Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O sector do mar reclama que se lle aplique ao peixe só o 4 por cento de IVE. // A demanda colectiva presentada pola Fiscalía de Galicia contra Novagalicia Banco polas preferentes segue adiante malia que o xulgado que leva o caso presentou un auto contra ela. // O ministro de Industria garante que Alcoa disporá unha tarifa eléctrica competitiva para Alcoa. // Alberto Núñez Feijóo cualifica de compromiso sen precedentes o acordo acadado na Conferencia de Presidentes autonómicos. // Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. 03/10/12

Carlos Varela anuncia a presentación dun recurso contra o auto xudicial que rexeita a demanda da fiscalía.

As principais organizacións do sector pesqueiro reclaman un ive superreducido. Satisfacción da flota de cerco ó reabrirse a campaña do xurelo. Televisión española emitirá un ciclo de cine árabe en colaboración co Festival Amal.

Inaugúrase en Vigo a feira Conxemar. // O paro rexistrado aumenta en 2.106 persoas en Galicia durante o mes de setembro. // Entra en vigor un plan para mellorar a resposta en casos de contaminación mariña no litoral galego. // A campaña de vacinación fronte á gripe será entre finais de outubro e mediados de decembro. // /Doce sumillieres compiten por representar a Galicia no campionato de España. 02/10/12

Inaugúrase en Vigo a feira Conxemar, a reunión empresarial anual que maior volume de negocio xera en Galicia. Empresas e institucións de China, 500 expositores de más de trinta países veñen aquí a vender e a comprar produtos da pesca e a acuicultura. // O paro rexistrado aumenta en 2.106 persoas en Galicia durante o mes de setembro. Un incremento do 0'8, debido sobre todo o remate da temporada de verán no sector servizos. // Dez anos despois da marea negra do Prestige hoxe entra en vigor un plan para mellorar a resposta en casos de contaminación mariña no litoral galego. // A campaña de vacinación fronte á gripe vai ser este ano en Galicia entre finais de outubro e mediados de decembro. // /Doce sumillieres compiten por representar a Galicia no campionato de España. 02/10/12

Inaugúrase en Vigo a feira Conxemar. // O paro rexistrado aumenta en 2.106 persoas en Galicia durante o mes de setembro. // Entra en vigor un plan para mellorar a resposta en casos de contaminación mariña no litoral galego. // A campaña de vacinación fronte á gripe será entre finais de outubro e mediados de decembro. // /Doce sumillieres compiten por representar a Galicia no campionato de España. 02/10/12

Intervalos nubrados con algunhas choivas illadas, máis probables na metade Oeste. Vento frouxo do Oeste, con intervalos moderados no litoral da Coruña.

Temperaturas mínimas en ascenso entre lixeiro e moderado. As máximas seguirán sen cambios significativos ou terán un lixeiro descenso. 02/10/12

O paro aumento en setembro en Galicia en 2.106 persoas. O PP rexeita a comparecencia da Xunta no Parlamento para falar das xestións sobre as preferentes e Alcoa. Alberto Núñez Feijóo participa na conferencia de presidentes mentre a oposición o acusa de actuar como delegado de Rajoy. Profesores e estudantes das escolas artísticas piden a homologación dos estudos cos universitarios.

Milleiros de embarcacións comezaron hoxe nas rías galegas a campaña libre de marisqueo. // Alberto Núñez Feijóo defende en Madrid os presupostos do Estado. Pachi Vázquez, contra o copago nos medicamentos. // Xuízo a dous ex tenentes de alcalde nacionalistas deOurense imputados nun suposto caso de corrupción. // O Real Madrid golea ao Deportivo da Coruña e o Celta que perde ante o Granada. // Unha biografía de John Balan aos catro anos da súa morte. 01/10/12

Milleiros de embarcacións comezaron hoxe nas rías galegas a campaña libre de marisqueo. A primeira xornada de faena estivo marcada na ría de Arousa pola ausencia de berberecho e pola escasas capturas de ameixa. // Alberto Núñez Feijóo defende en Madrid os presupostos do Estado para o ano que ven. Pachi Vázquez promete suprimir o copago nos medicamentos se gaña o día 21. // Os dous ex tenentes de alcalde nacionalistas do concello de Ourense imputados nun suposto caso de corrupción negan no xuízo ter colaborado nunha trama para intentar beneficiarse da explotación comercial duns paneis publicitarios. // O Real Madrid golea ao Deportivo da Coruña. E derrota tamén para o Celta que perdeu dous a 1 fronte ao Granada. // Publícase unha biografía de John Balan aos catro anos da súa morte. 01/10/12

Bancos de néboa pola mañá en comarcas do interior, ceos pouco nubrados ou despexados a primeiras horas e un aumento de nubes de oeste a este ao avanzar o día. Ventos frouxos con dirección variable, tomando compoñente oeste co paso das horas. Temperaturas sen cambios importantes, con algúns descensos lixeiros das máximas. 01/10/12

Milleiros de embarcacións comezaron hoxe nas rías galegas a campaña libre de marisqueo. // Alberto Núñez Feijóo defende en Madrid os presupostos do Estado. Pachi Vázquez, contra o copago nos medicamentos. // Xuízo a dous ex tenentes de alcalde nacionalistas deOurense imputados nun suposto caso de corrupción. // O Real Madrid golea ao Deportivo da Coruña e o Celta que perde ante o Granada. // Unha biografía de John Balan aos catro anos da súa morte. 01/10/12

O Presidente da Xunta rexeita cambiar o modelo territorial. Mariano Rajoy, que o presentou nunha conferencia en Madrid, destacou a súa valentía contra a crise. Os mariñeiros que faenaban en Mauritania podería recibir este mes as axudas polo amarre obrigatorio da flota.

Socialistas e nacionalistas non concretaron o futuro do pacto de goberno que apoiaba ata agora ao Alcalde de Ourense. A concellleiera socialista Marga Martín exercerá de alcaldesa en funcións // O Presidente da Xunta asegura que os contratos asinados con PEMEX para a construcción de dous floteis en Navantia e Barreras teñen plena vixencia // O Deportivo enfróntase nesta xornada de liga ao Madrid e o Celta viaxa a Granada. 28/09/12 .

Compás de espera na gobernación do Concello de Ourense. Socialistas e nacionalistas non concretaron o futuro do pacto de goberno que mantiña ata agora a Francisco Rodríguez coma rexidor e que demitiu a raíz da súa imputaciòn no caso ¿Pokemon¿. A concellleira socialista Marga Martín exercerá de alcaldesa en función ata a elección de novo alcalde // O Presidente da Xunta asegura que os contratos asinados con PEMEX para a construcción de dous floteis en Navantia e Barreras teñen plena vixencia e que as dúbidas espalladas por algúns medios se refiren a que se están axustando características técnicas das construcción. Os grupos da oposición piden que se fagan públicos eses contratos // O Deportivo enfróntase nesta xornada de liga ao Madrid e o Celta viaxa a Granada. 28/09/12

Socialistas e nacionalistas non concretaron o futuro do pacto de goberno que apoiaba ata agora ao Alcalde de Ourense. A concellleiera socialista Marga Martín exercerá de alcaldesa en funcións // O Presidente da Xunta asegura que os contratos asinados con PEMEX para a construcción de dous floteis en Navantia e Barreras teñen plena vixencia // O Deportivo enfróntase nesta xornada de liga ao Madrid e o Celta viaxa a Granada. 28/09/12 .

O presidente da Xunta lanza unha mensaxe de tranqulidade ós estaleiros e insiste en que os contratos con Pemex "están selados".Oposición e sindicatos pídenlle a Feijóo que mostre os contratos coa petroleira mexicana.Javier Gurruchaga e Yolanda castaño conducirán a gala solidaria "A Coruña,cidade sen fronteiras",que se celebrará hoxe no coruñés Teatro Colón