Alivio entre as familias que, ata agora viñan achegándose ata as vilas da raia, en Portugal, para adquirir alí a vacina contra a meninxite B, que non venden nas farmacias galegas. Agora, xa se van poder adquirir aquí, logo de que o Ministerio autorizara a súa venda, un proceso que aínda vai tardar varias semanas // O Consello de Administración de Pescanova proponlles aos bancos acreedores que os actuais accionistas da multinacional pesqueira pasen a ter entre o 5 e o 20% do capital na nova compañía, que se poña en marcha, cando remate o proceso concursal // Chamada de atención, no Parlamento, sobre o acoso sexista entre os adolescentes a través do Whatsapp. O Valedor do Pobo di que adquire dimensións inauditas. 29/05/15
Alivio entre as familias que, ata agora viñan achegándose ata as vilas da raia, en Portugal, para adquirir alí a vacina contra a meninxite B, que non venden nas farmacias galegas. Agora, xa se van poder adquirir aquí, logo de que o Ministerio autorizara a súa venda, un proceso que aínda vai tardar varias semanas // Chamada de atención, no Parlamento, sobre o acoso sexista entre os adolescentes a través do Whatsapp. O Valedor do Pobo di que adquire dimensións inauditas // A denuncia da exsecretaria municipal de Pol en Lugo por presunto acoso laboral desencadea unha investigación xudicial no concello por presuntas irregularidades urbanísticas e de contratación de persoal. Un caso baixo segredo de sumario que instrúe a xuíza Pilar de Lara que rexistrou o consistorio de Pol durante seis horas. 29/05/15
Alivio entre as familias que, ata agora viñan achegándose ata as vilas da raia, en Portugal, para adquirir alí a vacina contra a meninxite B, que non venden nas farmacias galegas // Chamada de atención, no Parlamento, sobre o acoso sexista entre os adolescentes a través do Whatsapp // A denuncia da exsecretaria municipal de Pol en Lugo por presunto acoso laboral desencadea unha investigación xudicial no concello. 29/05/15
Máis nubes polo norte e ceos despexados no resto con temperaturas algo máis baixas. As máximas oscilarán entre os 18 graos da Coruña e os 28 de Ourense. 29/05/15
A vacina contra a meninxite B vaise poder mercar nas farmacias logo de que o autorizara o ministerio de sanidade. Os trámites para que as familias poidan adquirila xa se iniciaron, segundo lle anunciou o Ministro ao Presidente da Xunta e podería estar xa á venda en poucos meses // Núñez Feijóo di que os resultados das pasadas eleccións municipais non son os que buscaba o Partido Popular, pese a ser a formación mais votada en Galicia. Anuncia que o Comité de Dirección que se celebra esta tarde podería adoptar as primeiras medidas coma consecuencia deses malos resultados // Rexistrado, por orde da xuíza Pilar de Lara, o concello lucense de Pol. Tratase dunha actuación relacionada coa operación Pokémon e trata de determinar a existencia de irregularidades na contratación de persoal e en diversas actuacións urbanísticas. 28/05/15
A vacina contra a meninxite B vaise poder mercar nas farmacias logo de que o autorizara o ministerio de sanidade. Os trámites para que as familias poidan adquirila xa se iniciaron, segundo lle anunciou o Ministro ao Presidente da Xunta e podería estar xa á venda en poucos meses // Núñez Feijóo di que os resultados das pasadas eleccións municipais non son os que buscaba o Partido Popular, pese a ser a formación mais votada en Galicia. Anuncia que o Comité de Dirección que se celebra esta tarde podería adoptar as primeiras medidas coma consecuencia deses malos resultados // O Consello aprobou unha liña de axudas a entidades de iniciativa social. Son 5,2 millóns de euros e os beneficiarios poden pedir anticipos. Tamén autorizou ampliación da conserveira Jealsa Rianxeira, cun investimento de 20 millóns de euros. 28/05/15
A vacina contra a meninxite B vaise poder mercar nas farmacias logo de que o autorizara o ministerio de sanidade // Núñez Feijóo di que os resultados das pasadas eleccións municipais non son os que buscaba o Partido Popular, pese a ser a formación mais votada en Galicia // O Consello aprobou unha liña de axudas a entidades de iniciativa social. 28/05/15
Seguimos baixo a influencia do anticiclón das Azores e, polo tanto, con tempo soleado. 28/05/15
Núñez Feijóo reafirmou a súa lealdade ao Presidente Mariano Rajoy, respecto aos movementos rexistrados, nas últimas horas, no Partido Popular, logo da perda de votos, nas eleccións do domingo. O Presidente da Xunta respostaba a unha intervención do voceiro socialista na cámara galega
A executiva do PSdeG- PSOE considera innegociable en Lugo a continuidade do actual alcalde en funcións, Xosé López Orozco para pactar un goberno de esquerdas na cidade. Mentres a marea Lugo Novo que se converteu en terceira forza no concello insiste en que non dará o seu apoio a un candidato imputado.
Comezou a proba de avaliación dos alumnos de 3º de primaria que vai continuar mañá e á que están convocados 22 mil alumnos en todos os colexios de Galicia. Algunhas organizacións educativas pediranlles aos pais que non enviaran aos fillos, para non ter que facelas. (27/05/15)
O máis destacado hoxe no tempo é a suba das temperaturas que pasarán dos 25 en puntos como Santiago e mesmo superarán os trinta polo sur coma en Pontevedra e Ourense. (27/05/15)