gal tx
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 27-10-2026

Toma de posesión de Ángeles Vázquez e Nicolás Vázquez na Xunta | O paro aumenta no terceiro trimestre | Poxa en Madrid de obxectos do Pazo de Meirás

27/10/2026 00:25:00
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 27-10-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 27-10-2026
Telexornal Galicia 27-10-2026 00:25:00 27/10/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Cambios no equipo de Alfonso Rueda na Xunta. Ángeles Vázquez toma posesión por terceira vez, neste caso como nova conselleira de Política Social, para cubrir a marcha de Fabiola García. O seu posto na consellería de Medio Ambiente é asumido por Nicolás Vázquez, anteriormente secretario xeral de Industria | O paro aumenta en case 20.000 persoas en Galicia no terceiro trimestre do ano, segundo os datos da EPA feitos públicos hoxe. Un aumento que se produce a pesar de que tamén se contabilizan 21.300 empregos máis, debido ao incremento da poboación activa | Cerca de 700 lotes de obxectos que a familia Franco retirou do Pazo de Meirás este verán saen hoxe a poxa en Madrid. Colectivos memorialistas reclaman aclarar se algunhas pezas son patrimonio público ou proceden da etapa de Emilia Pardo Bazán | As capturas de polbo en augas británicas supoñen xa catro veces máis que as de Galicia, ao superar as 3.700 toneladas no que vai de ano. O sector detecta un descenso progresivo da especie nas rías, debido ao aumento da temperatura do mar. 27-10-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado