A illa de Toralla, na ría de Vigo, agocha unha infraestrutura científica única en Europa. Trátase da Estación de Ciencias Mariñas, a ECIMAT, un laboratorio natural onde investigadores de todo o mundo estudan os efectos do cambio climático, as mareas vermellas ou a saúde dos océanos. Entramos nas súas instalacións para celebrar os seus 20 anos de historia.
Acompañamos a cabalaría da Policía Nacional que estes días de verán patrulla montes e camiños para previr incendios forestais e reforzar a seguridade dos peregrinos. En Vigo tamén contan coa colaboración da policía de Portugal. Fan patrullas mixtas, con axentes dos dous países, para mellorar a atención aos turistas e peregrinos portugueses que nos visitan.
A Ribeira Sacra terá que agardar para ser declarada Patrimonio Mundial. O comité da Unesco, reunido en Corea do Sur, decidiu hoxe devolver a candidatura para que os seus promotores a xustifiquen mellor. Tamén lle pide a España que traballen cos asesores do Comité de Patrimonio Mundial para que a candidatura cumpra os requisitos da declaración.
A Ribeira Sacra terá que agardar para ser declarada Patrimonio Mundial. O comité da Unesco, reunido en Corea do Sur, decidiu hoxe devolver a candidatura para que os seus promotores a xustifiquen mellor | Galicia entra hoxe noutro episodio de altas temperaturas e a Xunta ten activada unha alerta laranxa no interior de Pontevedra, e en Ourense | A Xunta eleva o seu teito de gasto para o ano que vén por riba dos 15.000 millóns de euros. É un 5,5 por cento máis que o deste ano e unha cifra récord na serie histórica | Acompañamos a cabalaría da Policía Nacional que estes días de verán patrulla montes e camiños para previr incendios forestais e reforzar a seguridade dos peregrinos. 27-07-2026
Soben as temperaturas. As máximas oscilan hoxe entre os 28 graos da Coruña e os 37 de Ourense. Temos ceos despexados en toda Galicia agás na Mariña, onde hai nubes de estancamento. Os ventos soprarán frouxos no interior, moderados no litoral, e con refachos fortes en Bares. 27-07-2026
A Ribeira Sacra terá que agardar para ser declarada Patrimonio Mundial. O comité da Unesco, reunido en Corea do Sur, decidiu hoxe devolver a candidatura | A Xunta ten activada unha alerta laranxa no interior de Pontevedra, e na montaña e a zona do Miño de Ourense | A Xunta eleva o seu teito de gasto para o ano que vén por riba dos 15.000 millóns de euros. É un 5,5 por cento máis que o deste ano e unha cifra récord na serie histórica | Acompañamos a cabalaría da Policía Nacional que estes días de verán patrulla montes e camiños para previr incendios forestais e reforzar a seguridade dos peregrinos. 27-07-2026
A Ribeira Sacra terá que agardar para ser declarada Patrimonio Mundial. O comité da Unesco, reunido en Corea do Sur, decidiu hoxe devolver a candidatura para que os seus promotores a xustifiquen mellor | Galicia entra hoxe noutro episodio de altas temperaturas e a Xunta ten activada unha alerta laranxa no interior de Pontevedra, e na montaña e a zona do Miño de Ourense | A Xunta eleva o seu teito de gasto para o ano que vén por riba dos 15.000 millóns de euros. É un 5,5 por cento máis que o deste ano e unha cifra récord na serie histórica. O Goberno autonómico estima que a economía galega crecerá un 1,9 por cento en 2027 | Acompañamos a cabalaría da Policía Nacional que estes días de verán patrulla montes e camiños para previr incendios forestais e reforzar a seguridade dos peregrinos. En Vigo tamén contan coa colaboración da policía de Portugal. Fan patrullas mixtas. 27-07-2026
Música, gastronomía, viño e unha paisaxe única é o menú do Festival 17 graos.
Está declarado como o mellor evento musical de pequeno formato de toda a península.
Nesta décima edición ten como cabezas de cartel a Sidoní e aos británicos The Divine Comedy.
Na véspera do 25 de xullo, a Xunta lembra a Galicia que está fóra. Unha empresaria, unha fiscal, unha xornalista e unha odontóloga, que residen en América ou en Europa, acaban de recibir as medallas de ouro de Galicia deste ano | A empresa de moda Adolfo Domínguez cumpre 50 anos e con este motivo recibe a visita da raíña Letizia na súa fábrica de Ourense | Vigo comeza os trámites para abolir a prostitución no municipio. Será o primeiro concello de Galicia en contar cunha ordenanza que lle permita actuar contra os que se benefician da explotación sexual e contra os que a demandan | Comeza o festival 17 graos na Ribeira Sacra, recoñecido como o mellor festival de pequeno formato da Península. 24-07-2026
As baixas presións situadas ao oeste de Galicia, acompañadas de aire frío en altura, inestabilizan a atmosfera. Entra aire máis fresco e esta tarde teremos chuvascos e treboadas, que poderían ser localmente fortes e con sarabia. As temperaturas máximas baixan, a menos dos 25 graos na metade norte e dos trinta no sur. Durante a fin de semana aínda persistirá certa inestabilidade e a partir do luns refórzase o anticiclón. 24-07-2026
Unha empresaria, unha fiscal, unha xornalista e unha odontóloga, que residen en América ou en Europa, reciben as medallas de Galicia | A empresa de moda Adolfo Domínguez cumpre 50 anos e con este motivo recibe a visita da raíña Letizia na súa fábrica de Ourense | Vigo comeza os trámites para abolir a prostitución no municipio. | Comeza o festival 17 graos na Ribeira Sacra, recoñecido como o mellor festival de pequeno formato da Península. 24-07-2026
Na véspera do 25 de xullo, a Xunta lembra a Galicia que está fóra. Unha empresaria, unha fiscal, unha xornalista e unha odontóloga, que residen en América ou en Europa, acaban de recibir as medallas de ouro de Galicia deste ano | A empresa de moda Adolfo Domínguez cumpre 50 anos e con este motivo recibe a visita da raíña Letizia na súa fábrica de Ourense. A marca, que revolucionou o sector nos anos 80, foi a primeira española en sacar un perfume e en cotizar en bolsa | Vigo comeza os trámites para abolir a prostitución no municipio. Será o primeiro concello de Galicia en contar cunha ordenanza que lle permita actuar contra os que se benefician da explotación sexual e contra os que a demandan. Tamén busca protexer as vítimas | Comeza o festival 17 graos na Ribeira Sacra, recoñecido como o mellor festival de pequeno formato da Península. Combina a música coa gastronomía, a cultura do viño e cunha paisaxe que aspira a converterse nos próximos días en patrimonio da humanidade. 24-07-2026
Unha iniciativa lexislativa porpular reclama cambiar a letra da versión orixinal.
A composición ten máis dun século, interpretouse por vez primeira no Gran Teatro da Habana en Cuba.
"Os pinos" ,con letra de Pondal e música de Pascual Veiga, é o himno oficial de Galicia desde 1984.
O ministro de Pesca visita en Vigo o buque Intermares, no que se imparte formación a persoas que buscan un futuro no mar. Unha formación vital para afrontar a falta de remuda xeracional no sector.
O capitán do pesqueiro Vila de Pitanxo, Juan Enrique Padín, xunto a dous directivos da armadora, irán a xuizo. Así o acaba de comunicar a Audiencia Nacional. Os tres acusados terán que declarar por 21 delitos de homicido imprudente, un de lesións e outro contra os dereitos dos traballadores | O presidente da Xunta e o conselleiro de Cultura supervisaron hoxe a intervencion arqueolóxica que se está a levar a cabo fronte á costa de Cee, no que se cren restos do galeón Santa María de la Anunciada, afundido en 1596 | 35 patrullas do exército de terra e da armada comezarán a patrullar os montes a partír do día 10 de agosto. Adiántase así nunha semana a operación Centinela Galego, de disuasión e vixilancia para axudar na prevención dos incendios forestais | A festividade do Apóstolo chega con cifras récord de peregrinación. Máis de 245.000 persoas recibiron xa a Compostela en 2026, e todo apunta a que este ano volverá baterse a marca histórica. 23-07-2026
As altas presións comezan a debilitarse. As brétemas e néboas matinais disípanse para deixar, a partir do mediodía, os ceos pouco nubrados ou despexados, agás na costa norte. Pola noite, posibilidade de chuvascos illados na franxa atlántica. A partir de mañá, unha masa de aire máis frío entra polo oeste deixando máximas baixas para a época. 23-07-2026
O capitán do pesqueiro Vila de Pitanxo, xunto a dous directivos da armadora, irán a xuizo. Así o acaba de comunicar a Audiencia Nacional | Na Costa da Morte avanzan, coa participación do grupo de mergullo da Policía, os traballos en busca de restos do galeón Santa María de la Anunciada| Entrega de diplomas, no Buque Escola Intermares, en Vigo, ao alumnado, a maioría inmigrantes, dun curso sobre artes de pesca | 35 patrullas do exército de terra e da Armada comezarán a patrullar os montes a partír do día 10 de agosto | Máis de 245.000 persoas recibiron xa a Compostela en 2026, e todo apunta a que este ano volverá baterse a marca histórica. 23-07-2026
Entrega de diplomas, no Buque Escola Intermares, en Vigo, por parte do Ministro Luis Planas ao alumnado, a maioría inmigrantes, dun curso sobre artes de pesca. O obxetivo, formar novos traballadores para afrontar a falta de remuda xeracional no sector | Na Costa da Morte avanzan, coa participación do grupo de mergullo da Policía, os traballos en busca de restos do galeón Santa María de la Anunciada. Afundido a consecuencia dun temporal, formaba parte da Armada enviada a apoiar a rebelión católica en Irlanda, a finais do século XVI | Aproveitar o verán para aprender galego. é o que fan os 62 alumnos do curso 'Galego sen fronteiras'. Estranxeiros de 17 nacionalidades, e tamén españois doutras comunidades, rematan esta semana as súas clases de lingua, literatura, e cultura | A festividade do Apóstolo chega con cifras récord de peregrinación. Máis de 245.000 persoas recibiron xa a Compostela neste 2026, e todo apunta a que este ano volverá baterse a marca histórica. 23-07-2026
Recuperar o consumo de destilados galegos con certificación de calidade. É o que se propón O Consello Regulador de Augardentes e Licores de Galicia, con 12 empresas inscritas. O ano pasado certificou 500.000 botellas, case a metade de licor café.
Falta mes e medio para que comece o curso, pero a maioría dos estudantes universitarios teñen xa onde vivir. En Santiago pagan de media 300 euros por unha habitación. Moitos quéixanse de que os pisos non están en boas condicións.
O autobús no que desfilou a selección española de fútbol por Madrid para celebrar a vitoria no Mundial foi fabricado pola empresa ourensá Unvi. É unha referencia internacional na elaboración deste tipo de vehículos, presentes en todas as capitais europeas.
Desde Nigrán sairá o 10 de agosto Ossie, o primeiro vehículo español capaz de manobrar satélites en órbita, situando a España entre o reducido grupo de países con esta tecnoloxía. Viaxará a California, onde se preparará para o seu lanzamento, previsto para outono.