Cargas policiais na protesta contra Abascal na Coruña | As confrarías renovan os órganos directivos | A carne de vacún mellora a rendibilidade en 2025
21/10/2026 00:10:01Axentes antidisturbios desaloxan a praza de María Pita, na Coruña, tralos Incidentes na protesta contra a visita do dirixente de Vox Santiago Abascal. . Unha vez rematado o acto, houbo lanzamento de obxetos e cargas policiais, con tres persoas feridas e un detido | A carne de vacún galega acadou en 2025 unha mellora na rendabilidade impulsada polos elevados presos. Os ingresos medios de cada granxa foron de 110 mil euros fronte a uns custes de 82 mil | As 63 confrarías de pescadores de Galicia poñen en marcha o proceso para renovar os órganos de goberno. Hoxe reunironse os seus representantes para abordar o calendario electoral | A Cidade da Cultura acolle ata o próximo domingo unha exposición con 80 pinturas e debuxos feitos por persoas con alzheimer e os seus coidadores. Son froito das clases de pintura que ofrece dende fai dous anos a asociación AGADEA. 21-10-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado