Telexornal Galicia 24-07-2026 | Vexa
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 24-07-2026

Medallas de Galicia a catro mulleres da emigración | A Raíña Letizia visita a fábrica de Adolfo Domínguez en Ourense | Festival 17º Ribeira Sacra

24/07/2026 00:24:43
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 24-07-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 24-07-2026
Telexornal Galicia 24-07-2026 00:24:43 24/07/2026
Recomendable para todos los públicos
Sinopsis

Na véspera do 25 de xullo, a Xunta lembra a Galicia que está fóra. Unha empresaria, unha fiscal, unha xornalista e unha odontóloga, que residen en América ou en Europa, acaban de recibir as medallas de ouro de Galicia deste ano | A empresa de moda Adolfo Domínguez cumpre 50 anos e con este motivo recibe a visita da raíña Letizia na súa fábrica de Ourense. A marca, que revolucionou o sector nos anos 80, foi a primeira española en sacar un perfume e en cotizar en bolsa | Vigo comeza os trámites para abolir a prostitución no municipio. Será o primeiro concello de Galicia en contar cunha ordenanza que lle permita actuar contra os que se benefician da explotación sexual e contra os que a demandan. Tamén busca protexer as vítimas | Comeza o festival 17 graos na Ribeira Sacra, recoñecido como o mellor festival de pequeno formato da Península. Combina a música coa gastronomía, a cultura do viño e cunha paisaxe que aspira a converterse nos próximos días en patrimonio da humanidade. 24-07-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad