Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Enfermeiros e Médicos súmanse as c´riticas pola decisión da Xunta de reforzar os PACS da area sanitaria de Pontevedra -O salnes, que non teñan médicos, só con profesioanis de enfermeiría

Boas Tardes

A Autopista do Atlántico ten unha das peaxes máis caras e aínda van subir máis en xaneiro. En concreto un 9% máis. Con esta previsión, por exemplo, ir da Coruña a Vigo xa custará máis de 19 euros

Os colexios profesionais de médicos e enfermeiros súmanse ás críticas polos PACs sen médico.

Dende o de enfermaría denuncian que unha medida deste calibre hai que consensuala co sector, e falan de improvisación. E o presidente do Colexio de Médicos insiste en que a solución á falta de médicos pasa por mellora-la estabilidade e as retribucións.

Non concorda o conselleiro, que insiste en aumenta-la formación de médicos. E asegura que os cursos ó persoal de enfermería xurdiron dunha petición deste persoal

- O sergas vai realizar un ensaio coa vacinación de nenos contra a gripe en Santiago.

Hoxe mesmo o SERGAS vai enviar a 3.300 nenos unha mensaxe nas que os convida a acudir a esta cita que terá lugar o sábado á tarde e o domingo á mañá.

- No xuízo polo accidente do tren Alvia, unha das testemuñas declarou que non chegou a abordarse o escrito do xefe de maquinistas de Ourense.

José Ramón Iglesias Mazaira propoñía colocar sinais específicas na entrada de Santiago por mor da redución brusca de velocidade.

- O BNG considera indecente que a peaxe da Autopista do Atlántico poida subir un 9 por cento en xaneiro.

En Colectivo, que ten presentada unha demanda pola ampliación da concesión, lembra que a AP-9 está máis que amortizada.

- O conselleiro de Sanidade asegura que non hai risco para a saúde das persoas no fume que sae da combustión do cereal almacenado na antiga nave de Pontesa.

Veciños das zonas limítrofes quéixanse de problemas respiratorios e amosan a súa preocupación pola posible presenza de amianto no aire.

Deportes. pola tarde vanse manter as chuvias, máis intensas e persistentes na fachada atlántica.

Críticas no colectivo médico a decisión da Xunta de reforzar con persoal de enfermaría aquelas urxencias extrahospitalarias que non teñen médico. O presidente da Xunta di que non é solución pero defendea como medida puntual.

Ata dentro dun ano non se poderá cruzar Pedrafita pola A-6. No segundo semestre de 2023 o ministerio conta abrir o viaducto en dirección a Madrid, o que caeu tardará un ano máis.

De momento, o ministerio da liberdade ós transportistas para cruzar por Pedrafita no caso de que non sexa viable o desvío provisional,

Nos deportes, en fútbol hoxe sorteo da seguinte ronda da copa da que están pendentes Arenteiro, ó que lle tocará un primeira, Pontevedra e Celta.

No tempo. Cara a tarde prevense chuvias intensas no sur e oeste da comunidade. Tamén fortes refachos de vento e actívase un aviso laranxa no mar por ondas de 5 a 6 metros. Amplíannos datos nun momento desde meteogalicia. antes vexamos cal é agora a situaicón nas principais cidades.

Os problemas na sanidade volver abrir esta xornada de martes. Malestar entre o sector sanitario ante a medida da Xunta de reforzar os puntos de asistencia continuada sen médicos da area sanitaria de Pontevedra O salnés con profesionais de enfermeiria. Malia que a xunta apunta a que é unha medida puntual, o sector e a oposición cualifícana de inaceptable

Inaceptable, kafkiano e perigoso. Son algúns dos cualificativos que recibe a idea exposta nas últimas horas polo xerente da área sanitaria de Pontevedra de abrir os PACs ó público só con persoal de enfermeiría, ós que ofrecerán un cursiño de 3 horas. Dende Sos Sanidade critican que se trate así de normalizar unha situación excepcional e xa grave de por sí. A confederación estatal de sindicatos médicos advirte de que pode ter consecuencias graves pros doentes. O presidente da Xunta di que será unha solución puntual, non definitiva, e que seguen traballando co goberno central pra cosneguir médicos abonda pra evitar estas situacións

Prestige, 20 anos despois

Haberá outra marea negra?

  • Cada día, un cento de mercantes circulan polo corredor marítimo fronte á costa galega
  • Os protocolos deixan en mans da Mariña Mercante as decisións sobre os buques con problemas
Prestige, vinte anos despois

Haberá outra marea negra?

Cada día, un cento de mercantes circulan polo corredor marítimo fronte á costa galega. Os protocolos deixan en mans do director xeral da Mariña Mercante a decisión última sobre que facer cun buque con problemas