Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Datos malos da evolución do paro en Galicia, no pasado mes de Decembro. Mentres que, na media de España o desemprego diminuíu  o 1,4 %, aquí, incrementouse o 1,3%. No total do ano, sen embargo , o paro baixou o 7%, un descenso maior que na media de España. 

Segue a investigación policial para dar coa  nai  dun bebé recén nado  que apareceu morto e abandonado nun monte da Coruña. 

  E en toda Galicia está xa preparada a Gran Cita coa ilusión:  A chegada dos  reis Magos de Oriente,  que van ser protagonistas nas próximas horas.  Moitos nenos mesmo tiveron a oportunidade, esta mesma mañá de entregarlles persoalmente as cartas cos seus encargos.   Espérase un ambiente frío pero sen choiva ...para as cabaltas. (05/01/14)

Temos hoxe ceos pouco anubados e coas Temperaturas Máximas en descenso. 

EN 2 MINUTOS

Datos malos da evolución do paro en Galicia, no pasado mes de Decembro.

Segue a investigación policial para dar coa  nai  dun bebé recén nado  que apareceu morto e abandonado nun monte da Coruña. 

E en toda Galicia está xa preparada a Gran Cita coa ilusión:  A chegada dos  reis Magos de Oriente. (05/01/14)

En marcha unha nova operación especial de control do tráfico por estrada.  A DXT prevé 473 mil desprazamentos nas vías galegas, dende hoxe ata o día de Reis.

   O Instituto Galego de Promoción Económica  dará axudas a empresas, con seis  millóns e medio de euros. Serán  para equipamentos produtivos, formación e internacionalización. 

  Os comerciantes do mercado da Pedra, en Vigo, piden a  reapertura dos seus establecementos, despois de que tiveran que pechar en outubro  por  unha redada da policía.  Aseguran que 60 familias están sen poder traballar, e sen ingresos. (02/01/15)

A DXT prevé 473 mil desprazamentos nas vías galegas, dende hoxe ata o día de Reis.

O Instituto Galego de Promoción Económica  dará axudas a empresas, con seis  millóns e medio de euros.

Os comerciantes do mercado da Pedra, en Vigo, piden a  reapertura dos seus establecementos. (02/01/15)

En marcha unha nova operación especial de control do tráfico por estrada. A DXT prevé 473 mil desprazamentos nas vías galegas, dende hoxe ata o día de Reis.  Vanse intensificar os controis de velocidade ...dende terra e tamén dende o ar, con helicópteros, e aumentarán as probas de alcohol e drogas.

   O Instituto Galego de Promoción Económica  dará axudas a empresas, con seis  millóns e medio de euros. Serán  para equipamentos produtivos, formación e internacionalización. 

  Os comerciantes do mercado da Pedra, en Vigo, piden a  reapertura dos seus establecementos, despois de que tiveran que pechar en outubro  por  unha redada da policía.   Aseguran que 60 familias están sen poder traballar, e sen ingresos. O peche tamén afecta a outros negocios da zona, que quedaron sen os clientes que atraía o popular mercado vigués. (02/01/15)

Os Camaróns e os percebes pagáronse esta mañá a 200 euros o quilo. As nécoras e as cigalas a entre 25 e  90 euros. O aumento da demanda fixo que se triplicaran as vendas nos viveiros de marisco // Agárdase unha noite de fin de ano despexada e fría pero menos que as anteriores. Seguirán, aínda así, as temperaturas baixas e as xeadas, sobre todo nas comarcas do interior, para unha celebración que, en Vilagarcía, xa se adiantou ao mediodía, tal como vén sucedendo, dende hai 20 anos // Presidente da Xunta dixo na súa mensaxe de Fin de Ano, que 2015 será mellor que este 2014, no económico e no social.   Alberto Núñez Feijoo tamén chama a recuperar o uso do galego na vida cotiá. 31/12/14

Os Camaróns e os percebes pagáronse esta mañá a 200 euros o quilo. As nécoras e as cigalas a entre 25 e 90 euros. O aumento da demanda fixo que se triplicaran as vendas nos viveiros de marisco // O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, dixo, en Pontevedra, que o ano que vén vai ser o do despegue da economía española e que os datos do paro do mes de decembro van ser "esperanzadores". Rajoy avisou, ante a xunta directiva provincial do PP, contra os grupos aos que calificou de "Adáns", que chegan á política coma se nada existira antes ca deles // Tráfico calcula que ata o dia de Reis, vai haber case medio millón de desprazamentos polas estradas galegas. As baixas temperaturas e as xeadas son o principal perigo para os conductores nestes días de festas. 31/12/14

Os Camaróns e os percebes pagáronse esta mañá a 200 euros o quilo // O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, dixo, en Pontevedra, que o ano que vén vai ser o do despegue da economía // Trafico calcula que ata o dia de Reis, vai haber case medio millón de desprazamentos polas estradas galegas. 31/12/14 

Inaugurado o último treito que quedaba por entrar en servizo para que se poida viaxar por autovía entre Galicia e a fronteira con Francia. Está no limite de Asturias con Cantabria e con el pónselle remate á autovía do Cantábrico, 25 anos despois de terse iniciado as obras // O número de turistas aloxados en establecementos galegos aumentou case un 7%, ata novembro, segundo datos ofrecidos hoxe pola xunta. O aumento entre visitantes estranxeiros foi aínda superior e acadou o 16% // A Catedral de Santiago acolleu  a cerimonia de conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende Xerusalén ata Galicia. O alcalde de Santiago foi o delegado do Rei e pediu loitar contra a corrupción. O arcebispo incidiu na necesidade de atender as familias que mais padecen a crise. 30/12/14

Inaugurado o último treito que quedaba por entrar en servizo para que se poida viaxar por autovía entre Galicia e a fronteira con Francia. Está no limite de Asturias con Cantabria e con el pónselle remate á autovía do Cantábrico, 25 anos despois de terse iniciado as obras. Unha inauguración que encabezou o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy // O número de turistas aloxados en establecementos galegos aumentou case un 7%, ata novembro, segundo datos ofrecidos hoxe pola xunta. O aumento entre visitantes estranxeiros foi aínda superior, e acadou o 16 % // A Catedral de Santiago acolleu a cerimonia de conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende Xerusalén ata Galicia. O alcalde de Santiago foi o delegado do Rei e pediu loitar contra a corrupción. 30/12/14

Inaugurado o último treito que quedaba por entrar en servizo para que se poida viaxar por autovía entre Galicia e a fronteira con Francia // O número de turistas aloxados en establecementos galegos aumentou case un 7% // A Catedral de Santiago acolleu  a cerimonia de conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo Santiago. 30/12/14