A consternación que se vive na localidade coruñesa de Coristanco quedou patente hoxe no Concello, onde se gardou un minuto de silencio e se decretaron dous días de loito oficial. Toda a zona está impresionada, logo da morte dun meniño de dous anos, atropelado cando cruzaba unha estrada local, situada fronte á casa dos seus avós.
A Garda Civil investiga a morte dun ciclista de 41 anos que pereceu, en circunstancias aínda sen aclarar, na localidade de Cambre. As primeiras hipóteses apuntan a que puido caer e bater contra a calzada, pero non se descarta que houbera algún coche implicado. (18/05/15)