gal tx2
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 22-10-2026

Distrubios na Coruña trala visita de Abascal | Un edificio de Marcial Dorado, destinado a vivenda Social | Moción de censura en Rairíz de Veiga

22/10/2026 00:10:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 22-10-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 22-10-2026
Telexornal Galicia 2 22-10-2026 00:10:01 22/10/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Desperfectos no mobiliario urbano, na Coruña, tras unha noite de enfrontamentos entre manifestantes e axentes antidisturbios, a raíz da visita de Santiago Abascal, que se saldan con tres persoas detidas e varios feridos | O Concello da Illa de Arousa inicia os trámites para adquirir un edificio intervido hai xa unha década a Marcial Dorado, condenado por narcotráfico. A sua intención é que esas 15 vivendas pasen a ser públicas, para ofrecer máis oportunidades aos veciños nunha localidade que segue a perder poboación | A alcaldesa do concello ourensán de Rairiz de Veiga, que representa ao PSOE, ten os días contados no cargo. O Partido Popular vaille quitar a alcaldía mediante unha moción de censura para a que conta co apoio de dous edís do BNG e doutro que deixou o goberno hai dous meses | O sector pesqueiro español critica a estratexia presentada esta semana pola Comisión Europea para o horizonte 2040. Os armadores consideran que non resolve os problemas actuais da frota e reclaman unha reforma urxente da Política Pesqueira Común. 22-10-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado