Volta ao cole nunha escola rural. Na de Xunqueira de Ambía, en Ourense, este curso son 133 alumnos, un máis que o anterior e 89 máis que hai catorce anos. Medra o alumnado, ao contrario do habitual en Galicia.
- Torrent clausurou o ciclo de órgano e música antiga de Xunqueira de Ambía, en Ourense
- En abril cumpriu cen anos e desde hai tres décadas está completamente xorda
A organista en activo máis lonxeva do mundo, a barcelonesa Montserrat Torrent, clausurou a trixésimo séptima edición do Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía, en Ourense. Para a terceira vez que tocaba o órgano máis antigo de Galicia escolleu un repertorio de obras barrocas. O caso desta muller é excepcional porque en abril cumpriu cen anos e dende hai más de tres décadas está xorda total.
É unha muller excepcional non só por ter cen anos senón tamén porque está completamente xorda.
Ensaia no monsteiro de San Paio, en Santiago, as obras barrocas que vai tocar no Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía.
Comezou a estudar piano con cinco anos e con nove xa daba concertos.
Sempre tivo un ouvido privilexiado pero hai trinta anos quedou xorda e asegura que sente a música no interior.
O concello ourensán de Avión conta con máis dun milleiro de hórreos, a maioría moi ben conservados. Máis do sesenta por cento concéntranse en case un cento de eiras, o que o converte no municipio galego co de maior número de agrupacións.
No aniversario dos grandes lumes que arrasaron Galicia e en especial a provincia de Ourense conversamos con Brais Lorenzo.
O fotoxornalista leva máis dunha década documentando os incendios.
Foi premiado co World Press Photo polo traballo "Terra queimada".
O seu traballo reflicte a súa preocupación polo medio ambiente.
Os incendios que arrasaron a provincia de Ourense e parte da de Lugo en 2025 foron os peores da historia de Galicia. Un ano despois, mentres moitos seguen pendentes de que non ocorra algo similar nas próximas semanas, os veciños da zona aínda afrontan as súas consecuencias. Riadas con fortes arrastres do monte, aldeas sen auga potable, viñedos que tardarán anos en recuperarse, unha paisaxe desolada...
O Carballiño volveu elaborar a tapa de polbo máis grande do mundo, de 610 quilos, dez máis que a do ano pasado. É o gran reclamo para a Festa do Pulpo, que a vila celebra este domingo.
Visitamos o festival internacional de xardíns de Allariz. Un paisaxista da Coruña cunha obra inspirada nunha bolboreta, un xardín decorado con espellos... O tema deste ano é a liberdade. As vagas de calor favorecen a floración das plantas, pero obrigan a regar os xardíns con moita frecuencia.
Medio cento de asociacións da Ribeira Sacra piden un referendo para comprobar se a veciñanza quere que a zona sexa declarada Patrimonio Mundial da Unesco. Trala devolución da candidatura, que consideran unha derrota, reclaman que se teña en conta aos veciños nas modificacións que se deben facer.
A Ribeira Sacra terá que agardar para ser declarada Patrimonio Mundial. O comité da Unesco, reunido en Corea do Sur, decidiu hoxe devolver a candidatura para que os seus promotores a xustifiquen mellor. Tamén lle pide a España que traballen cos asesores do Comité de Patrimonio Mundial para que a candidatura cumpra os requisitos da declaración.
Música, gastronomía, viño e unha paisaxe única é o menú do Festival 17 graos.
Está declarado como o mellor evento musical de pequeno formato de toda a península.
Nesta décima edición ten como cabezas de cartel a Sidoní e aos británicos The Divine Comedy.
O autobús no que desfilou a selección española de fútbol por Madrid para celebrar a vitoria no Mundial foi fabricado pola empresa ourensá Unvi. É unha referencia internacional na elaboración deste tipo de vehículos, presentes en todas as capitais europeas.
Entrevista en RNE R5 Ourense. Pablo Pascual Theremin
Entrevista en RNE R5 Ourense. Pablo Pascual Theremin
Falamos con Pablo Pascual musico especializada no Theremin o primeiro instrumento electronico da historia.
Un físico italiano estableceuse nunha aldea abandonada de Castro Caldelas, en Ourense, para dinamizar culturalmente a comarca e contribuir a que non siga despoboándose. Nunha palleira rehabilitada organiza escolas de verán internacionais para o estudo da cuántica e a orixe do universo.
A superficie de zonas verdes nas cidades condiciona a calidade de vida. Regulan a temperatura, reducen ruídos e diminúen a contaminación, ademais de axudar ao benestar físico e mental. Un estudio realizado en varias cidades conclúe que Ourense está nos últimos postos en superficie e accesibilidade a espazos verdes mentres que Santiago é un exemplo en positivo.
A Raíña Sofía visitou zonas afectadas por incendios forestais para comprobar o estado de proxectos de restauración ambiental impulsados pola fundación que leva o seu nome, en colaboración coa consellería de Medio Ambiente. Son proxectos de recuperación en Rubiá e Folgoso do Courel.
- A última proposta artística de Figueiras son trinta guerreiros feitos con material de refugallo
- Son recreacións simbólicas, case paródicas, das estatuas e retratos ecuestres de reis e emperadores
Este ano cúmprese o 50 aniversario do falecemento de Ramón Otero Pedrayo, considerado o Patriarca das Letras Galegas. Galicia dedícalle este ano a un dos seus grandes referentes, que formou parte da Xeración Nós, do Partido Galeguista e da Editorial Galaxia. Deixa un impresionante legado como literato, pero tamén será lembrado pola súa brillante oratoria.
O artista ourensán Manolo Figueiras creou trinta esculturas cos residuos que ía tirar ao lixo. Son unha parodia do xénero das estatuas e retratos ecuestres nos que se representaba a reis e emperadores como heroes de guerra. Os seus patéticos cabaleiros, pola contra, son heroes de refugallo.
Na aldea máis afectada polas treboadas do mes pasado en Viana do Bolo, avanzan os traballos de limpeza dos restos das riadas. Despois tocará avaliar os danos nas infraestruturas públicas e nas casas para pedir as axudas que permitan a súa reparación.
O impacto dos incendios forestais en Galicia, en fotografías no Parlamento Europeo. Unha exposición de imaxes de Brais Lorenzo, quen denuncia o abandono do rural e como os lumes son unha consecuencia máis desa situación.
As altas temperaturas afectan especialmente aos profesionais que traballan ao aire libre. A normativa laboral esixe a súa protección ante a calor extrema, pero os sindicatos denuncian que non todas as empresas aplican as medidas necesarias. Esta mañá CCOO presentou en Ourense unha campaña de prevención. O recomendable é facer descansos á sombra, hidratarse e reducir a xornada. Os sectores máis afectados son o da construcción, xardinería ou recollida de residuos.
A primeira vaga de calor do verán mantén en alerta a media Galicia por temperaturas que poden superar os 36 graos no interior da Coruña, en case toda a provincia de Lugo e no val do Miño en Ourense, onde os termómetros poden acadar os 39 graos. A entrada dunha masa de aire cálido africano é a responsable deste episodio de altas temperaturas, que vai seguir mañá, aínda con máis calor.
Na aldea da Bouza, en Viana do Bolo, a máis afectada polas treboadas do pasado mércores, a veciñanza está á espera de que os seguros periten os coches danados pola riada. Ata que non o fagan, as máquinas non poderán entrar a limpar. Noutras zonas xa traballan para repoñer as infraestruturas estragadas, como a ponte da aldea de Pradocabalos que quedou obstruída.
Casas illadas, estradas cortadas e ríos desbordados... As intensas treboadas das últimas horas deixaron importantes danos nas comarcas orientais da provincia de Ourense. Esta mañá os veciños non pararon de traballar para limpar a zona. Un dos puntos máis afectados é a aldea da Bouza, no concello de Viana do Bolo, que acumula toneladas de pedras e lama.
As galerías de arte son espazos clave para visibilizar o traballo dos artistas. En Ourense, só quedan tres privadas. Unha delas é a de Mari Carmen Vidal Souto, unha muller octoxenaria que se resiste a pechala, malia a perda de público. A galería está a celebrar o seu trinta aniversario cunha exposición colectiva que reúne medio cento de obras de artistas fieis a este espazo de resiliencia e liberdade. Esta mostra serve tamén de homenaxe a seu irmán, falecido hai cinco anos.
En Galicia, o ano pasado rexistráronse máis de 3.600 ciberataques a empresas. O delito máis común é o fraude do CEO. No teléfono 017 ofrecen asesoramento para protexerse das ameazas dixitais
Accidente dun camión con preto de 200 porcos na estrada 525 á altura do concello de Sandiás. O vehículo envorcou e os animais tiveron que ser rescatados coa participación de equipos de bombeiros. O condutor só sufriu feridas leves.
En marcha o Bono Activa Comercio da Xunta. Supón descontos de ata 30 euros por cliente nos comercios
Arredor de cinco mil pequenos comercios de Galicia están adheridos a esta iniciativa.
A Consellería de Comercio destina ao Bono Comercio dous millóns e medio de euros.
Supón un desconto de ata 30 euros por cliente solicitante do bono.
A campaña remata a finais de ano pero normalmente en cuestión de días os fondos asignados esgótanse.
No centro de educación especial do Pino en Ourense celebran un microconcerto para promover os beneficios da música en directo en persoas con discapacidades psíquicas ou sensoriais.
É a segunda vez que o profesorado do centro sorprende ao alumnado con esta actividade.
O concerto remata cos participantes tocando diferentes instrumentos de percusión en formando un tren musical para favorecer a integración do grupo.
Trátase dun programa da obra social de Abanca que se ofreceu este curso en 24 centros de toda Galicia.
Seis xubilados franceses percorren máis de mil quilómetros de peregrinación a Santiago en mobylettes dos anos sesenta. Unha aventura humana e mecánica que se recollerá nun documental
Unha escuma de orixe vexetal para protexer os bosques dos incendios vén de gañar o primeiro premio da Galiciencia, a maior feira científica escolar de Galicia. Competiu con outros 49 proxectos de investigación de 34 centros.
A cabeza tractora dun camión articulado quedou pendurada dun viaduto da A-52, en Melón, tras sufrir un accidente. O condutor, veciño de Cortegada de 50 anos, morreu ao caer desde unha altura de 30 metros.
O Sergas amplía a vacinación dos menores ante a meninxite de tipo B. Os de menos de doce anos recibirán unha dose a maiores. A medida coincide coa posible morte por meninxite dunha nena de Ourense
Dende hai máis de corenta anos, as persoas cegas poden acceder por lei a calquera establecemento público cos seus cans guía. Aínda así, seguen sendo necesarias as campañas de conciención para lembrarllo aos cidadáns
Nos hospitais de Ourense sorprenderon aos pacientes regalándolles marcapáxinas, montando recunchos de lectura e agasallando aos menores con libros. Todo para humanizar o seu proceso de curación