metropolitano por 1 a Cero ante o Atlético de Madrid, pese a un xogo valente co que plantou cara aos de Simeone. 26-10-2026
A parella de artistas, 'Los Bravú', expón en Santiago 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia'. Pinturas que entroncan coa tradición, o simbolismo e a acumulación de imaxes, creadas para esta mostra, que pode visitarse na igrexa da universidade ata o 20 de novembro.
Cambio de hora esta fin de semana. Ás tres da madrugada do domingo teremos que atrasar o reloxo unha hora. Unha rutina que tenta aproveitar a luz solar e recortar o consumo enerxético. Son moitos os que a cuestionan, pero outros defenden a súa necesidade para adaptármonos mellor ás estacións e ao ritmo do sol. Eric Harlow | GettyImages
Dous golazos de Javi Rodríguez, en tan só tres minutos, que serven para certificar a remontada do Celta, en Glasgow. Primeiro triunfo europeo diante duns 3.000 seareiros celestes | Novo desencontro entre o Ministerio de Sanidade e a Xunta polas listas de espera. No Consello Interterritorial celebrado hoxe, Mónica García presentou unha proposta para reforzar a transparencia dos datos sanitarios | Ana Pontón, referiuse hoxe aos disturbios do pasado mércores na Coruña, durante as protestas contra un acto de Vox. responsabilizou o Goberno central das cargas policiais do pasado mércores na Coruña, durante as protestas contra un acto de Vox, que cualificou como brutais | Cambio de hora esta fin de semana. Ás tres da madrugada do domingo teremos que atrasar o reloxo unha hora. Son moitos os que a cuestionan, pero outros defenden a súa necesidade para adaptármonos mellor ás estacións e ao ritmo do sol | A parella de artistas, 'Los Bravú', expón en Santiago 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia'. Pinturas que entroncan coa tradición, o simbolismo e a acumulación de imaxes. 23-10-2026
Logo do paso da borrasca Austen, Galicia queda nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Segue a alerta laranxa na costa no norte con ondas de máis de cinco metros. En terra, os ceos alternan nubes e claros, con posibilidade de chuvascos illados e ocasionais no norte e noroeste. As temperaturas sen cambios. 23-10-2026
Noite máxica para o Celta, cun gran Javi Rodríguez que fixo dous tantos en tres minutos, contra o Celtic na Europa League | Novo enfrontamento entre a Xunta e o Ministerio de Sanidade a conta do proxecto para facer máis transparentes as listas de agarda | Os presidentes da Xunta e do goberno de Castela e León, fan fronte común contra o goberno central, no Foro dos Ancares | Cambio de hora esta fin de semana. Ás tres da madrugada do domingo teremos que atrasar o reloxo unha hora | A parella de artistas, 'Los Bravú', expón en Santiago 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia'. 23-10-2026
O celtismo desfruta dunha noite máxica no Celtic Park, de Glasgow, con dous golazos de Javi Rodríguez, en tan só tres minutos, que serven para certificar a remontada. Primeiro Triunfo europeo Diante duns 3.000 seareiros | Novo enfrontamento entre a Xunta e o Ministerio de Sanidade a conta do proxecto para facer máis transparentes as listas de agarda. O Goberno galego critica a falta de avances na unificación de criterios para publicalas | Os presidentes da Xunta e do goberno de Castela e León, fan fronte común ante o goberno central, no Foro dos Ancares, en Ponferrada. Os dous mandatarios vinculan as próximas eleccións coa posibilidade de desbloquear asuntos de interese común para ambas comunidades | O domingo cando sexan as tres da madrugada volverán a ser as dúas. Entramos de cheo no horario de inverno,un cambio que non se producía nunha data tan temperá dende 2020, e que os expertos defenden pola conveniencia de adaptarse as diferenzas na posta de sol ao longo do ano. 23-10-2026
Para investigar os delitos que afectan a menores e a mulleres, como por exemplo a pornografía infantil, as agresións sexuais ou a trata, a Garda Civil ten un equipo especializado: o EMUME. A súa prioridade é sempre escoitar sen revitimizar. E para iso é fundamental a empatía.
En Vigo, xa se pode mercar marisco conxelado sen entrar nun supermercado. Abonda con pasar por un aparcadoiro e achegarse a unha máquina expendedora. Pero non é o único produto inesperado que podemos atopar a golpe de botón. Hai comida para mascotas e mesmo material de pesca.
O sector pesqueiro español critica a estratexia presentada esta semana pola Comisión Europea para o horizonte 2040. Os armadores consideran que non resolve os problemas actuais da frota e reclaman unha reforma urxente da Política Pesqueira Común. En Galicia déronse de baixa 614 barcos de pesca desde 2013.
A Illa de Arousa acaba de iniciar os trámites para adquirir un edificio intervido hai unha década a Marcial Dorado, condenado por narcotráfico. A intención do Concello é que esas 15 vivendas pasen a ser públicas para ofrecer máis oportunidades á veciñanza da localidade, que segue a perder poboación.
Desperfectos no mobiliario urbano, na Coruña, tras unha noite de enfrontamentos entre manifestantes e axentes antidisturbios, a raíz da visita de Santiago Abascal, que se saldan con tres persoas detidas e varios feridos | O Concello da Illa de Arousa inicia os trámites para adquirir un edificio intervido hai xa unha década a Marcial Dorado, condenado por narcotráfico. A sua intención é que esas 15 vivendas pasen a ser públicas, para ofrecer máis oportunidades aos veciños nunha localidade que segue a perder poboación | A alcaldesa do concello ourensán de Rairiz de Veiga, que representa ao PSOE, ten os días contados no cargo. O Partido Popular vaille quitar a alcaldía mediante unha moción de censura para a que conta co apoio de dous edís do BNG e doutro que deixou o goberno hai dous meses | O sector pesqueiro español critica a estratexia presentada esta semana pola Comisión Europea para o horizonte 2040. Os armadores consideran que non resolve os problemas actuais da frota e reclaman unha reforma urxente da Política Pesqueira Común. 22-10-2026
A chegada dunha borrasca esta tarde fará que se active a alerta laranxa no mar, con ondas de ata cinco metros no norte e refachos fortes de vento. Nubes en aumento e chuvias xeralizadas á noite, que caeran con máis intensidade na fachada atlántica. Temperaturas sen grandes cambios cun lixeiro ascenso das máximas. 22-10-2026
Noite de disturbios e cargas policiais na Coruña, tras un acto preelectoral do lider de Vox, Santiago Abascal, na praza de María Pita | Fabiola García irá de número dous na candidatura do PP da Coruña, o que implicará a sua sustitución como consellería de Política Social | O Concello da Illa de Arousa adquire un edificio, intervido ao condenado por narcotráfico Marcial Dorado, coa intención de ofrecer 15 vivendas públicas | Moción de censura en Rairiz de Veiga, o PP quitará a alcaldía ao PSdeG co apoio de dous edís do BNG | Máquinas expendedoras para porder mercar marisco conxelado sen entrar nun supermercado. Funcionan en Vigo, en cinco puntos instalados en aparcadoiros. 22-10-2026
Desperfectos no mobiliario urbano, na Coruña, tras unha noite de enfrontamentos entre manifestantes e axentes antidisturbios, a raíz da visita de Santiago Abascal, que se saldan con tres persoas detidas e varios feridos. O delegado do Goberno xustifica a sua actuación | Fabiola García irá de número dous do PP pola Coruña, o que implicará a sua sustitución como consellería de Política Social. O presidente do Parlamento Miguel Santalices será candidato ao Senado por Ourense | O Concello da Illa de Arousa adquire un edificio, intervido ao condenado por narcotráfico Marcial Dorado, coa intención de ofrecer 15 vivendas públicas. A operación suporá un custo de 1.300.000 euros e pretende que a Xunta asuma a súa xestión | Máquinas expendedoras para porder mercar marisco conxelado sen entrar nun supermercado. Funcionan en Vigo, en cinco puntos instalados en aparcadoiros. 22-10-2026
A Cidade da Cultura, en Santiago, acolle unha exposición con 80 pinturas e debuxos feitos por persoas con alzheimer e os seus coidadores. Son froito das clases de pintura que ofrece dende hai dous anos a asociación AGADEA.
Galicia é a segunda comunidade de España na que se rexistran máis accidentes de tráfico causados por xabarís. O ano pasado foron máis de 4.000 e no que vai de ano case tres mil. Compensar aos condutores e aos labregos polos danos nos cultivos custoulle á Xunta nos últimos dez anos vinte millóns de euros.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias reúne en Santiago a mulleres referentes neste sector. Cadrando coa celebración do ano internacional da agricultora, o obxectivo é dar visibiliade ao traballo das mulleres rurais e abordar os retos pendentes en igualdade e participación nos órganos de decisión.
Abre en Pontevedra unha nova edición de Edugal, a salón da educación para aclarar dúbidas e orientar aos estudantes sobre o seu futuro laboral. Cun amplo espazo dedicado á Formación Profesional, que chega este ano a un récord de matriculacións con máis de 75.000 alumnos.
Axentes antidisturbios desaloxan a praza de María Pita, na Coruña, tralos Incidentes na protesta contra a visita do dirixente de Vox Santiago Abascal. . Unha vez rematado o acto, houbo lanzamento de obxetos e cargas policiais, con tres persoas feridas e un detido | A carne de vacún galega acadou en 2025 unha mellora na rendabilidade impulsada polos elevados presos. Os ingresos medios de cada granxa foron de 110 mil euros fronte a uns custes de 82 mil | As 63 confrarías de pescadores de Galicia poñen en marcha o proceso para renovar os órganos de goberno. Hoxe reunironse os seus representantes para abordar o calendario electoral | A Cidade da Cultura acolle ata o próximo domingo unha exposición con 80 pinturas e debuxos feitos por persoas con alzheimer e os seus coidadores. Son froito das clases de pintura que ofrece dende fai dous anos a asociación AGADEA. 21-10-2026
Tralo paso dunha fronte durante a madrugada, o tempo queda nunha situación intermedida entre altas e baixas presións, con nubes e e claros e algún chuvasco máis probable no norte. Chuvias que se repetirán mañá pola chegada dunha nova borrasca. As temperaturas mínimas suben mentres que as máximas baixan, entre os 14 graos en Lugo e os 18 de Vigo. 21-10-2026
Incidentes na protesta contra a visita do dirixente de Vox Santiago Abascal. Cargas policiais con tres persoas feridas e un detido | As 63 confrarías de pescadores de Galicia inician o proceso para renovar nas urnas os seus órganos de goberno | A carne de vacún galega acadou en 2025 unha mellora na rendabilidade impulsada polos elevados presos | Galicia é a segunda comunidade con máis accidentes de tráfico causados por xabarís, máis de 4.000 o ano pasado | Exposición, no Gaiás de Santiago, con 80 pinturas e debuxos feitos por persoas con alzheimer e os seus coidadores. 21-10-2026
Axentes antidisturbios desaloxan a praza de María Pita, na Coruña, tralos Incidentes pola protesta contra a visita do dirixente de Vox Santiago Abascal. Un grupo de manifestantes, convocados por Galiza Nova e o sindicato de Inquilinas, protestou diante dun amplo dispositivo policial | As 63 confrarías de pescadores de Galicia inician o proceso para renovar nas urnas os seus órganos de goberno. Lograr unha maior presenza de mulleres nos postos de responsabilidade, principal reto dos comicios | Os accidentes de tráfico causados por xabarís aumentan case un 200 por cento na última década en Galicia, e convértense no principal problema de seguridade viaria. No que vai de ano son máis de 3.000. Ourense é a provincia máis afectada | Os accidentes de tráfico causados por xabarís aumentan case un 200 por cento na última década en Galicia, e convértense no principal problema de seguridade viaria. No que vai de ano son máis de 3.000. Ourense é a provincia máis afectada. 21-10-2026
As fotografías do recoñecido premio internacional Comedy Wildlife, que reúne unha espectacular colección de imaxes da natureza, acaban de chegar a Lugo. Trátase dunha mostra na que podemos admirar escenas da vida cotiá de distintas especies animais que conectan co público a través do humor.
Alimentación local, xusta, e sostible. É a filosofía da asociación Daquidarredor. Pequenos produtores intercambian as súas receitas nunha cociña colaborativa financiada polo concello de Brión e a Deputación da Coruña. Ademais, forman a quen queira aprender a utilizar a maquinaria coa que fan masas, cremas, marmeladas e zumes.
O mosteiro de San Pedro de Rocas, no concello ourensán de Esgos, acolle o Campionato de Tapas e Petiscos de Galicia. Participan 43 cociñeiros e cociñeiras das catro provincias que teñen como reto plasmar nas súas creacións os sabores da nosa terra dun xeito creativo e innovador.
A OTAN pon o foco nunha empresa de Nigrán dedicada ao control do espazo aéreo a baixa altura. Foi seleccionada entre case catro mil proxectos internacionais para avanzar nun programa da Alianza. Un recoñecemento que lle abre agora a porta a novos mercados e contratos.