Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os gandeiros galegos valoran a multa que lles impuxeron á industria transformadora por pactar os prezos que lles pagaba aos produtores polo leite // O acordo asinado hoxe entre Xunta e doce concellos da area metropolitana de Vigo permitirá reducir un  50% o prezo das viaxes no transporte público // A catedral de Santiago ten superavit nas súas contas por primeira vez dende 2010. 04/03/15 

O anticiclón chegou para quedar uns días e déixanos este tempo case primaveral, nas horas centrais do día, aínda que con frío nas noites e mañanciñas. 04/03/15

Galicia ten hoxe 1.453 parados menos que hai un mes. Agora hai rexistrados nas oficinas de emprego 257 mil desempregados. O paro baixou, na nosa comunidade, durante o mes de febreiro, o 0.56%, unha porcentaxe mellor que a da media de España, onde o descenso foi do 0.3 // Os operarios dunha empresa especializada en traballos en altura empezaron a descolgarse dende o alto dos piares da ponte de Rande  para inspeccionar o estado dos cabos metálicos que sosteñen a plataforma. Preparan a súa ampliación, que custará máis de 140 millóns de euros // O goberno galego premia aos concellos que comparten servizos. A rede de atención temperá de Ordes, a mancomunidade Terra de Celanova e os 21 concellos do consorcio de Turismo Ribeira Sacra figuran entre os distinguidos cos premios COOPERA entregados hoxe. 03/03/15

Galicia ten hoxe 1.453 parados menos que hai un mes. Agora hai rexistrados nas oficinas de emprego 257 mil desempregados. O paro baixou, na nosa comunidade, durante o mes de febreiro, o 0.56%, unha porcentaxe mellor que a da media de España, onde o descenso foi do 0.3 // Os operarios dunha empresa especializada en traballos en altura empezaron a descolgarse dende o alto dos piares da ponte de Rande  para inspeccionar o estado dos cabos metálicos que sosteñen a plataforma. Preparan a súa ampliación, que custará máis de 140 millóns de euros // O goberno galego premia aos concellos que comparten servizos. A rede de atención temperá de Ordes, a mancomunidade Terra de Celanova e os 21 concellos do consorcio de Turismo Ribeira Sacra figuran entre os distinguidos cos premios COOPERA entregados hoxe. 03/03/15

Galicia ten hoxe 1.453 parados menos que hai un mes // Os operarios dunha empresa especializada en traballos en altura empezaron a descolgarse dende o alto dos piares da ponte de Rande // Preparan a súa ampliación, que custará máis de 140 millóns de euros // O goberno galego premia aos concellos que comparten servizos. 03/03/15 

Os empresarios galegos queren que se ensinen nos institutos da comunidade coñecementos sobre iniciativa e xestión económicos // Xa llo propuxeron a consellería de educación para que os rapaces entre 14 e 20 anos reciban nocións sobre emprendemento empresarial // Os radares da DXT que controlan o tráfico distingen entra diferentes tipos de vehículos para aplicarlles a cada un deles o límite de velocidade que lle corresponden, dependendo se se trata dun camión, unha furgoneta, un turismo ou unha moto // O Celta xoga esta tarde contra o Elche en Balaídos buscando encadear tres vitorias seguidas e aumentar a súa xa considerable distancia dos postos de descenso. 02/03/15 

Os radares da DXT que controlan o tráfico, e tamén serven para poñer sanciòns, son, dende hoxe, máis intelixentes. Distingen entra diferentes tipos de vehículos para aplicarlles a cada un deles o límite de velocidade que lle corresponden, dependendo se se trata dun camión, unha furgoneta, un turismo ou unha moto // A policía nacional está a investigar a desaparición de probas custodiadas nas caixas fortes da Audiencia Provincial de Ourense e dun xulgado de instrución. Entre o roubado están seis dos sete reloxos de ouro dun farmacéutico asasinado hai case un ano e medio e queran a proba fundamental do crime. AS xoias están valoradas en 50000 euros // O Celta xoga esta tarde contra o Elche en Balaídos buscando encadear tres vitorias seguidas e aumentar a súa xa considerable distancia dos postos de descenso. Mentres o Deportivo volverá esta tarde adestrar despois de encadear fronte o Almería a súa terceira xornada consecutiva sen marcar. 02/03/15

Os radares da DXT que controlan o tráfico distingen entra diferentes tipos de vehículos para aplicarlles a cada un deles o límite de velocidade que lle corresponden // A policía nacional está a investigar a desaparición de probas custodiadas nas caixas fortes da Audiencia Provincial de Ourense e dun xulgado de instrución // O Celta xoga esta tarde contra o Elche en Balaídos buscando encadear tres vitorias seguidas. Mentres o Deportivo volverá esta tarde adestrar. 02/03/15

A Ponte de Rande empezará hoxe a cambiar de aspecto. Vanlle engadir un carril máis en cada sentido. Unhas obras que van custar 130 millóns de euros. E outros 83 millóns de euros van ser investidos na ampliación do tramo da autoestrada en Santiago onde pasará a contar con tres e catro carrís en cada sentido da circulación // O fiscal do caso asunta quere chegar de contado ao xuízo pola morte da pequena. Díxoo esta maña na vista, no Tribunal Superior, na Coruña, dos recursos presentados polos avogados dos pais da nena contra o peche do sumario // A que fora maior inmobiliara do país, Martinsa ao borde da liquidación. O consello de administración da compañía reunirase o luns para estudiar a solicitude para liquidar a empresa despois de que a banca acreedora non respaldase a súa segunda proposta de convenio de acreedores no xulgado do mercantil da Coruña. 27/02/15

A Ponte de Rande empezará hoxe a cambiar de aspecto. Vanlle engadir un carril máis en cada sentido. Unhas obras que van costar 130 millóns de euros. E outros 83 millóns de euros van ser investidos na ampliación do tramo da autoestrada en Santiago onde pasará a contar con tres e catro carrís en cada sentido da circulación // O fiscal do caso asunta quere chegar de contado ao xuízo pola morte da pequena. Díxoo esta maña na vista, no Tribunal Superior, na Coruña, dos recursos presentados polos avogados dos pais da nena contra o peche do sumario // A que fora maior inmobiliara do país, Martinsa ao borde da liquidación. O consello de administración da compañía reunirase o luns para estudiar a solicitude para liquidar a empresa despois de que a banca acreedora non respaldase a súa segunda proposta de convenio de acreedores no xulgado do mercantil da Coruña. 27/02/15

A Ponte de Rande empezará hoxe a cambiar de aspecto // O fiscal  do caso asunta quere chegar de contado ao xuízo pola morte da pequena // A que fora maior inmobiliara do país, Martinsa, ao borde da liquidación. 27/02/15 

Seguimos con ceos grises que pola tarde deixaran chuvia na meirande parte de Galicia nun día no que as temperaturas máximas se manteñen, en torno aos 15 graos en moitos puntos. 26/02/15