Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O acusado do roubo do Códice Calixtino da Catedral de Santiago, Manuel Fernández Castiñeiras, negou hoxe telo levado. Foi na segunda xornada do xuízo, e na que tamén declararon a muller e o fillo de Castiñeiras. O exelectricista da Catedral desdíxose, da confesión que realizara ante o xuíz instructor, ante o que sí recoñecera o roubo // A Ministra de Emprego e seguridade Social, Fátima Bañez, estima que máis de 20 mil galegos se van beneficiar do plan de activación do emprego para parados de longa duración, posto en marcha polo Goberno. Díxoo en Vigo onde coñeceu os plans da factoría Citroën, acompañada polo Presidente da Xunta // Empeora o estado do mar e a partir de última hora desta tarde estará en alerta amarela toda a costa Norte. Agárdanse ondas de seis metros. A coincidencia deste temporal con mareas vivas fai que protección civil lembre a necesidade de extremar a precaución ao achegarse a zonas de cantís ou nos paseos marítimos. 20/01/15

O acusado do roubo do Códice Calixtino da Catedral de Santiago, Manuel Fernández Castiñeiras, negou hoxe telo levado // A Ministra de Emprego e seguridade Social, Fátima Bañez, estima que máis de 20 mil galegos se van beneficiar do plan de activación do emprego para parados de longa duración // Empeora o estado do mar e a partir de última hora desta tarde estará en alerta amarela toda a costa Norte . 20/01/15 

Comezou en Santiago o xuízo polo roubo do Códice Calixtino. A avogada defensora do autor confeso da sustracción, Manuel Fernández Castiñeiras, pediu a anulación do proceso ao considerar que se vulneraron os seus dereitos fundamentais, durante a investigación. Unhas actuacións que foron defendidas polo fiscal // Nace sen competencia en todo o cantábrico e unirá tres veces por semana o porto de Vigo cos franceses de Saint Nazaire e Nantes. É unha liña marítima de mercadorías que  fai ese traxecto de 1.400 kilómetros en 35 horas // A comarcas de montaña seguen tinguidas de branco por mor da neve, sobre todo na provincia de Lugo. Alí hoxe mais de 800 alumnos de 20 colexios están sen clase, por segundo día consecutivo. 19/01/15 

Comezou en Santiago o xuízo polo roubo do Códice Calixtino. A avogada defensora do autor confeso da sustracción, Manuel Fernández Castiñeiras, pediu a anulación do proceso ao considerar que se vulneraron os seus dereitos fundamentais, durante a investigación. Unhas actuacións que foron defendidas polo fiscal // Nace sen competencia en todo o cantábrico e unirá tres veces por semana o porto de Vigo cos franceses de Saint Nazaire e Nantes. É unha liña marítima de mercadorías que fai ese traxecto de 1.400 kilómetros en 35 horas // A comarcas de montaña seguen tinguidas de branco por mor da neve, sobre todo na provincia de Lugo. Alí hoxe mais de 800 alumnos de 20 colexios están sen clase, por segundo día consecutivo. 19/01/15

Comezou en Santiago o xuízo polo roubo do Códice Calixtino // Nace sen competencia en todo o cantábrico e unirá tres veces por semana o porto de Vigo cos franceses de Saint Nazaire e Nantes // A comarcas de montaña seguen tinguidas de branco por mor da neve, sobre todo na provincia de Lugo. 19/01/15

Media Galicia está en alerta por neve que dificultou o tráfico sobre todo en estradas secundarias das zonas altas de Lugo e Ourense. A presenza da neve obrigou a usar cadeas en vías de montaña e tamén provocou que hoxe non foron ao colexio case DOUS MIL escolares de 57 centros destas provincias // Atracou no porto das Palmas de Gran Canaria o pesqueiro CORAL I, abordado en alta mar con tonelada e media de cocaína a bordo. Unha operación na que foron detidas 19 persoas, entre elas o suposto líder do clan de narcotraficantes: o cambadés Rafael Bugallo, alias "o Mulo" // Prestan declaración no xulgado de Ribeira os once detidos nunha operación da Garda Civil contra unha organización dedicada ao tráfico de drogas e a extorsionar a outras persoas coas que quedaban para venderlles estupefacientes. 16/01/15

Media Galicia está en alerta por neve que dificultou o tráfico sobre todo en estradas secundarias das zonas altas de Lugo e Ourense. A presenza da neve obtigou a usar cadeas en vías de montaña e tamén provocou que hoxe non foron ao colexio case DOUS MIL escolares de 57 centros destas provincias // Atracou no porto das Palmas de Gran Canaria o pesqueiro CORAL I, abordado en alta mar con tonelada e media de cocaína a bordo. Unha operación na que foron detidas 19 persoas, entre elas o suposto líder do clan de narcotraficantes: o cambadés Rafael Bugallo, alias "o Mulo" // O Deportivo adestrou hoxe preparando o partido do domingo, en Riazor, contra o Barça, un encontro no que Víctor Fernández lle podería dar entrada ao recentemente fichado, Celso Borges. E o Celta vai tentar mañá ante o Espanyol, en Barcelona, un triunfo que confirme o cambio de rumbo do equipo tras oito xornadas sen gañar na Liga. 16/01/15

Ya se nota que las temperaturas han caído en las últimas horas, y también hemos visto nevadas en muchos puntos de Castilla y León o en Galicia. En el resto de España, habrá un predominio de cielo nuboso, con lluvias y chubascos.

Media Galicia está en alerta por neve que dificultou o tráfico sobre todo en estradas secundarias das zonas altas de Lugo e Ourense // Atracou no porto das Palmas de Gran Canaria o pesqueiro CORAL I, abordado en alta mar con tonelada e media de cocaína a bordo // O Deportivo adestrou hoxe preparando o partido do domingo, en Riazor. 16/01/15