Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Calor, nestas horas centrais do día. As temperaturas superan os 30 graos nas zonas do interior da metade norte, chegando ata os 35, nas do sur, coma o caso da cidade de Ourense. O aire cálido, procedente do Sáhara é o responsable desta elevación térmica // Adiada ao luns en Ourense a derruba dunha casa construída en solo rústico e sen licenza. Fora legalizada no anterior plan xeral da cidade pero a súa anulación tamén deixou sen efectos esa licenza // Redondela é unhas das localidades que hoxe celebra o Corpus. Alí saíu a Coca. A imaxe de dragón que percorre as rúas da localidade, sobre unhas rúas engalanadas con tapices vexetais, de flores e follas. Tamén se puido  ver a danza das espadas e o baile das penlas. Nenas caracterizadas coma anxos, sobre os ombreiros de bailarinas adultas. 04/06/15

As temperaturas superan os 30 graos nas zonas do interior da metade norte, chegando ata os 35, nas do sur, coma o caso da cidade de Ourense // Adiada ao luns en Ourense a derruba dunha casa construída en solo rústico e sen licenza // En Redondela saíu a Coca e viuse a danza das espadas e o baile das penlas. 04/06/15

Os empresarios galegos piden estabilidade política para, din, garantir o crecemento económico. Tamén pediu que non se lle poñan calificativos ao emprego que se crea // A praza do Obradoiro de Santiago foi hoxe o punto de partida dunha manifestación de barbeiros e peiteadoras en demanda dunha rebaixa no IVE que se lle está a aplicar á súa actividade. Din que o que eles ofrecen é un servizo de primeira necesidade e non un luxo. Por iso piden que se lles rebaixe o IVE, dende o 21% actual // A Deputación de Ourense vai aportar a metade dos oitocentos mil euros dos que precisa dispor o Club Ourense Baloncesto para inscribirse na ACB, unha vez que logrou o ascenso, derrotando ao Breogán de Lugo, no quinto partido do Play Off, disputado onte á noite. 03/06/15

Os empresarios galegos piden estabilidade política para, din, garantir o crecemento económico. O seu presidente, José Manuel Fernández Alvariño pronunciouse hoxe en Vigo respecto ao resultado das últimas eleccións locais e advertiu sobre líderes dos que dixo que "prometen asfaltar o ceo". Tamén pediu que non se lle poñan calificativos ao emprego que se crea // A praza do Obradoiro de Santiago foi hoxe o punto de partida dunha manifestación de barbeiros e peiteadoras en demanda dunha rebaixa no IVE que se lle está a aplicar á súa actividade. Din que o que eles ofrecen é un servizo de primeira necesidade e non un luxo. Por eso piden que se lles rebaixe o IVE, dende o 21% actual // A Deputación de Ourense vai aportar a metade dos oitocentos mil euros dos que precisa dispor o Club Ourense Baloncesto para inscribirse na ACB, unha vez que logrou o ascenso, derrotando ao Breogán de Lugo, no quinto partido do Play Off, disputado onte á noite. 03/06/15

Os empresarios galegos piden estabilidade política para, din, garantir o crecemento económico // A praza do Obradoiro de Santiago foi hoxe o punto de partida dunha manifestación de barbeiros e peiteadoras en demanda dunha rebaixa no IVE que se lle está a aplicar á súa actividade // A Deputación de Ourense vai aportar a metade dos oitocentos mil euros dos que precisa dispor o Club Ourense Baloncesto para inscribirse na ACB. 03/06/15

O número de desempregados baixou, no pasado mes de maio en Galicia en 7780  persoas. Unha cifra que supón un descenso do desemprego do TRES COMA DAZAOITO por cento, respecto ao mes anterior, unha baixada maior que a da media de España onde foi do 2,72 por cento // Segue sen haber pistas sobre cal pode ser o paradoiro de Socorro Pérez a muller de Ourense que desapareceu hai un mes, sen deixar rastro. A muller, de 43 anos, estaba solteira e traballaba como limpadora nun instituto // Grandes ringleiras en Ourense para conseguir as últimas entradas para a final desta noite polo ascenso á liga ACB entre o baloncesto Ourense e o Breogán de Lugo. 02/06/15 

O número de desempregados baixou, no pasado mes de maio en Galicia en 7780 persoas. Unha cifra que supón un descenso do desemprego do TRES COMA DAZAOITO por cento, respecto ao mes anterior // Segue sen haber pistas sobre cal pode ser o paradoiro de Socorro Pérez a muller de Ourense que desapareceu hai un mes, sen deixar rastro. A muller, de 43 anos, estaba solteira e traballaba como limpadora nun instituto // Grandes ringleiras en Ourense para conseguir as últimas entradas para a final desta noite polo ascenso á liga ACB entre o baloncesto Ourense e o Breogán de Lugo. 02/06/15 

O número de desempregados baixou, no pasado mes de maio en Galicia en 7780 persoas // Segue sen haber pistas sobre cal pode ser o paradoiro de Socorro Pérez a muller de Ourense que desapareceu hai un mes, sen deixar rastro // Grandes ringleiras en Ourense para conseguir as últimas entradas para a final desta noite polo ascenso á liga ACB entre o baloncesto Ourense e o Breogán de Lugo. 02/06/15 

A Garda Civil de Tráfico levará a cabo, ata o domingo que vén, unha campaña especial de control do consumo de alcohol e drogas entre os conductores. Unha campaña, din as autoridades de tráfico, máis necesaria aquí que na media de España xa que, case unha terceira parte das vítimas mortais nas estradas perecen en accidentes que teñen algunha relación con estes consumos prohibidos // Segue a busca do peregrino alemán que desapareceu en Fisterra o pasado venres, logo de que completara o camiño de Santiago. O mozo, de 19 anos, desapareceu na praia de Langosteira, onde o viran bañándose. Ali apareceu a roupa pero ningún rastro del // Segue a investigación xudicial sobre a morte de Francisco Javier Romero Taboada na liorta en Madrid entre os Riazor Blues e o Frente Atlético. Ante as dúbidas sobre a identificación dos presuntos autores, hoxe declararon como testemuñas varios dos sanitarios que intentaron salvar a vida de Jimmy. 01/06/15

A Garda Civil de Tráfico levará a cabo, ata o domingo que vén, unha campaña especial de control do consumo de alcohol e drogas entre os conductores. Unha campaña, din as autoridades de tráfico, máis necesaria aquí que na media de España xa que, case unha terceira parte das vítimas mortais nas estradas perecen en accidentes que teñen algunha relación con estes consumos prohibidos // Segue a busca do peregrino alemán que desapareceu en Fisterra o pasado venres, logo de que completara o camiño de Santiago. O mozo, de 19 anos, desapareceu na praia de Langosteira, onde o viran bañándose. Ali apareceu a roupa pero ningun rastro del // O Club Baloncesto Ourense derrota ao Breogán de Lugo, na casa deste, e forza un quinto e derradeiro enfrontamento entre ambos para decidir cal dos dous ascende á LIGA ACB. Os ourensáns gañáronlles aos lugueses por 4 puntos e en Ourense vaise celebrar mañá o definitivo encontro. 01/06/15

A Garda Civil de Tráfico levará a cabo, ata o domingo que vén, unha campaña especial de control do consumo de alcohol e drogas entre os conductores // Segue a busca do peregrino alemán que desapareceu en Fisterra o pasado venres, logo de que completara o camiño de Santiago // O Club Baloncesto Ourense derrota ao Breogán de Lugo e forza un quinto e derradeiro enfrontamento entre ambos para decidir cal dos dous ascende  á LIGA ACB. 01/06/15