No día internacional das persoas maiores, os sindicatos Comisións Obreiras e UGT saíron á rúa para esixir políticas que teñan en conta este colectivo e as súas necesidades. Tamén entregaron un manifesto no Parlamento, onde foron atendidos polos grupos da oposición.
Un grupo de persoas acampan dende a pasada noite en plena praza do Obradoiro, en Santiago, seguindo o exemplo da Porta do Sol, en Madrid, e outras cidades, a raíz do caso Maricarmen, para presionar a favor de medidas para facer máis accesibles os alugueiros.
- Sánchez alerta sobre la autorregulación de los 'tecnoligarcas': "Es un error poner en manos del zorro el cuidado del gallinero"
- El rey ha entregado al expresidente portugués Rebelo de Sousa el Premio Foro La Toja
- Andrés do Barro triunfou cantando en galego en pleno franquismo con catro números un
- Cada vez máis voces consideran que merecería un Día das Letras Galegas
- O pentacampión mundial empata con Pascal Cognard no número 1 do ranking histórico
- Colga a medalla de prata nunha competición que reuniu a 140 pescadores en Idaho Falls
Moitos pacientes puideron salvar a vida grazas ao dispositivo de asistencia ventricular. É unha bomba mecánica que se implanta cirurxicamente e axuda a un corazón feble a bombear o sangue ao resto do corpo.
Aumentan un 17 % as listas de agarda para operarse nos hospitais galegos e o tempo de espera media chega a 89 días, 20 máis que o ano pasado. Así o recoñece o Sergas no Balance de actividade do último ano, no que a espera media para as consultas externas pasa de 57 días a 70. Os responsables sanitarios atribúen boa parte da caída da actividade asistencial ás folgas contra a reforma do estatuto marco.
O proxecto SensoXenoma, cumpre cinco anos. Trátase do experimento para detectar cambios biolóxicos producidos pola música nos individuos que leva a cabo o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago en colaboración coa USC. Un aniversario, celebrado cun concerto a cargo da Real Filharmonía, que servíu tamén para recoller máis mostras de cara á investigación.
Os birlos, ou bolos tradicionais, forman parte da nosa historia. Un xogo popular transmitido de xeración en xeración que aínda segue vivo nalgúns puntos de Galicia. E que foi declarado este ano Ben de Interese Cultural. Vemos como xogan aos birlos en Pomar do Río, en Boiro.
Na Coruña, móstrase estes días ‘Artnarchists’, unha proposta de arte efémera de Elena Corredoira e Jorge Taboada. Nunha sala que non é unha galería, a exposición confronta dúas xeracións e dúas formas de creación pictórica.
Arranca a campaña de vacinación da gripe e faino nas residencias de maiores e centros de discapacidade, que concentra a poboación máis vulnerable ás infeccións respiratorias. A campaña pretende chegar aos máis de 920.000 galegos maiores de 60 anos e tamén ao medio millón maiores de 70, para os que está especialmente indicada, ademais, a inmunización fronte á covid. Foto: EFE | Salvador Sas
David Arcay volve facer historia na pesca deportiva. Vén de proclamarse subcampión do mundo de salmónidos mosca nunha competición celebrada en Idaho Falls, en Estados Unidos, con 140 pescadores da élite internacional. Un fito que converte a este coruñés, que xa foi cinco veces campión, no mellor pescador da historia. Acompañámolo nunha das súas últimas xornadas da tempada de pesca fluvial en Galicia, que remata este mércores.
- Ten 5,5 millóns de exemplares no almacén Pontecaldelas para atender as librarías
- Traballa con catro mil editoriais e máis de seis mil puntos de venda
O ferrolán Javier Gutiérrez recibe en Ourense o premio Calpurnia de Honra pola súa traxectoria como actor. É o galardón máis prestixioso que concede o Festival Internacional de Cine de Ourense, que estrea en España numerosas películas que xa triunfaron noutros certames.
Ribadeo ten unha nova obra de arte que paga a pena visitar. Falamos do gran mural que homenaxea a Manuela Barreiro, a primeira universitaria de Galicia. É unha creación do recoñecido artista urbano Diego As.
A danza contemporánea busca novos espazos e públicos en Vigo. O festival Síntese regresa esta fin de semana coa súa terceira edición coa Premio Nacional de Danza porriñesa Janet Novás como cabeza de cartel.
Chega ás librarías a novela 'Santiago', do escritor lucense Francisco Narla. Unha historia de guerra, amor e redención ambientada a finais do século dezaseis. É a terceira e última entrega da saga Compostela, coa que Narla percorre diferentes episodios vinculados á historia da catedral e do Camiño.
Parece un chourizo, pero non leva carne. O Calabizo, un embutido vexetal feito con cabaza, naceu hai dez anos en Nigrán. Detrás está unha pequena empresa que recuperou unha receita tradicional galega e conseguiu levala a mercados de Europa e dos Estados Unidos.
Gran ambiente en Pontevedra, onde se celebra a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón. Durante cinco días, a cidade acolle estas probas que decidirán os títulos mundiais. Nos hoteis da comarca, cheo total para acoller os máis de 5.000 deportistas, acompañantes e equipos técnicos.
- Por el penal pasaron entre 1936 y 1943 más de 5.600 presos, y unos 500 murieron por las malas condiciones
- El secretario de Estado de Memoria Democrática alerta ante "la tergiversación de la historia y su legado"
A atleta hispano cubana Yulenmis Aguilar, afincada en Oleiros, adestra xa pensando no Mundial 2027 e nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles 2028. Despois de dous anos difíciles por unha lesión de cóbado, acaba de volver ao máis alto con dúas medallas de ouro e prata e un récord de España conseguidos este verán.