Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

 Cinco detidos, nunha nova operación contra a corrupción dirixida pola xuiz lucense Pilar de Lara. Entre os arrestados figura o principal empresario do transporte de viaxeiros en Galicia, Raúl López acusado de diversos delitos económicos como branqueo de capitais, suborno, tráfico de influencias e contra a facenda pública. 

  AVe chegará a Vigo dende A Coruña en viaxe de probas o próximo 29 de marzo e podería entrar en funcionamento regular a finais de abril. Anunciouno hoxe a Ministra de Fomento que negou que as obras do Ave entre Galicia e a Meseta estean paralizadas por diferenzas de sobrecustos coas constructoras da liña.

A Xunta aproba  o proxecto de lei de transparencia e bo goberno, incluido nas medidas  de impulso democrático comprometidas polo presidente no parlamento. Busca facilitar mais informacion ao cidadan, mais control das contas publicas e tamen das incompatibilidades  dos cargos da Xunta, asi como dos traspasos de poderes  entre gobernos autonomicos  (19/03/15)

 

Inditex aumentou os beneficios un  5  por cento o pasado ano e gañou  dous mil cincocentos millóns de euros.

 O Seu presidente Pablo Isla explicou que o grupo creou  8.700 empregos, deles 1.800, en España e anunciou un plan de incentivos para que os traballadores participen nos beneficios. 

   Permanecen detidos o ex patron maior da confraría de Cabo de Cruz, en Boiro e a que fóra presidenta das mariscadoras. Están acusados de  seis delictos económicos, como fraude,estafa ou malversación de fondos, No caso do ex patrón, Carmelo Silva ,tamén se lle atribúe tenza ilícita de armas.   

   Descenden as agresións a médicos en Galicia por terceiro ano consecutivo. Diminurion en máis dun 50% o ano pasado.Os facultativos atribúen este descenso a que a sociedade cada vez é menos tolerante coas condutas violentas.   (18/03/15)

 Inditex aumentou os beneficios un  5  por cento o pasado ano e gañou  dous mil cincocentos millóns de euros.  O Seu presidente Pablo Isla explicou que o grupo creou  8.700 empregos, deles 1.800, en España e anunciou un plan de incentivos para que os traballadores participen nos beneficios. 

   Permanecen detidos o ex patron maior da confraría de Cabo de Cruz, en Boiro e a que fóra presidenta das mariscadoras.  Están acusados de  seis delictos económicos, como fraude,estafa ou malversación de fondos, No caso do ex patrón, Carmelo Silva ,tamén se lle atribúe tenza ilícita de armas.   

   Descenden as agresións a médicos en Galicia por terceiro ano consecutivo. Diminurion en máis dun 50% o ano pasado.Os facultativos atribúen este descenso a que a sociedade cada vez é menos tolerante coas condutas violentas (18/03/15).

 Galicia recupera hoxe a influencia anticiclónica que deixa ventos do nordés e alonxa o risco de precipitacións. Pero un centro de baixas presións situado ao sur da península deixa aínda algunhas nubes e mesmo posibilidade de algunha chuvisca ocasional.  (18/03/15)

 Inditex aumentou os beneficios un  5  por cento o pasado ano e gañou  dous mil cincocentos millóns de euros.

   Permanecen detidos o ex patron maior da confraría de Cabo de Cruz, en Boiro e a que fóra presidenta das mariscadoras.

   Descenden as agresións a médicos en Galicia por terceiro ano consecutivo (18/03/15)

 A Axencia do Banco Madrid de Lugo abriu hoxe , pese ao bloqueo das operacións da entidade, logo da súa intervención polo Banco de España. Os axentes lucenses din que salvaron boa parte dos fondos dos seus clientes, ao recomendarlles transferilos a outras entidades, a semana pasada, cando empezaron a detectar o problema. 

Operacion da Garda Civil na confraría  de Cabo de Cruz, na localidade coruñesa de Boiro.  A Garda Civil interrogou  ao expatron maior, á actual secretaria e á anterior presidenta das mariscadoras . As actuacións son secretas pero poderían deberse a unha denuncia da fiscalía por presunta malversación de fondos. 

A Coruña convirteuse estes días na capital gastronómica do Atlántico, co forum gastronómico que se celebra por quinto ano. Participaron 600 marcas, cociñeiros famosos  e representantes das principais zonas gastronómicas de toda España e de Portugal e Italia. 

(17/03/15)

Os transportistas preparan un plan alternativo ao de Fomento, que quere desviar o tráfico pesado ás autoestradas. Os camioneiros queren máis descontos nas peaxes que o  50% que lles ofrece o goberno, e que alguns treitos sexan gratuitos. 

  A Axencia do Banco Madrid de Lugo mantense aberta , pese ao bloqueo das operacións da entidade, logo da súa intervención polo Banco de España.

  O alcalde da Coruña, Carlos Negreira,  nega irregularidades na contratación de 54 persoas no concello, irregularidades que está a investigar  a xuiza que dirixe a instrucción da Operación Pokémon.  (17/03/15)

Os transportistas preparan un plan alternativo ao de Fomento, que quere desviar o tráfico pesado ás autoestradas.

  A Axencia do Banco Madrid de Lugo mantense aberta , pese ao bloqueo das operacións da entidade, logo da súa intervención polo Banco de España.

  O alcalde da Coruña, Carlos Negreira,  nega irregularidades na contratación de 54 persoas no concello. (17/03/15)

Salvamento marítimo busca un pescador  de 36 anos que desapareceu  na costa de Oleiros, na Coruña.

  Un ex xefe de porteiros do Playa Club da Coruña é considerado o lider da trama  de narcotraficantes desarticulada pola Garda Civil.

 Un ciclista ourensán gravou a conductores adiantándolle sen respectar a distancia de seguriadade. (16/03/15)

Salvamento marítimo busca un pescador marroquí de 36 anos na costa de Oleiros, na Coruña, onde se cree que estaba a pescar con cana na tarde de onte. Esta mañá apareceu unha mochila que podería ser súa.

  Un ex xefe de porteiros do Playa Club da Coruña é considerado o lider da trama  de narcotraficantes desarticulada pola Garda Civil, que supuxera a detención de 14 persoas en Galicia, dun total 35.  

  Un ciclista ourensán , canso de pasar medo, debido ao comportamento dos conductores cando o adiantan pola estrada, gravou unhas imaxes que vai aportar coma proba nas denuncias ante tráfico. (16/03/15)

Salvamento marítimo busca un pescador marroquí de 36 anos na costa de Oleiros, na Coruña, onde se cree que estaba a pescar con cana na tarde de onte.

 Principio de acordo entre os armadores do Cerco e as administracións ás que lles reclaman un reparto de cotas de sardiña, xurelo e xarda distinto do actual .

    Un ciclista ourensán , canso de pasar medo, debido ao comportamento dos conductores cando o adiantan pola estrada, gravou unhas imaxes que vai aportar coma proba nas denuncias ante tráfico. (16/03/15)