Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Foi, na provincia ourensá onde mais se notou o frío. Verín rexistrou a mínima de Galicia; menos  9,2 graos. Para a próxima noite non se agarda que sexan tan baixas. 30/12/14 

Cadrando co remate do ano chegan as temperaturas invernais. Un enfriamento que trouxo tamén as primeiras xeadas, enfriamento que vai seguir nos próximos dìas. A provincia de Ourense foi a que rexistrou as mínimas máis baixas. O récord foi para Calvos de Randín, con 9 graos baixo cero // Unións Agrarias acusa á industria de querer que os gandeiros asinen contratos de subministro con prezos moi baixos, que non chegan, din, para cubrir os custes de produción // Un edificio derrubouse sobre un restaurante, na localidade coruñesa de Betanzos, sen causar danos persoais, pese a que, no momento do incidente había dez clientes dentro do establecemento. 29/12/14

Cadrando co remate do ano chegan as temperaturas invernais. Un enfriamento que trouxo tamén as primeiras xeadas, enfriamento que vai seguir nos próximos días. A provincia de Ourense foi a que rexistrou as mínimas máis baixas. O récord foi para Calvos de Randín, con 9 graos baixo cero. E en Baltar, 7 baixo cero // Unións Agrarias acusa á industria de querer que os gandeiros asinen contratos de subministro con prezos moi baixos, que non chegan, din, para cubrir os custes de produción // Máis de 20 investigadores galegos que traballan no estranxeiro, comparten na Coruña as últimas novidades e conclusións dos  traballos que realizan en centros punteiros de Europa e Estados Unidos.Traballos, entre outros, sobre cancro de pel e bioloxía molecular. 29/12/14

Ata aninovo teremos tempo seco e frío, aínda que algo menos intenso ca hoxe // Durante esta semana seguirá habendo xeadas, polo que se recomenda ter mais precaución nas estradas. 29/12/14

A Xunta fixará por decreto unha espera máxima de 60 días para intervencións cirúrxicas non urxentes e de 45 días para  consultas hospitalarias, probas diagnósticas e terapéuticas // A folga en Renfe, que remata ás 11 desta noite, afecta sobre todo aos trens de media distancia entre A Coruña e Vigo. 26/12/14

43 mil galegos que cobran pensións non contributivas recibirán unha paga extraordinaria de 206 euros coma complemento. Recibirán nos primeiros días de xaneiro // 5.500 fogares desaparecerán en Galicia na próxima década. Cada ano a partir de 2020 perderanse uns mil fogares // Os trens de media distancia estanse a ver afectados pola folga convocada en Renfe e que remata ás 11 da próxima noite // As urxencias do hospital do Meixoeiro de Vigo están ateigadas estes días, con pacientes nos corredores // Coincidencia na rúa sobre o primeiro discurso de Nadal de Felipe VI. A maioría di que foi unha alocución pegada á actualidade // No Nadal é cando mellor se pagan as famosas ameixas de Carril. Trinta mariscadoras volven faenar na praia da Concha, pechada nos últimos tres meses para recupela das riadas do inverno pasado. 26/12/14

43 mil galegos que cobran pensións non contributivas recibirán unha paga extraordinaria de 206 euros coma complemento. Recibirán nos primeiros días de xaneiro // 5.500 fogares desaparecerán en Galicia na próxima década. Cada ano a partir de 2020 perderanse uns mil fogares // Os trens de media distancia estanse a ver afectados pola folga convocada en Renfe e que remata ás 11 da próxima noite // As urxencias do hospital do Meixoeiro de Vigo están ateigadas estes días, con pacientes nos corredores // Coincidencia na rúa sobre o primeiro discurso de Nadal de Felipe VI. A maioría di que foi unha alocución pegada á actualidade. 26/12/14

Mercados cheos de compradores para a cea de Noiteboa, con prezos altos en peixe e  marisco // Na Costa da Morte traballan estes días a reo apañando percebe // Os 400 traballadores da fábrica de Alcoa na Coruña celebran que a multinacional retirara o expediente de despido para todo o plantel. 24/12/14

Mercados cheos para a cea de Noiteboa, con prezos altos, sobre todo os do peixe e o marisco // Na Costa da Morte traballan estes días a reo apañando percebe // Os 400 traballadores de Alcoa na Coruña celebran que a multinacional anulara o despedimento de todo o plantel // Galicia aforrará 100 millóns de euros co novo modelo de financiamento autonómico // Vixilancia Aduaneira di que hai indicios abondo de que o alcalde de Lugo, José Lopez Orozco colaborou de forma activa co grupo Vendex para conseguir o contrato da Ora, extremo que nega o alcalde. Tamén o expresidente do PP de Ourense Jose Luis Baltar e o tenente de alcalde da Coruña Julio Flores negan ter recibido favores de Vendex // O céltico Larrivey podería ser sancionado con 4 partidos por supostamente chamarlle ladrón ao árbitro no partido Celta-Almeria, que perderon os vigueses // O Deportivo personarase no xuízo polo presunto amaño do encontro Levante-Zaragoza polo que os coruñeses acabaron descendendo a 2ª división en 2011. 24/12/14