Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Los reyes inaugurarán el próximo 19 de febrero El primer Picasso, una exposición que muestra la etapa coruñesa del artista malagueño. El Museo de Bellas Artes de A Coruña mostrará, entre otras, las obras "Playa del Orzán", "Torre de Hércules", "Perfil de mujer gallega" y "Aldeanos gallegos". Malén Gual, conservadora del Museu Picasso y comisaria de la muestra, nos ha contado que también se podrá ver "La muchacha de los pies descalzos", la obra más importante que el artista pintó en A Coruña y que ha cedido el Museo Picasso de París (12/02/15)

A Xunta pon en marcha un plan que pretende facilitar o acceso a vivenda a 152 mil persoas en cinco anos, ata o 2020. Inclúe medidas para evitar o desafiuzamento e apoiará a rehabilitación, alugueiro e a construción de novas vivendas de protección oficial // O risco da curva da Grandeira, onde descarrilou o tren Alvia, era previsible, segundo o informe elaborado pola  aseguradora de Renfe. Un informe que mesmo cifra as posibilidades de descarrilamento en unha cada seis meses // Moitas localidades, e mesmo cidades coma Ourense recuperan hoxe o xoves de comadres, unhas datas sinaladas previas ao pleno antroido. 12/02/15 

Morre un anciá de 80 anos no incendio dunha vivenda en Arteixo. O suceso tivo lugar de madrugada nesta casa na que vivía a súa filla e o xenro cos que pasaba uns días // O risco da curva da Grandeira, onde descarrilou o tren Alvia, era previsible, segundo o informe elaborado pola aseguradora de Renfe. Un informe que mesmo cifra as a as posibilidades de descarrilamento en unha cada seis meses // A Xunta pon en marcha un plan que pretende facilitar o acceso a vivenda a 152 mil persoas en cinco anos, ata o 2020. Inclúe medidas para evitar o desafiuzamento e apoiará a rehabilitación, alugueiro e a construción de novas vivendas de protección oficial. Contará con un orzamento de 307 millóns de euros. 12/02/15

Morre un anciá de 80 anos no incendio dunha vivenda en Arteixo // O risco da curva da Grandeira, onde descarrilou o tren Alvia, era previsible, segundo o informe elaborado pola aseguradora de Renfe // A Xunta pon en marcha un plan que pretende facilitar o acceso a vivenda a 152 mil persoas en cinco anos, ata o 2020. 12/02/15

Regresan as nubes e as precipitacións. Son os efectos das borrascas procedentes das Illas Británicas que nos empezan a afectar, ao retirarse o anticiclón que mandara na atmosfera, nos últimos días. 12/02/15 

O radar máis moderno co que conta a Dirección Xeral de Tráfico está instalado en Galicia na autoestrada entre a Coruña e Carballo. É capaz de diferenciar entre turismos, furgonetas e camións, decidindo a posible sanción, en base á velocidade permitida para cada un destes medios de transporte // O Presidente da Xunta anunciou hoxe no Parlamento un plan de dinamización do galego que contará coa colaboración de entidades coma a Real Academia Galega. Tamén no pleno de hoxe foron desaloxados un grupo de enfermos de hepatite C que protestaban polo voto negativo dos deputados do PP a unha proposta sobre o uso de novos fármacos para todos os afectados por esta doenza // Marcha unha das xuízas máis coñecidas de Galicia. A instructora de Casos coma a Operación Campeón ou o da retirada das multas de tráfico en Lugo.A xuíza Estela San José deixa a cidade galega e trasládase, a petición propia, a Huelva. 11/02/15

O radar máis moderno co que conta a Dirección Xeral de Tráfico está instalado en Galicia, na autoestrada entre a Coruña e Carballo. É capaz de diferenciar entre turismos, furgonetas e camións, decidindo, así, a posible sanción // O Presidente da Xunta anunciou hoxe no Parlamento un plan de dinamización do galego que contará coa colaboración de entidades coma a Real Academia Galega. Anuncio feito en resposta a unha pregunta do BNG a raíz dun informe sobre diminución de falantes // Marcha unha das xuízas máis coñecidas de Galicia. A instructora de Casos coma a Operación Campeón ou o da retirada das multas de tráfico en Lugo. A xuíza Estela San José deixa a cidade galega e trasládase, a petición propia, a Huelva. 11/02/15

O radar máis moderno co que conta a Dirección Xeral de Tráfico está instalado en Galicia na autoestrada  entre a Coruña e Carballo // O Presidente da Xunta anunciou no Parlamento un plan de dinamización do galego que contará coa colaboración de entidades coma a Real Academia Galega // Marcha unha das xuízas máis coñecidas de Galicia. Estela San José, a instructora de Casos coma a Operación Campeón deixa Lugo e trasládase a Huelva // Quéixase de ser máis coñecida por eses macroprocesos que polos casos de violencia de xénero, que instrue na capital das murallas e das actitudes machistas que asegura ter sufrido. 11/02/15

Tomaron posesión dos seus cargos os novos titulares da consellería de Facenda, Valeriano Martínez e de  Educación e Cultura, Román Rodríguez. Substitúen a Elena Muñoz e Jesús Vázquez, que deixan a Xunta para facerse cargo das candidaturas do Partido Popular ás alcaldías de Vigo e Ourense // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dalle a razón ao Concello de Vigo e revoga a sentenza  que ordenaba retirar a cruz do Castro ao considerala un monumento franquista. O alto tribunal galego considera que a cruz na actualidade xa non ten o carácter de simboloxía franquista // Tras dezaseis anos de litixio xudicial retornan ao Museo de Lugo as 40 pezas de ourivería prerromana do legado do filántropo lucense Álvaro Gil. 10/02/15

Tomaron posesión dos seus cargos os novos titulares da consellería de Facenda, Valeriano Martínez e de Educación e Cultura, Román Rodríguez. Substitúen a Elena Muñoz e Jesús Vázquez, que deixan a Xunta para facerse cargo das candidaturas do Partido Popular ás alcaldías de Vigo e Ourense // Xa está case listo, na Coruña, o último treito da Terceira Rolda que podería estar en funcionamento en días. Vai permitir chegar ao centro da cidade por vías de alta capacidade, dende o enlace coa autovía A-6 // Tras dezaseis anos de litixio xudicial retornan ao Museo de Lugo as 40 pezas de ourivería prerromana do legado do filántropo lucense Álvaro Gil. O acordo asinado entre a deputación e os seus herdeiros permitirá ao Museo provincial expor de novo esa colección. 10/02/15

Tomaron posesión dos seus cargos os novos titulares da consellería de Facenda, Valeriano Martínez e de Educación e Cultura, Román Rodríguez // Xa está case listo, na Coruña, o último treito da Terceira Rolda que podería estar en funcionamento en días // Tras dezaseis anos de litixio xudicial retornan ao Museo de Lugo as 40 pezas de ourivería prerromana do legado do filántropo lucense Álvaro Gil. 10/02/15

Imos seguir baixo a influencia das altas presións, con ventos frouxos de compoñente sur que traerán nubes de tipo alto que se irán notando máis, segundo avance a xornada. As temperaturas manteránse sen grandes cambios, aínda que as mínimas serán máis baixas, na metade norte. 10/02/15  

A Ministra de Agricultura prometeu hoxe en Galicia un tratamento específico para as mulleres que traballan en actividades relacionadas co mar. A titular do departamento de Agricultura e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, acompañou ás mariscadoras nunha praia de Cambados, despois de visitar unha empresa conserveira e unha batea de produción de mexillón, na ría de Arousa // Xa están operativos os 65 km do gasoducto da Mariña en Lugo. Ademais de a 55 mil clientes particulares dará servizo a fábrica de Alcoa na que o gas sustituirá ao fueloil. O gasoducto foi inaugurado este mediodía polo presidente da Xunta e o de Gas Natural // A policía segue a investigar o caso dos sen teito presuntamente secuestrados na Coruña para cobrar as súas pensións. De momento o único detido por este suceso está en liberdade con cargos mentres xa foron liberadas tres das súas supostas vítimas. A policía non descarta máis detencións. 09/02/15 

A Ministra de Agricultura prometeu hoxe en Galicia un tratamento específico para as mulleres que traballan en actividades relacionadas co mar. A titular do departamento de Agricultura e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, acompañou ás mariscadoras nunha praia de Cambados, despois de visitar unha empresa conserveira e unha batea de produción de mexillón, na ría de Arousa // En Avión, Ourense lembran hoxe a orixe galega de Mario Vázquez Raña, un dos empresarios máis ricos do mundo. Acaba de falecer en México aos 82 anos vítima dun cancro // A policía segue a investigar o caso dos sen teito presuntamente secuestrados na Coruña para cobrar as súas pensións. De momento o único detido por este suceso está en liberdade con cargos mentres xa foron liberadas tres das súas supostas vítimas. 09/02/15 

A Ministra de Agricultura prometeu hoxe en Galicia un tratamento específico para as mulleres que traballan en actividades relacionadas co mar // En Avión, Ourense lembran hoxe a orixe galega de Mario Vázquez Raña, un dos empresarios máis ricos do mundo // A policía segue a investigar o caso dos sen teito presuntamente secuestrados na Coruña para cobrar as súas pensións. 09/02/15