A Ribeira Sacra, un ano máis para ser Patrimonio Mundial | A Xunta terá un teito de gasto de 15.022 millóns | Reforzos de verán da Policía Nacional
27/07/2026 00:25:02A Ribeira Sacra terá que agardar para ser declarada Patrimonio Mundial. O comité da Unesco, reunido en Corea do Sur, decidiu hoxe devolver a candidatura para que os seus promotores a xustifiquen mellor | Galicia entra hoxe noutro episodio de altas temperaturas e a Xunta ten activada unha alerta laranxa no interior de Pontevedra, e na montaña e a zona do Miño de Ourense | A Xunta eleva o seu teito de gasto para o ano que vén por riba dos 15.000 millóns de euros. É un 5,5 por cento máis que o deste ano e unha cifra récord na serie histórica. O Goberno autonómico estima que a economía galega crecerá un 1,9 por cento en 2027 | Acompañamos a cabalaría da Policía Nacional que estes días de verán patrulla montes e camiños para previr incendios forestais e reforzar a seguridade dos peregrinos. En Vigo tamén contan coa colaboración da policía de Portugal. Fan patrullas mixtas. 27-07-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado