Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Laureano Oubiña seguirá en liberdade. Decidírono os maxistrados da Audiencia Nacional que examiraon o recurso presentado pola fiscalía que pedía o seu reingreso na cadea despois da última sentenza que condenou ao narco arousán a máis de catro anos de cadea por branqueo de capitais // Nova protesta dos gandeiros polos baixos prezos que están a cobrar polo leite. Reclaman axuda ás administracións para evitar o peche de explotacións // Máis de catro millóns de turistas visitaron Galicia no que vai de ano. Hoxe constituiuse o Consello Galego do Turismo. 14/09/12

Moitos xa preparan o bañador porque ademais de sol esta fin de semana teremos calor. As previsións dín que para mañá as temperaturas subirán ata os 30 graos en moitos puntos da costa e ata os 35 no interior Galicia. 14/09/12

A Xunta sinala que o nivel de endebedamento está por debaixo da media estatal.Feijóo destaca que Galicia é unha das comunidades capaces de coloca-la débeda pública nos mercados nacionais e internacionais.Pachi Vázquez di que o paro medra o dobre en Galicia ca en España e que a situación non é tan boa como quere facer ver Feijóo. A Audiencia Nacional deixa libre,con medidas cautelares, a Laureano Oubiña.Jesús Vázquez,Raquel Arias e Beatriz Mato,cabezas de cartel do PPdG xunto a Feijóo,que repite por Pontevedra.O escritor Agustín Fernández Pazo,premio Ramón Piñeiro Facer País.

O Banco de alimentos de Vigo é un dos máis antigos de España. Os seus responsables amosaron a satisfacción pola concesión do Premio Príncipe de Asturias da concordia 2012 á Federación que os agrupa. Coa crise duplicouse a demanda de axuda alimentaria aos máis necesitados // O Consello da Xunta destina máis de dez millóns de euros á promoción publicitaria da furgoneta eléctrica que fabrica a planta de PSA Peugeot Citroën de Vigo. Tamén aprobou o cesamento de altos cargos que se van presentar ás eleccións // Comenza na Audiencia Nacional o xuízo contra once galegos acusados do secuestro e asesinato do mozo arousán Fernando Caldas, no verán de 2004. A Fiscalía sosten que eran membros dunha rede de narcotraficantes, e temían que a conducta ostentosa da vítima os delatase. 13/09/12

O Banco de alimentos de Vigo é un dos máis antigos de España. Os seus responsables amosaron a satisfacción pola concesión do Premio Príncipe de Asturias da concordia 2012 á Federación que os agrupa // O Consello da Xunta aproba destinar máis de dez millóns de euros á promoción publicitaria da furgoneta eléctrica que fabrica a planta de citroen de Vigo // Comenza na Audiencia Nacional o xuízo contra once galegos acusados do secuestro e asesinato do mozo arousán Fernando Caldas, no verán de 2004. 13/09/12

Os ceos nubrados desta mañá irán quedando despexados conforme pasen as horas. As temperaturas serán moi semellantes ás de onte. O tempo anticiclónico manterase durante as vindeiras xornadas. 13/09/12

Feijóo confirma a destitución de sete altos cargos da Xunta para incorporalos ás listas do PP.Baltar asegura descoñecelos motivos que levaron a Feijóo a demorala presentación dos cabezas de lista."Crompromiso por Galicia" incopora á súas filas ó exsocialista vigués Miguel Barros.As entidades intervidas polo FROB,entre elas NCG,recibirán axudas públicas en novembro.Xulgan a once galegos en relación coa desaparición do arousán Fernando Caldas.Falamos coa escritora luguesa Luisa Castro,nova directora do Instituto Cervantes en Nápoles.Bemposta acollerá o sábado un festival-homenaxe ó Padre Silva,fundador da Cidade de los Muchachos.Entre os participantes:Luis Tosar,co seu grupo Di Elas,e Toñito de Poi

Día de volta ao cole en toda Galicia.

Máis de douscentos mil nenos de infantil e primaria regresaron hoxe as aulas. O número de alumnos por clase segue a ser o terceiro máis baixo de España: case 21 nenos por aula cando a media está nos 24.

Uns 90 mil destes nenos collerán todos os días o autobús para ir á escola e 65 mil xantan diario gratis nos comedores escolares

Pais e alumnos da montaña de Lugo e Ourense manifestáronse en Santiago para protestar polo que califican de recortes no ensino público. Pídenlle á Xunta que non suprima unidades nin elimine profesorado nos colexios do rural.

O Museo do Pobo Galego cumpriu xa 35 anos. O Presidente da Xunta visitouno hoxe e lembrou que as súas coleccións desminten tópicos sobre os galegos coma o da insolidariedade. (12/09/12)

Día de volta ao cole en toda Galicia.

Máis de douscentos mil nenos de infantil e primaria regresaron hoxe as aulas.

Uns 90 mil destes nenos collerán todos os días o autobús para ir á escola e 65 mil xantan gratis nos comedores escolares.

Pais e alumnos da montaña de Lugo e Ourense manifestáronse en Santiago para pedirlle á Xunta que non suprima unidades nin elimine profesorado nos colexios do rural. (12/09/12)

Hoxe seguirá ainda algunha nubosidade no extremo norte da Comunidade. No resto ceos máis despexados e temperaturas relativamente altas. Mañá continuará ainda esa nubosidade no Norte, especialmente na Mariña de Lugo. (12/09/12)

Volta ó "cole" para 200.000 nenos de infantil e de primaria, 2.000 máis ca o ano pasado.Centos de persoas secundan a manifestacións de pais e alumnos do rural galego contra os recortes en Educación.O conselleiro Jesús Vázquez di que as protestas están politizadas.Delegados de Navantia continúan pechados no concello de Ferrol en demanda de carga de traballo.Os prezos suben en agosto 7 décimas en Galicia,unha máis ca no conxunto do estado.Comezan os preparativos para o xuizo do Prestige,que se celebrará en Expocoruña a partir do 16 de outubro.

A confección das listas para concorrer aos comicios galegos ocupa estes días aos principais partidos.

Os Socialistas Galegos aprobaron as súas e deixaron fora a históricos do Pazo do Hórreo coma Francisco Cerviño ou Lage Túñas.

No BNG Carlos Aymerich encabezará a lista de Pontevedra e Francisco Jorquera a da Coruña

Esquerda Unida e o grupo nacionalista de Xosé Manuel Beiras terán que decidir hoxe as siglas ás que se acollen.

O Partido Popular asegura non ter ninguna dificultade para elaborar as súas candidaturas, nun prazo que remata a semana que vén.

A fiscalía do Tribunal Superior de Galicia e mais o SERGAS van colaborar na investigación dos casos de agresións aos profesionáis da saúde

Laureano Oubiña, o historico narcotraficante, terá que volver ó carcere, de onde acababa de sair hai só mes e medio. A Audiencia Nacional condenouno por un delito de branqueo de cartos. (11/09/12)

Unha fronte fría pouco activa vai afectar hoxe a Galicia, deixando os ceos anubrados con algunhas precipitacións débiles dispersas, menos probables no Sueste, e que tenderán a remitir pola tarde.

O vento soprará frouxo de dirección variable. As temperaturas mínimas subirán e as máximas seguirán sen moitos cambios. (11/09/12)

A confección das listas para concorrer aos comicios galegos ocupa estes días aos principais partidos.

Esquerda Unida e o grupo nacionalista de Xosé Manuel Beiras terán que decidir hoxe as siglas ás que se acollen.

A fiscalía do Tribunal Superior de Galicia e mais o SERGAS van colaborar na investigación dos casos de agresións aos profesionáis da saúde

Laureano Oubiña, o historico narcotraficante, terá que volver ó carcere, de onde acababa de sair hai só mes e medio. (11/09/12)

O presidente da Xunta asegura que nas próximas semanas haberá construcción de "barcos ou dique flotante" para Navantia.Traballadores do estaleiro manifestáronse polas rúas de Ferrol logo de que Navantia desbotase contruilo dique flotante a curto prazo.Viaxe de Pachi Vázquez a Estrasburgo para coñecer de primeira man cómo afectarán a Galicia as reformas agrícola e pesqueira.A Fiscalía e o Sergas colaborarán para evitar ataques a profesionais da sanidade.No que vai de ano foron agredidos un cento de sanitarios.Morre unha peregrina atropelada en Lalín. Cúmprense dez anos da morte do dramaturgo e actor teatral Roberto Vidal Bolaño,que será homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013.Uxía estreará o xoves no Teatro Colón de A Coruña un disco adicado ó poeta lugués Manuel María

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente xa tén coñecemento oficial das demandas da pesca galega de cara á reforma da política europea do sector // Entregoullas este mediodía, en Vigo, o Presidente da Xunta ao Secretario Xeral do Departamento, Carlos Dominguez. Inclúen a eliminación de cotas e topes de capturas. A entrega levouse a cabo durante a Conferencia Mundial das Conservas de peixe e mariscos, que reúne en Vigo a empresas de 22 paises que concentran o 90% da producción mundial // O presidente da Xunta defende o rigor que aplicou na súa xestion e presentou a Galicia coma modelo para o conxunto de Comunidades Automomas // O lider e candidato dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, expresou no Comité Federal o seu desexo de que as eleccións de outubro supoñan un cambio de tendencia en toda España // A portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón pide a reunión da Permanente para debater a crise do sector naval. 10/09/12

O Ministerio de Agricultura xa tén coñecemento oficial das demandas da pesca galega de cara á reforma da política europea do sector. Inclúen a eliminación de cotas e topes de capturas foron aprobadas polo Consello Galego de Pesca. En Vigo celébrase a Conferencia Mundial das Conservas de peixe e mariscos, que reúne a empresas de 22 países // O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo defende o rigor que aplicou na súa xestion e presentou a Galicia coma modelo para o conxunto de Comunidades Automomas // O lider e candidato dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, expresou no Comité Federal o seu desexo de que as eleccións de outubro supoñan un cambio de tendencia en toda España e a portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón pide a reunión da Permanente para debater a crise do sector naval. 10/09/12