Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Detidos 17 membros dos Riazor Blues na Coruña esta mañá. 

 Silencio e loito en Boiro polos tres mariñeiros do Paquito Segundo que naufragaron no bateeiro, o pasado martes. 

 Os políticos galegos valoran positivamente a reanudación de relacións entre Estados Unidos e Cuba. (18/12/14)

Detidos 17 membros dos Riazor Blues na Coruña esta mañá, dentro da segunda fase da chamada Operación Neptuno na que se busca os autores materiais da morte do siareiro do deportivo Francisco Javier Romero o 30 de novembro en Madrid. Permanecen nos calabozos do cuartel de Lonzas.

   Silencio e loito en Boiro polos tres mariñeiros do Paquito Segundo que naufragaron no bateiro o pasado martes. Segue a busca de dous dos tripulantes da embarcación despois de onte a tarde fora localizado o corpo do patrón a tres millas de onde afundiu o seu barco.

 Os socialistas  pensan que a Xunta debe aproveitar a reanudación das relacións entre Estados Unidos e Cuba  en beneficio dos intereses dos galegos que foron expropiados pola revolución.  O Presidente da Xunta califica os novos contactos de boa noticia e agarda que sirva para mellorar a vida dos cubanos. (18/12/14)

Salvamento Marítimo coordina de nuevo este jueves un operativo que  prosigue por tierra, mar y aire la búsqueda de los dos tripulantes desaparecidos el martes del bateeiro 'Paquito Dos' en la zona de Corrubedo, en el municipio coruñés de Ribeira. El cuerpo del patrón apareció a más de 13 kilómetros del lugar donde se hundió el barco.

Van  aparecendo restos do barco PAQUITO SEGUNDO, que se supón afundido fronte ao cabo de Corrubedo.

 Xa son 41 os arrestados pola pelexa na que morreu o  siareiro do deportivo contra seguidores do Atlético de Madrid. 

 As autoridades de tráfico temen que este Nadal aumenten os accidentes e do número de mortos nas estradas. (17/12/14)

Van  aparecendo restos do barco PAQUITO SEGUNDO, que se supón afundido fronte ao cabo de Corrubedo. Os mergulladores atoparon unha tolva con mexillóns que transportaba . Crese que o barco está a 40 metros de profundidade. 

  Xa son 41 os arrestados pola pelexa na que morreu o  siareiro do deportivo contra seguidores do Atlético de Madrid. As últimas detencións tiveron lugar en Xixón. Entre os arrestados   hai unha muller, tres menores de idade, un garda civil e un militar. 

  As autoridades de tráfico temen que este Nadal aumenten os accidentes e do número de mortos nas estradas. Prevén máis desprazamentos,ca o ano pasado:  dous millóns de viaxes, entre esta fin de semana e o día de Reis. (17/12/14)

Van  aparecendo restos do barco PAQUITO SEGUNDO, que se supón afundido fronte ao cabo de Corrubedo. Os mergulladores atoparon unha tolva con mexillóns que transportaba . Crese que o barco está a 40 metros de profundidade. 

  Xa son 41 os arrestados pola pelexa na que morreu o  siareiro do deportivo contra seguidores do Atlético de Madrid. As últimas detencións tiveron lugar en Xixón. Entre os arrestados   hai unha muller, tres menores de idade, un garda civil e un militar. 

  As autoridades de tráfico temen que este Nadal aumenten os accidentes e do número de mortos nas estradas. Prevén máis desprazamentos,ca o ano pasado:  dous millóns de viaxes, entre esta fin de semana e o día de Reis . (17/12/14)

Detidos dous mozos en Madrid como presuntos autores da morte do siareiro do Deportivo JIMMY.  A policía arrestou  outras 33 persoas... tamén relacionadas ...coa liorta violenta ... do 30 de novembro, entre afeccionados ultras do Deportivo  e o Atlético de Madrid. Un  taxista de Parla, casado e con dous fillos, é un dos detidos.    

  Un representante da multinacional PSA Peugeot Citroën desprazarase a Vigo para negociar coas empresas galegas da automoción suministros para fabricar a nova Furgoneta da factoría de Balaídos. 

Aprobados os orzamentos de galicia para o ano que vén, 8.436 millóns de euros. O PP rexeitou a 1200 emendas da oposición. A Xunta di que o reto das contas é CONSOLIDAR  a recuperación económica, que -afirma- xa comezou. (16/12/14)

O vento húmido do norte é o que propiciou as brétemas matinais  e as orballadas de primeiras horas. . Unhas precipitacións que están a ser máis frecuentes na mitade norte de Galicia. (16/12/14)

Detidos dous mozos en Madrid como presuntos autores da morte do siareiro do Deportivo JIMMY.  A policía arrestou  outras 33 persoas  tamén relacionadas  coa liorta violenta  do 30 de novembro, entre afeccionados ultras do Deportivo  e o Atlético de Madrid. Un  taxista de Parla, casado e con dous fillos, é un dos detidos.    

  Un representante da multinacional PSA Peugeot Citroen desprazarase a Vigo para negociar coas empresas galegas da automoción subministros para fabricar a nova Furgoneta da factoría de Balaídos. 

   O estaleiro Freire vai empezar a construir, a principios do ano que vén, un buque oceanográfico para Perú que lle dará traballo ao seu cadro de persoal durante 2 anos. (16/12/14)

Detidos dous mozos en Madrid como presuntos autores da morte do siareiro do Deportivo JIMMY.    

  Un representante da multinacional PSA Peugeot Citroen desprazarase a Vigo para negociar coas empresas galegas da automoción .

   O estaleiro Freire vai empezar a construir, a principios do ano que vén, un buque oceanográfico para Perú. (16/12/14)

PSA Peugeot Citroen de Vigo será a que fabrique  a nova furgoneta da multinacional francesa. Anunciáronllo  hoxe os responsables da empresa ao Presidente da Xunta, en París, anuncio que pon final  feliz a meses de espera.  Vigo competía con outra planta da marca  en Eslovaquia.

   Miguel Rosendo da  Silva pasou a primeira noite no cárcere da Lama, en Pontevedra, a onde foi enviado polo xuíz, que o acusa  de asociación ilícita e de abusos sexuais. A súa man dereita, Marta Paz, quedou en liberdade, pero tamén está imputada, ao igual  que un matrimonio de Moaña, que lograran saír da orde relixiosa. 

   Garda Civil de Tráfico e policías locais aumentan esta semana os controis ,nunha campaña contra o consumo de alcohol e drogas.

A campaña faise nestas datas, previas ao nadal, que é  cando aumentan o número de festas e de reunións familiares, nas que o consumo de alcohol é habitual. (15/12/14)

PSA Peugeot Citroen de Vigo será a que fabrique  a nova furgoneta da multinacional francesa. 

  Miguel Rosendo da  Silva pasou a primeira noite no cárcere da Lama, en Pontevedra.

   Garda Civil de Tráfico e policías locais aumentan esta semana os controis ,nunha campaña contra o consumo de alcohol e drogas. (15/12/14)

PSA Peugeot Citroen de Vigo será a que fabrique  a nova furgoneta da multinacional francesa. Anunciáronllo  hoxe os responsables da empresa ao Presidente da Xunta, en París, anuncio que pon final  feliz a meses de espera.  Vigo competía con outra planta da marca  en Eslovaquia.

   Miguel Rosendo da  Silva pasou a primeira noite no cárcere da Lama, en Pontevedra, a onde foi enviado polo xuíz, que o acusa  de asociación ilícita e de abusos sexuais. A súa man dereita, Marta Paz, quedou en liberdade, pero tamén está imputada, ao igual  que un matrimonio de Moaña, que lograran sair da orde relixiosa. 

   Garda Civil de Tráfico e policías locais aumentan esta semana os controis ,nunha campaña contra o consumo de alcohol e drogas.

A campaña faise nestas datas, previas ao nadal, que é  cando aumentan o número de festas e de reunións familiares, nas que o consumo de alcohol é habitual. (15/12/14)