As olladas e céntranse no Alcalde de Ourense. O socialista Francisco Rodríguez presidiu hoxe o Pleno da capital ourensá sen a presenza da tenente de Alcalde, do BNG, logo de que o Consello Local da formación nacionalista pedira a demisión do Alcalde, a raíz da súa imputación no caso Pokemon.O outro alcalde imputado, o coruñés de Boqueixón, do PP, non acodiu esta mañá á sede do Concello.
Dous accidentes na Avenida de Alfonso Molina complicaron moito o tráfico de entrada á Coruña a primeira hora da mañá. 24/09/12