Calor, nestas horas centrais do día. As temperaturas superan os 30 graos nas zonas do interior da metade norte, chegando ata os 35, nas do sur, coma o caso da cidade de Ourense. O aire cálido, procedente do Sáhara é o responsable desta elevación térmica // Adiada ao luns en Ourense a derruba dunha casa construída en solo rústico e sen licenza. Fora legalizada no anterior plan xeral da cidade pero a súa anulación tamén deixou sen efectos esa licenza // Redondela é unhas das localidades que hoxe celebra o Corpus. Alí saíu a Coca. A imaxe de dragón que percorre as rúas da localidade, sobre unhas rúas engalanadas con tapices vexetais, de flores e follas. Tamén se puido ver a danza das espadas e o baile das penlas. Nenas caracterizadas coma anxos, sobre os ombreiros de bailarinas adultas. 04/06/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano