Peritos xudiciais analizan, de novo, a vía do tren na curva de Angrois, en Santiago, onde descarrilou o tren hai un ano, causándolles a morte a 79 persoas. Miden o peralte da vía e o radio da fatídica curva para comprobar se cumpre cos requisitos necesarios para unha liña de alta velocidade // En Vigo a policía aumenta a vixilancia na zona da ponte dende a que se guindaron pedras a catro coches sobre a AP-9. Un dos conductores afectados viu a catro mozos despois de sufrir un impacto na parte traseira do seu coche onde viaxaba a súa filla de 11 anos // Embarcan nun buque mercante, en Vigo, 7 pezas de grandes dimensións, destinadas a un parque eólico mariño do Mar do Norte, en Dinamarca. Miden 36 metros de longo e foron encargadas pola multinacional Siemens a unha factoría galega, de Ponteareas. 26/11/14
Peritos xudiciais analizan, de novo, a vía do tren na curva de Angrois, en Santiago, onde descarrilou o tren hai un ano, causándolles a morte a 79 persoas // En Vigo a policía aumenta a vixilancia na zona da ponte dende a que se guindaron pedras a catro coches sobre a AP-9 // Embarcan nun buque mercante, en Vigo, 7 pezas de grandes dimensións. 26/11/14
Un día de tempo tranquilo no que non agardamos chuvias significativas. A última hora do día poderían rexistrarse algunhas moi débiles polo sur. 26/11/14
Día internacional contra a violencia de xénero. En Vigo 2 mil estudantes formaron este tapiz humano contra esta lacra social. Mensaxes para os máis novos neste día para que aprendan a rexeitar as condutas machistas que poden acabar en violencia contras as mulleres. Unha violencia que xa sofren moitas menores a través da rede // Galicia perde cada ano 8 mil habitantes, segundo un estudo presentado hoxe // O Presidente da Xunta pide ter en conta o problema demográfico á hora de investir os 80 mil millóns de euros que Europa destinará a investigación científica, nos próximos anos // Os pensionistas galegos cobran 137 euros menos que a media española segundo os datos que hoxe fixo públicos o ministerio de emprego. E a segunda comunidade coas pensións máis baixas despois de Extremadura. 25/11/14
Día internacional contra a violencia de xénero.En Vigo 2 mil estudantes formaron este tapiz humano contra esta lacra social. Mensaxes para os máis novos neste día para que aprendan a rexeitar as condutas machistas que poden acabar en violencia contras as mulleres. Unha violencia que xa sofren moitas menores a través da rede // Galicia perde cada ano 8 mil habitantes, segundo un estudo presentado hoxe // O Presidente da Xunta pide ter en conta o problema demográfico á hora de investir os 80 mil millóns de euros que Europa destinará a investigación científica, nos próximos anos // O presidente da Deputación de Lugo compareceu voluntariamente no pleno do organismo provincial para dar explicacións sobre o rexistro xudicial de 11 horas dentro da deputacion dirixido pola xuíza Pilar de Lara. Jose Ramón Gomez Besteiro subliñou a colaboración prestada polos funcionarios dos departamentos investigados. 25/11/14
Día internacional contra a violencia de xénero. En Vigo 2 mil estudantes formaron este tapiz humano contra esta lacra social // Galicia perde cada ano 8 mil habitantes, segundo un estudo presentado hoxe // O presidente da Deputación de Lugo compareceu no pleno para dar explicacións sobre o rexistro xudicial de 11 horas dentro da deputación dirixido pola xuíza Pilar de Lara. 25/11/14
Moitas nubes e pouca chuvia, salvo na Mariña, neste martes no que o máis significativo é a baixa das temperaturas. 25/11/14
A Unión Europea vai aportar 650 mil euros para construír unha nova rampla móbil de embarque de vehículos no porto de Vigo. A axuda recoñece a importancia estratéxica deste porto e servirá para potenciar a futura autoestrada do Mar, unha liña regular de mercadorías entre Galicia e Francia // Campaña da Xunta para alertar dos perigos do "sexting", o envío de fotos ou vídeos íntimos por medio do teléfono móbil. Alerta dos perigos desta actividade, cada vez máis frecuente entre os adolescentes // Pontevedra recibe un novo recoñecemento polo seu modelo urbano. Trátase do Premio Internacional Dubai, impulsado pola ONU que distingue a 12 proxectos de todo o mundo por mellorar as condicións de vida. 24/11/14
Un carballo centenario caeu no balneario de Mondariz e feriu a 4 persoas, entre elas un neno, que quedou atrapado debaixo da arbore. O Carballo derrubouse nun momento en que nin chovía nin ía vento, e sobre unha piscina exterior na que habia un grupo de persoas. Dúas seguen arestora hospitalizadas, aínda que fora de perigo // Campaña da Xunta para alertar dos perigos do "sexting", o envío de fotos ou vídeos íntimos por medio do teléfono móbil. Alerta dos perigos desta actividade, cada vez máis frecuente entre os adolescentes. Son prácticas que poden constituír un delicto de ciberacoso e, se a vítima é menor, mesmo de pornografía intantil// A Unión Europea vai aportar 650 mil euros para construír unha nova rampla móbil de embarque de vehículos no porto de Vigo. A axuda recoñece a importancia estratéxica deste porto e servirá para potenciar a futura autoestrada do Mar, unha liña regular de mercadorías entre Galicia e Francia. 24/11/14
Un carballo centenario caeu no balneario de Mondariz e feriu a catro persoas // Campaña da Xunta para alertar dos perigos do "sexting", o envío de fotos ou vídeos íntimos por medio do teléfono móbil // A Unión Europea vai aportar 650 mil euros para construír unha nova rampla móbil de embarque de vehículos no porto de Vigo. 24/11/14
Comezamos semana con ceos grises e con chuvias sobre todo polo norte onde poden ser localmente moderadas. 24/11/14
- La juez de Pokemon cree que el PP de Ourense pudo financiarse "ilícitamente"
- El exgerente asegura que así se defiende de las acusaciones de Baltar Pumar
Nas naves do estaleiro Rodman Poliships, na Ría de Vigo, trabállase xa para atender o pedido dunha empresa Chinesa, Sonangol. Son 50 embarcacións cun custe total de 25 millóns de euros. Aseguran traballo para os 155 operarios da factoría para os próximos dous anos // O Presidente da Xunta destaca o bon momento do sector da automoción galega, durante a visita á empresa viguesa GKN Driveline que ten 860 traballadores e fabrica transmisións para as principais marcas // Rexistro xudicial na deputación de Lugo. A xuíza Pilar de Lara acompañada dunha ducia de axentes da policía xudicial, dirixe a operación. Busca documentación sobre o programa KM 0 de visitas guiadas á lugares de interese da provincia lucense. 21/11/14
Rexistro xudicial na deputación de Lugo. A operación foi dirixida pola xuíza Pilar de Lara, acompañada dunha ducia de axentes da policía xudicial. Buscaban documentación sobre o programa KM 0 de visitas guiadas á lugares de interese da provincia lucense // A mesma xuíza, Pilar de Lara, tamén está a investigar se o PP de Ourense se financiou ilegalmente cando o dirixiu José Luis Baltar. Quere saber se é certo que Baltar aceptaba doazóns de empresas que non se recollían nas contas do partido. Segundo o exxerente da formación, algún ano podería ter chagado a recadar 200.000 euros // Nas naves do estaleiro Rodman Poliships, na Ría de Vigo, trabállase xa para atender o pedido dunha empresa Chinesa, Sonangol. Son 50 embarcacións cun custe total de 25 millóns de euros. Aseguran traballo para os 155 operarios da factoría para os próximos dous anos. 21/11/14
Nas naves do estaleiro Rodman Poliships, na Ría de Vigo, trabállase xa para atender o pedido dunha empresa Chinesa, Sonangol // O Presidente da Xunta destaca o bo momento do sector da automoción galega // Rexistro xudicial na deputación de Lugo. 21/11/14