gal tx2
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 27-10-2026

Toma de posesión de Ángeles Vázquez e Nicolás Vázquez na Xunta | O paro aumenta no terceiro trimestre | Poxa en Madrid de obxectos do Pazo de Meirás

27/10/2026 00:10:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 27-10-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 27-10-2026
Telexornal Galicia 2 27-10-2026 00:10:01 27/10/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Ángeles Vázquez toma posesión por terceira vez como conselleira, neste caso de Política Social. O seu posto na consellería de Medio Ambiente é asumido por Nicolás Vázquez, anteriormente secretario xeral de Industria | O paro aumenta en case 20.000 persoas en Galicia no terceiro trimestre do ano, segundo os datos da EPA feitos públicos hoxe. Un aumento que se produce a pesar de que tamén se contabilizan 21.300 empregos máis, e que se explica polo incremento da poboación activa | Hoxe saen a poxa en Madrid cerca de 700 lotes de obxectos que a familia Franco retirou este verán do Pazo de Meirás. Hai mobles, cadros e recordos do ditador. Teñen un prezo de saída conxunto de 200.000 euros | As capturas de polbo en augas británicas supoñen xa catro veces máis que as de Galicia, ao superar as 3.700 toneladas no que vai de ano. O sector detecta un descenso progresivo da especie nas rías, debido ao aumento da temperatura do mar | O túnel do Hórreo, en Santiago, permaneceu pechado toda a mañá por un simulacro de accidente con lume e feridos. 27-10-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado