Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta buscará acordos coas entidades financeiras para facilitar vivenda ás familias con menos recursos. No caso de impagos hipotecarios, buscarase que as familias poidan continuar na vivenda entre 1 e 3 anos, pagando un arrendamento social dun maximo de 75 euros ao mes. Se o impago é de aluguer, empregaranse vivendas baleiras propiedade dos bancos, cun pagamento máximo de 125 euros // Músicos e cantantes de orquestras piden, cunha protesta na rua, cambios na normativa que os  obriga a tributar coma empresas e cun IVE do 21%, asi como o requisito para organizar verbenas. Din que  vai por en serias dificultades a moitas delas // O catro veces campión do mundo de Triatlón, Javier Gómez Noya, participa este sábado, no Campionato de España de Triatllón que se vai disputar en Pontevedra. 18/06/15

A Xunta buscará acordos coas entidades financeiras para facilitar vivenda ás familias con menos recursos. No caso de impagos hipotecarios, buscarase que as familias poidan continuar na vivenda entre 1 e 3 anos, pagando un arrendamento social dun maximo de 75 euros ao mes. Se o impago é de aluguer, empregaranse vivendas baleiras propiedade dos bancos, cun pagamento maximo de 125 euros // Músicos e cantantes de orquestras  piden, cunha protesta na rua, cambios na normativa que os  obriga a tributar coma empresas e cun IVE do 21%, asi como o requisito para organizar verbenas. Din que vai por en serias dificultades a moitas delas // O catro veces campión do mundo de Triatlón, Javier Gómez Noya, participa  este sábado, no Campionato de España de Triatllón que se vai disputar en Pontevedra. Fixo, por participar  nesta proba, un alto no descanso da súa preparación para as olimpiadas de Río de Xaneiro, do ano que vén. 18/06/15

A Xunta buscará acordos coas entidades financeiras para facilitar vivenda ás familias con menos recursos // Músicos e cantantes de orquestras piden, cunha protesta na rua, cambios na normativa que os obriga a tributar coma empresas e cun ive do 21% // Javier Gómez Noya, participa este sábado, no Campionato de España de Triatllón que se vai disputar en Pontevedra. 18/06/15

O Presidente da Xunta reafirmou hoxe a súa intención de permanecer no posto e seguir en Galicia, ante os rumores que barallan o seu posible traslado a Madrid para asumir algunha responsabilidade ministerial, dentro da remodelación do Goberno que prepara Mariano Rajoy // Detidas 18 persoas, a maioría delas, en Madrid, pola morte do seguidor do Deportivo Francisco Javier Romero, Jimmy. Dous deses detidos están acusados de homicidio e o resto de ter participado no ataque que rematou nas súa morte, durante a liorta entre seguidores do Dépor e o Atlético de Madrid, o 30 de novembro // O goberno galego creará un censo de vivendas baleiras en mans de bancos. Un dos fins aos que poderían destinarse á atender aos afectados por desafiuzamentos. 17/06/15

O Presidente da Xunta reafirmou hoxe a súa intención de permanecer no posto e seguir en Galicia, ante os rumores que barallan o seu posible traslado a Madrid para asumir algunha responsabilidade ministerial, dentro da remodelación do Goberno que prepara Mariano Rajoy. Feijoo di que o seu compromiso é con Galicia // Detidas 18 persoas, a maioría delas, en Madrid, pola morte do seguidor do Deportivo Francisco Javier Romero, Jimmy. Dous deses detidos están acusados de homicidio e o resto de ter participado no ataque que rematou nas súa morte, durante a liorta entre seguidores do Dépor e o Atlético de Madrid, o 30 de novembro // O goberno galego creará un censo de vivendas baleiras en mans de bancos. Un dos fins aos que poderían destinarse á atender aos afectados por desafiuzamentos. 17/06/15 

O Presidente da Xunta reafirmou hoxe a súa intención de permanecer no posto e seguir en Galicia, ante os rumores que barallan o seu posible traslado a Madrid // Detidas 18 persoas, a maioría delas, en Madrid, pola morte do seguidor do Deportivo Francisco Javier Romero, Jimmy // O goberno galego creará un censo de vivendas baleiras en mans de bancos. 17/06/15

Ceos despexados e temperaturas en ascenso. É o previsto para este mércores, unha xornada marcada polos ventos do nordés na metade norte e temperaturas en ascenso. 17/06/15 

As familias con ingresos inferiores aos 600 euros mensuais non terán que pagar polos medicamentos. É una das medidas anunciadas na primeira reunión do plan social contra a desigualdade económica posto en marcha polo goberno galego // O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro vai ser nomeado senador por designación autonómica. Será no pleno do Parlamento Galego da Próxima semana, a proposta dos socialistas e non contará con oposición do grupo maioritario, o do Partido Popular. Sustituirá no escano a Paula Fernández, que presentou a renuncia // Un estudo científico demostra que a dieta atlántica é moi efectiva para previr cancros e doenzas cardiovasculares porque fai aumentar o chamado colesterol bo e diminúe o malo. 16/06/15

Un estudo científico presentado hoxe demostra que a dieta atlántica é moi efectiva para previr cancros e doenzas cardiovasculares porque fai aumentar o chamado colesterol bo e diminúe o malo // O goberno galego anuncia unha rebaixa dos impostos de transmisión patrimoniais, sucesións e doazóns coa revisión do valor dos inmobles. Nos últimos anos multiplicáronse por catro as renuncias á herdanzas pola imposibilidade de pagar os tributos cos que están gravadas // As familias con ingresos inferiores aos 600 euros mensuais non terán que pagar polos medicamentos. É una das medidas anunciadas na primeira reunión do plan social contra a desigualdade económica posto en marcha polo goberno galego. Estiman que pode beneficiar a cen mil familias. 16/06/15

Un estudo científico presentado hoxe demostra que a dieta atlántica é moi efectiva para previr cancros e doenzas cardiovasculares // O goberno galego anuncia unha rebaixa dos impostos de transmisión patrimoniais, sucesións e doazóns coa revisión do valor dos inmobles // As familias con ingresos inferiores aos 600 euros mensuais non terán que pagar polos medicamentos. 16/06/15 

O anticiclón comeza a abrirse paso nun día no que aínda haberá bastantes nubes sobre todo polo norte da comunidade e máis claros e temperaturas en ascenso polo sur e interior do país. As máximas han quedar sen cambios nas cidades do norte, en torno os 19, 20 graos en A Coruña, Lugo e Santiago e en torno aos 25 polo sur. 16/06/15

A praia das catedrais xa ten en marcha o seu plan de protección. Limita o número de visitantes que poderán acceder a este areal da Mariña. Entre o 30 do mes de xuño e o 30 de setembro serán un total de 4800 persoas as que poidan achegarse ata alí. As prazas xa se poden solicitar por internet // Botan a andar os novos gobernos municipais, logo dos plenos de investidura dos alcaldes, celebrados o sábado. En toda Galicia repetiuse a imaxe dos  rexedores chegando aos seus despachos // O Club Ourense Baloncesto conseguiu esta mañá o compromiso do Concello para avalar parte do crédito que lle prometeu Abanca para que poida competir na liga ACB. Era o requisito que lle esixía a entidade financeira ao club para poder competir na máxima categoría. logo de que a Deputación certificara o seu apoio hai dúas semanas. 15/06/15

A praia das catedrais xa ten en marcha o seu plan de protección. Limita o número de visitantes que poderán acceder a este areal da Mariña. Entre o 30 do mes de xuño e o 30 de setembro serán un total de 4800 persoas as que poidan achegarse ata alí. As prazas xa se poden solicitar por internet // Botan a andar os novos gobernos municipais, logo dos plenos de investidura dos alcaldes, celebrados o sábado. En toda Galicia repetiuse a imaxe dos rexedores chegando aos seus despachos // O Club Ourense Baloncesto conseguiu esta mañá o compromiso do Concello para avalar parte do crédito que lle prometeu Abanca para que poida competir na liga ACB. Era o requisito que lle esixía a entidade financeira ao club para poder competir na máxima categoría. logo de que a Deputación certificara o seu apoio hai dúas semanas. 15/06/15  

A praia das catedrais xa ten en marcha o seu plan de protección // Botan a andar os novos gobernos municipais, logo dos plenos de investidura dos alcaldes, celebrados o sábado // O Club Ourense Baloncesto conseguiu esta mañá o compromiso do Concello para avalar parte do crédito que lle prometeu Abanca para que poida competir na liga ACB. 15/06/15 

Comezamos semana con moitas nubes que van ir deixando paso de cara o final do día a máis claros. Nunha xornada na que as temperaturas máximas se van ir recuperando e ascenden sobre todo polo sur. 15/06/15