Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ambiente de gala entre o deportivismo e o celtismo, de cara ao derbi que mañá enfrontará en Riazor, aos dous equipos galegos de Primeira división. Os dous equipos chegan a este enfrontamento nun bo momento de xogo e resultados. As afeccións apostan por un partido igualado // O pesqueiro, colocado polo Concello de Vigo na rotonda de Coia, segue a centrar a atención de curiosos e veciños. Hoxe continúan os traballos para a súa instalación, baixo unha discreta vixilancia policial, logo de que, na tarde de onte, unha nova manifestación protestara polo gasto que supuxo a súa colocación alí // A Xunta abre un portal en internet para facilitar as exportacións das empresas galegas a países de idioma portugués. Un mercado que suma 270 millóns de consumidores en Europa, América e África e tamén en  enclaves da China e da India. 20/02/15

Ambiente de gala entre o deportivismo e o celtismo, de cara ao derbi que mañá enfrontará en Riazor, aos dous equipos galegos de Primeira división. Os dous equipos chegan a este enfrontamento nun bo momento de xogo e resultados.  As afeccións apostan por un partido igualado // O pesqueiro, colocado polo Concello de Vigo na rotonda de Coia, segue a centrar a atención de curiosos e veciños. Hoxe continúan os traballos para a súa instalación, baixo unha discreta vixilancia policial, logo de que, na tarde de onte, unha nova manifestación protestara polo gasto que supuxo a súa colocación alí // A Xunta abre un portal en internet para facilitar as exportacións das empresas galegas a países de idioma portugués. Un mercado que suma 270 millóns de consumidores distribuidos por Europa, América, África e con enclaves na China e na India. 20/02/15

Ambiente de gala entre o deportivismo e o celtismo, de cara ao derbi que mañá enfrontará en Riazor, a Celta e Deportivo // O pesqueiro, colocado polo Concello de Vigo na rotonda de Coia, segue a centrar a atención de curiosos e veciños // A Xunta abre un portal en internet para facilitar as exportacións das empresas galegas a países de idioma portugués. 20/02/15

O anticiclón retirouse xa cara as Azores, e Galicia queda no radio de acción das borrascas atlánticas, con ceos cubertos e chuvias xeneralizadas, sobre todo no litoral e as zona altas. 20/02/15 

Os Reis Don Felipe e Dona Leticia e o Presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, están esta tarde na Coruña. Presidirán a entrega das medallas de ouro do Eixo Atlántico, a entidade de colaboración transfronteiriza máis antiga da Unión Europea // En Vigo xa está instalado o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia como homenaxe do concello a tradición marítima da cidade. O barco, de 27 metros  e casco de aceiro foi trasladado de madrugada ata o seu emprazamento definitivo pese as protestas dun grupo de veciños que se opoñen ao gasto que supuxo // Un pai foi condenado a dous anos de cárcere por ter falsificado as notas do seu fillo para que lle deran por aprobado o bacharelato.

Os Reis Don Felipe e Dona Leticia e o Presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, están esta tarde na Coruña. Presidirán a entrega das medallas de ouro do Eixo Atlántico, a entidade de colaboración transfronteiriza máis antiga da Unión Europea.  Os Reis abrirán tamén oficialmente a exposición "El Primer Picaso" que lembra a etapa de formación do pintor universal na cidade Galega, na que viviu entre os 9 e os 13 anos // En Vigo xa está instalado o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia como homenaxe do concello a tradición marítima da cidade. O barco, de 27 metros e casco de aceiro foi trasladado de madrugada ata o seu emprazamento definitivo pese as protestas dun grupo de veciños que se opoñen ao gasto que supuxo // Un pai foi condenado a dous anos de cárcere por ter falsificado as notas do seu fillo para que lle deran por aprobado o bacharelato. Esta mañá foi xulgado na Coruña e aceptou esa pena que non suporá ingreso en prisión nin a perda do seu posto de traballo. 19/02/15

Os Reis Don Felipe e Dona Leticia e o Presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, están esta tarde na Coruña // En Vigo xa está instalado o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia como homenaxe do concello a tradición marítima da cidade // Un pai foi condenado a dous anos de cárcere por ter falsificado as notas do seu fillo para que lle deran por aprobado o bacharelato. 19/02/15

Condenado a dez anos de cárcere o ladrón do Códice Calixtino da Catedral de Santiago, Manuel Fernández Castiñeiras // Últimos retoques na Coruña para a posta en marcha dos actos e as exposicións que van servir para lembrar a época de formación que pasou Pablo Picaso na cidade, onde viviu entre os 9 e os 13 anos // O Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro, non se vai presentar ás eleccións municipais e deixará, polo tanto, á presidencia da Deputación de Lugo. 18/02/15

Últimos retoques na Coruña para a posta en marcha dos actos e as exposicións que van servir para lembrar a época de formación que pasou Pablo Picaso na cidade, onde viviu entre os 9 e os 13 anos. Unha desas exposicións vai ser inaugurada mañá polos Reis e conta con 81 obras do pintor, chegadas dende París, Barcelona e Málaga // O Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro, non se vai presentar ás eleccións municipais e deixará, polo tanto, á presidencia da Deputación de Lugo. Besteiro dixo que se vai centrar na política autonómica pero non aclarou aínda se vai ser o candidato á Presidencia da Xunta // Aumenta a expectación polo derbi galego de Primeira. Os xogadores do dépor e o Celta recoñecen que é un partido especial que agardan que sexa moi igualado. Os dous chegan o derbi do sábado en Riazor na zona media da táboa e nun bo momento de xogo. 18/02/15

Rosario Porto, investigada por el crimen de su hija, la niña Asunta Basterra, ha vuelto este miércoles al lugar del crimen, el chalé del municipio de Teo donde presuntamente fue asesinada la niña. Porto ha sido trasladada desde la cárcel de Teixeiro porque en la vivienda se ha producido un robo.

Últimos retoques na Coruña para a posta en marcha dos actos e as exposicións que van servir para lembrar a época de formación que pasou Pablo Picaso na cidade, onde viviu entre os 9 e os 13 anos // O Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro, non se vai presentar ás eleccións municipais e deixará, polo tanto, á presidencia da Deputación de Lugo // Aumenta a expectación polo derbi galego de Primeira. 18/02/15