Enlaces accesibilidad

Arnoia Distribución de Libros, o xigante galego da loxística editorial e de material escolar

  • Ten 5,5 millóns de exemplares no almacén Pontecaldelas para atender as librarías
  • Traballa con catro mil editoriais e máis de seis mil puntos de venda
Arnoia Distribución: a loxística dos libros e o material escolar
Loreto Fernández | Mario Goberna

No polígono da Reigosa, en Pontecaldelas, visitamos a sede de Arnoia, a segunda distribuidora de España de libros e material escolar. Actualmente ten en stock cinco millóns e medio de exemplares e milleiros de artículos con destino a librarías e papelerías.

Alberto Pérez Abreu, director xeral de Arnoia Distribucións, explica as dimensións: "Temos un servizo para darlle á librería de 250.000 referencias con stock de libros e unas 20 ou 25 mil referencias de papelería e outros. A campaña de libros de texto nós a empezamos preparando no mes de maio. As editoriais nos din por onde pensan eles por onde vai ir a venda de libros e nós vamos facer un acopio, vamos encher os almacéns para poder dar servizo".

A segunda distribuidora de España

Esta empresa é un xigante da distribución, que traballa con 4.000 editoriais e máis 6.000 puntos de venda. De aquí poden saír nun día 185.000 exemplares de todo tipo: novelas, ensaios, novidades, libros de texto e material escolar, que se venden en librarías de España e de varios países do mundo.

Arnoia Distribución, o xigante galego da loxística editorial

Arnoia Distribución de Libros emprega a unhas 700 persoas en tres quendas

Unhas 300 persoas traballan a ritmo frenético, en tres quendas, para conseguir que o material chegue correctamente ao seu destino.

Os operarios xa non teñen que percorrer quilómetros de corredores na procura de libros. O seu almacén intelixente, totalmente robotizado, e una auténtica catedral loxística, que cambiou por completo a velocidade da cadea de subministro.

Sistema dinámico con trinta robots

"Este é un sistema automático", indica Pérez Abreu, "que vai ler directamente os códigos de barras dos libros e vai cada libro na saída que lle vai corresponder a una librería. É un sistema dinámico, é capaz de meter 14.400 libros por hora".

Trinta robots con tecnoloxía 3D clasifican os libros, tamén no caso das devolucións que volven ás editoriais. Grazas a este complexo sistema, poden dar servizo en 24 horas, para poder competir coas grandes plataformas dixitais.

“Nun día saíron 185.000 exemplares. Iso, o xestionamos con maquinaria ou é inviable. E iso conleva investimentos e actualizacións continuas“

"Nós temos que mover una cantidade inxente de libros", explica o director de Arnoia Distribucións. "O pico, o ano pasado, saíron nun día 185.000 exemplares. Iso, o xestionamos con maquinaria ou é inviable. Iso o que conleva é a inversións continuas e a actualizacións continuas. É un tema de mercado competitivo".

Arnoia Distribucións empezou coma unha pequena empresa familiar de Vilaboa, especializada en libros didácticos e de idiomas Hoxe é todo un referente en tamaño e innovación.