Hoxe concretouse a colaboración dos estaleiros galegos coa petroleira mexicana PEMEX. A cuarta empresa mundial do sector dos hidrocarburos vai construir nas gradas viguesas de Barreras e nas ferrolás de Navantia, dous floteis, ou hoteis flotantes. O acordo acaba de ser asinado en Santiago, na presenza do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Os dous floteis suporán para os estaleiros ferroláns e vigueses un investimento de 300 millóns de euros e traballo para uns 1500 operarios en cada cidade, durante dous anos // O grupo PSA Peugeot-Citroen presentou esta mañá a nivel mundial en Hannover, en Alemaña, as novas furgonetas eléctricas Partner Galicia e Berlingo Galicia // Tres persoas faleceron nas últimas horas nas provincias de Pontevedra e A Coruña en accidentes de tráfico. Duas delas atropeladas. En Vigo,faleceu unha muller á que pillou unha moto cando cruzaba por un paso de peóns. 19/09/12
Hoxe concretouse a colaboración dos estaleiros galegos coa petroleira mexicana PEMEX. A cuarta empresa mundial do sector dos hidrocarburos vai construir nas gradas viguesas de Barreras e nas ferrolás de Navantia, dous floteis, ou hoteis flotantes // O grupo PSA Peugeot-Citroen presentou esta mañá a nivel mundial no salón internacional do automóbil de Hannover as novas furgonetas eléctricas Partner Galicia e Berlingo Galicia // Tres persoas faleceron nas últimas horas nas provincias de Pontevedra e A Coruña en accidentes de tráfico. Duas delas atropeladas. 19/09/12
Ceos pouco anubrados e temperaturas que se manteñen coma onte ou soben lixeiramente. As máximas moveranse entre os 22 graos da Coruña e os 31 de Ourense. 19/09/12
Feijóo asiste á sinatura de contratos de Pemex con Navantia e Barreras que prevén a construcción de dous buques-hotel nos estaleiros galegos.O ministro de Facenda cifra no 90% a execución dos orzamentos en Galicia.O socialista José Blanco acusa a Cristóbal Montoro de enganar ós galegos.PP,PSOE e BNG continúan coas negociacións para a celebración de debates electorais na televisión autonómica.
Muere un pescador al naufragar su embarcación cuando regresaba al puerto gallego de Muros. El barco ha chocado con una batea. Hay, además, un herido.
A traxedia volveu golpear un porto galego. Foi no coruñés de Muros onde un mariñeiro morreu e outro tivo que ser hospitalizado, logo de que a súa embarcación chocara cunha batea. Catro tripulantes foron rescatados con vida pero o quinto, Manuel Carou, de 51 anos e veciño de Porto do Son, faleceu, posiblemente víctima dun ataque cardiaco. Outro compañeiro tivo que ser atendido no hospital con hipotermia // A Xunta cuantifica en 11 millóns de euros ao mes o que aforra o sistema de saúde dende que entrou en vigor o novo método de prestación farmacéutica que modifica o sistema de pago por medicamentos // Factoría Naval de Marin podería reiniciar en breve a reparación de buques. Tras 2 anos de fonda crise, que puxo mesmo en risco a sua supervivencia , a compañía pechou con Xunta, bancos e proveedores o acordo que desbloquea o pago da débeda ás empresas auxiliares. 18/09/12
Seguen baixando as temperaturas nun día no que a maís das nubes poderemos ter algunhas chuvias débiles que xa mañá practicamente desaparecerán. 18/09/12
A traxedia golpeou o porto coruñés de Muros onde un mariñeiro morreu e outro tivo que ser hospitalizado, logo de que a súa embarcación chocara cunha batea. Catro tripulantes foron rescatados con vida pero o quinto, Manuel Carou, de 51 anos e veciño de Porto do Son, faleceu // A Xunta cuantifica en 11 millóns de euros ao mes o que aforra dende que entrou en vigor o novo método de prestación farmacéutica.
Factoría Naval de Marin podería reiniciar en breve a reparación de buques. Tras dous anos de fonda crise. 18/09/12
Un mariñeiro,veciño de Portosín,faleceu ó choca-lo seu barco contra unha batea na ría de Muros.Outro tripulante resultou ferido.O grupo radical ADAI reivindicou o ataque con cóctel molotov contra o Club Financeiro de Vigo.PP,PSOE e BNG negocian as condicións dos debates electorais da próxima campaña.O partido de Feijóo amósase partidario de debates a dúas bandas e a oposición asegura que non porá impedimentos.Galicia viviu o verán máis frío dende 1978.Falamos coa escritora e academíca chairega Margarita Ledo Andión,que ven de inaugurar en Vilalba un novo treito literario do Paseo dos Soños
- El pesquero embistió la zona de bateas por causas que aún se desconocen
- El herido grave ha sido hospitalizado en Santiago de Compostela
A policía nacional investiga o novo acto violento perpetrado a pasada madrugada en Vigo. Foi o lanzamento de cócteles molotov á sede do Club Financieiro. As forzas de seguridade consideran coma a hipótese máis probable que se trate da obra de grupos independentistas e teña relación coa detenciòn na cidade, esta fin de semana, de catro mozos vencellados a Resistencia galega. Os investigadores cren que os explosivos que levaban dous dos detidos ívan ser utilizados en atentados na campaña electoral // 145.000 alumnos volven hoxe ás clases nos institutos de Galicia. Son 700 menos entre ESO e bacharelato. Tamén comezan o curso os estudantes de F.P. na que se incrementou a oferta en 2.600 prazas e con 27 títulos máis que o ano anterior // Comeza na Audiencia Provincial de Ourense o xuízo contra Javier Cruz, o mozo de Toén que supostamente matou a Laura Alonso esganándoa. 3 anos despois segue mantendo que non tiña intención de matarla. Un xurado popular terá que dictaminar o seu grao de culpabilidade. 15/09/12
A policía nacional investiga o novo acto violento perpetrado a pasada madrugada en Vigo. Foi o lanzamento de cócteles molotov á sede do Club Financieiro. As forzas de seguridade consideran coma a hipótese máis probable que se trate da obra de grupos independentistas e teña relación coa detenciòn na cidade, esta fin de semana, de catro mozos vencellados a Resistencia galega // 145.000 alumnos volven hoxe ás clases nos institutos de Galicia. Son 700 menos entre ESO e bacharelato. Tamén comezan o curso os estudantes de FP // Comeza na Audiencia Provincial de Ourense o xuízo contra Javier Cruz, o mozo de Toén que supostamente matou a Laura Alonso esganándoa. 15/09/12
Mudou o tempo despois dunha fin de semana na que moitos aproveitaron para ir as praias. Hoxe o máis destacado é o descenso das temperaturas sobre todo as máximas. Na costa rondarán os 23 graos e no interior os 27. 15/09/12
Trasladan a Madrid ós catro indenpendentistas detidos en Vigo,que preparaban un inminente atentado con dúas bombas.O quinto detido quedou en liberdade por falta de indicios.O xuizo polo "crime de Toén" senta no banco dos acusados a un home que confesou ter esganado á súa ex-moza,no 2009.Nova protesta da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, coincidindo co inicio do curso escolar.Os sindicatos de Renfe consideran abusivos os mínimos fixados para a folga de hoxe contra a liberalización do servizo ferroviario.Arranca en Lugo a 34ª edición da Semana de Cine de Autor,que inclúe un ciclo adicado á radio
- Dos de ellos trasladaban una mochila con artefactos explosivos
- Podrían ser el relevo de la estructura operativa de la banda
O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, é o noso convidado na "entrevita do domingo" en RNE-G. Jorquera insiste en que Feijóo adiantou as eleccións galegas seguindo o ditado de Rajoy.O candidato nacionalista di que ó PP interésalle celebralos comicios antes de dar a coñecer novos recortes
La policia nacional ha detenido a dos personas en Vigo. Son presuntos independentistas radicales, que podrían incluso llevar explosivos. Uno de los detenidos estaba en el parque Castrelos, en un aparcamiento frente al pazo Quiñones de León. La policía ha revisado los bajos de los vehículos que estaban aparcados allí ante la posibilidad de que alguno tuviera explosivos. Poco después, en un domicilio particular, era detenido otro sospesochoso. Ambos están ya en dependencias policiales. Se han tomado huellas y recogido pruebas. La Policía Local ha colaborado impidiendo el paso de vehículos al parque de Castrelos en todos sus accesos, así como la subida al Pontillón. El aparcamiento del Pazo ha quedado precintado. Muchas personas que llegaron al parque para pasar la tarde se vieron sorprendidas porque después no podían regresar a recoger sus vehículos.
A escritora Fina Casalderrey protagoniza hoxe o noso tempo da entrevista.A autora pontevedresa,Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996, reflexiona acerca do que supón escribir libros para a xente nova
Laureno Oubiña seguirá en libertad hasta que se resuelva el recurso que ha presentado contra su última condena, 4 años de cárcel por blanquear dinero. En declaraciones en exclusiva a TVE, el narco gallego asegura que no tiene intención de fugarse.
Laureano Oubiña seguirá en liberdade. Así o decidiron os maxistrados da Audiencia Nacional que examiraon o recurso presentado pola fiscalía que pedía o seu reingreso na cadea despois da última sentenza coñecida esta semana. O narco arousán foi condenado a máis de catro anos de cadea por branquear cartos procedentes do narcotráfico. Asegura que non pensa fuxir // Nova protesta dos gandeiros polos baixos prezos que están a cobrar polo leite. Reclaman axuda ás administracións para evitar o peche de explotacións // Máis de catro millóns de turistas visitaron Galicia no que vai de ano. Este sector xa supón o 11% do noso PIB e dá emprego a máis de 100.000 persoas // Hoxe constituiuse o Consello Galego do Turismo co obxectivo de mellorar a cooperación entre todolos eidos implicados. 14/09/12