Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Desartellada unha rede internacional de narcotráficantes dirixida dende A Coruña. Hai 35 detidos, doce deles,  na Coruña. A Garda Civil incautouse de mais de 300 quilos de cocaína, anfetaminas e  drogas de deseño, procedentes de Latinoamérica.   

  Funeral en Celanova polo cura que apareceu morto con fortes golpes. O bispo de Ourense oficiou o enterrro no que os veciños despediron o que foi o seu párroco durante corenta e cinco anos. A súa morte podería estar relacionada coa desaparición da apreciada talla da virxe do cristal, do século dezasete.

  Mañá entra  en servizo na Coruña a totalidade da terceira ronda da cidade. 13 kilómetros de estrada que custaron 200 millóns de euros aportados polo goberno central e a xunta e que farán posible acceder por autovía dende a A-6 ata ao centro da cidade. Mellorará tamén o acceso ao aeroporto, a universidade e os polígonos industriais. (13/03/15)

Desartellada unha rede internacional de narcotráficantes dirixida dende A Coruña. 

  Funeral en Celanova polo cura que apareceu morto con fortes golpes.

  Mañá entra  en servizo na Coruña a totalidade da terceira ronda da cidade. (13/03/15)

Desartellada unha rede internacional de narcotráficantes dirixida dende A Coruña. Hai 35 detidos, doce deles,  na Coruña. A Garda Civil incautouse de mais de 300 quilos de cocaína, anfetaminas e  drogas de deseño, procedentes de Latinoamérica.   

  Funeral  en Celanova polo cura que apareceu morto con fortes golpes. O bispo de Ourense oficiou o enterrro no que os veciños despediron o que foi o seu párroco durante corenta e cinco anos. A súa morte podería estar relacionada coa desaparición da apreciada talla da virxe do cristal, do século dezasete.

  Mañá entra  en servizo na Coruña a totalidade da terceira ronda da cidade. 13 kilómetros de estrada que custaron 200 millóns de euros aportados polo goberno central e a xunta e que farán posible acceder por autovía dende a A-6 ata ao centro da cidade. Mellorará tamén o acceso ao aeroporto, a universidade e os polígonos industriais. (13/03/15)

Consternación en Vilanova dos Infantes, logo da morte do seu párroco. O cadáver apareceu no alpendre da casa reitoral, cun golpe na cabeza.

A Xunta aproba que a Sareb lle ceda ao Instituto da Vivenda e o Solo 100 vivendas para poñelas a disposición de familias con dificultades económicas.

En Portugal pasa a disposición xudicial o vigués Hector José Naya Gil, membro de Resistencia Galega, detido no aeroporto Sá Carneiro cando pretendía fuxir a Venezuela.  (12/03/15)

Consternación e preocupación en Vilanova dos Infantes, logo da morte do seu párroco. O cadáver apareceu cun golpe na cabeza.

A Xunta aproba que a Sareb lle ceda ao Instituto da Vivenda e o Solo 100 vivendas para poñelas a disposición de familias con dificultades económicas.

Varias empresas armadoras foron rexistradas dentro dunha operación contra a pesca ilegal. 

En Portugal pasa a disposición xudicial o vigués Hector José Naya Gil, membro de Resistencia Galega, cando cando pretendía fuxir a Venezuela. 

O empresario Tino Saqués disposto a renunciar ás súas opcións para comprar o CD LUgo ante, di, as amenazas que recibíu. (12/03/15)

Consternación e preocupación en Vilanova dos Infantes, logo da morte do seu párroco. O cadáver apareceu no alpendre da casa reitoral, cun golpe na cabeza e con sangue na boca.

A Xunta aproba que a Sareb lle ceda ao Instituto da Vivenda e o Solo 100 vivendas para poñelas a disposición de familias con dificultades económicas.

Varias empresas armadoras foron rexistradas dentro dunha operación contra a pesca ilegal. En Portugal pasa a disposición xudicial o vigués Hector José Naya Gil, membro de Resistencia Galega, detido cando pretendía fuxir a Venezuela. 

O empresario Tino Saqués, disposto a renunciar ás súas opcións para comprar o CD LUgo ante, di, as amenazas que recibíu.

En Galicia hai máis 300 enfermos de ril agardando un transplante. Julia dooulle un ao seu fillo. (12/03/15)

Despexado o camiño para a apertura de xuízo pola morte da nena Asunta Basterra, despois de que o Tribunal Superior desestimara os recursos presentados polos avogados dos pais da pequena e únicos acusados. A Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior desestima todos os recursos  interpostos polos representantes de Rosario Porto e Alfonso Basterra // O presidente da Xunta defende no Parlamento a venda de Novagalicia Banco coma a mellor opción. Foi en resposta a PSdeG e BNG, que a calificaron de ruinosa para Galicia. Núñez  Feijóo reprochoulles a información que lle facilitaron no traspaso de poderes, e dixo que foi o Rei quen o alertou sobre as dificultades da entidade // Dezasete notarías van pechar en Galicia. A crise obrigou o ministerio de xustiza a reorganizar o mapa. Das 187 que hai na nosa comunidade pouco a pouco quedarán 170. Pecharán as que teñan a praza sen cubrir ou cando o notario pida traslado. 11/03/15 

O mercado vigués da pedra deixou de estar no punto de mira da oficina dos Estados Unidos que elabora unha lista negra cos puntos de venda, en todo o mundo, de produtos coas marcas falsificadas // Os comercios levan 5 meses precintados, despois dunha operación policial,na que a policía detivera a 11 persoas e intervira 20 mil artículos presuntamente falsificados // Dezasete notarías van pechar en Galicia. A crise obrigou o ministerio de xustiza a reorganizar o mapa. Das 187 que hai na nosa comunidade pouco a pouco quedarán 170. 11/03/15

O mercado vigués da pedra deixou de estar no punto de mira da oficina dos Estados Unidos que elabora unha lista negra cos puntos de venda de productos coas marcas falsificadas // Dezasete notarías van pechar en Galicia // O presidente da Xunta defende no Parlamento a venda de Novagalicia Banco coma a mellor opción. 11/03/15

Unha mancha de hidrocarburos de orixe descoñecida está a causar preocupación nas autoridades e entre os mariscadores da Ría do Burgo, no entorno da cidade da  Coruña. Obrigou a pechar a ría para o marisqueo a pe e para a recolección de perceber e ourizo // Os trece mariñeiros do espadeiro da Guarda "Guariste Primero" tratan de cortar o aparello e de apagar totalmente o incendio a bordo do Pesqueiro, no que desapareceu o xefe de máquinas, residente en Burela // Navantia ten opcións de construír tres petroleiros para a navieira vasca Ibaizábal. Asinou unha carta de intencións para concorrer, xunto con un estaleiro coreano, a construcción destes buques que poden dar traballo para as factorías de Ferrol e Cádiz. 10/03/15

Unha mancha de hidrocarburos de orixe descoñecida está a causar preocupación nas autoridades e entre os mariscadores da Ría do Burgo, no entorno da cidade da  Coruña // Os trece mariñeiros do espadeiro da Guarda "Guariste Primero" tratan de cortar o aparello e de apagar totalmente o incendio a bordo do Pesqueiro // Navantia ten opcións de construír tres petroleiros para a navieira vasca Ibaizábal. 10/03/15

Unha mancha de hidrocarburos de orixe descoñecida está a causar preocupación nas autoridades e entre os mariscadores da Ría do Burgo, no entorno da cidade da  Coruña. Obrigou a pechar a ría para o marisqueo a pe e para a recolección de percebes e ourizo // Os trece mariñeiros do espadeiro da Guarda "Guariste Primero" tratan de cortar o aparello e de apagar totalmente o incendio a bordo do Pesqueiro, no que desapareceu o xefe de máquinas, residente en Burela // Navantia ten opcións de construír tres petroleiros para a navieira vasca Ibaizábal. Asinou unha carta de intencións para concorrer, xunto con un estaleiro coreano, a construcción destes buques que poden dar traballo para as factorías de Ferrol e Cádiz. 10/03/15

Desaparecido un mariñeiro de Burela no incendio dun pesqueiro galego en augas peruanas. Trátase do xefe de maquinas do barco Guariste Primeiro, de orixe peruana pero con dobre nacionalidade. Entre os trece tripulantes da embarcación rescatados hai outros tres galegos de Ribeira e o Morrazo // Funerais en Lugo polo que fora Presidente da Deputación Provincial durante 24 anos e un dos baróns do PP Galego, Francisco Cacharro. Faleceu onte aos 78 anos de idade e a súa capela ardente estivo instalada na sede do organismo provincial onde recibiu numerosas visitas e mostras de pésame // Aprazado na Coruña o xuízo polo presunto secuestro dun home de nacionalidade senegalesa ao que os sete acusados presuntamente retiveran nunha casa da localidade de Pontedeume e logo meteran no maleteiro dun coche. 09/03/15