Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os sindicatos piden que se incrementen os recursos para a sanidade pública.
Cadrando coa tramitación dos orzamentos, esta mañá manifestáronse diante do Parlamento para pedir que se manteñan os contratos realizados para facer fronte á pandemia.

A CIGA rexeita o paro convocado pola patronal do transporte.
Considera que non hai nada nas demandas dos empresaros que teñan que ver cos dereitos dos traballadores e que responde a unha loita polo mercado do transporte por estrada.

Os tres acusados de transportar ata Galicia nun submarino tres toneladas de cocaína, recoñecen a súa participación nos feitos.
É un galego e dous ecuatorianos. Levan no cárcere desde 2019. O xuizo comezou hoxe na Audiencia provincial de Pontevedra.

Comenzou a campaña da vieira.
Os primeiros barcos confirman as boas previsións, hai moita cantidade e de bo tamaño.

O tempo. Mantense a influencia do anticiclón. A pouco máis dunha semana para o comezo do inverno as temperaturas máximas aínda rondan os 18 graos.

Non melloran os indicadores da pandemia da covid na provincia.
Continúan aumentando os casos activos. Os infectados superan xa os 2.800.
Tamén aumenta o número de hospitalizados: tanto en coidados intensivos como en planta.
Este luns, hai 55 persoaas ingresadas.
Os contaxios baixaron algo na última xornada, pero seguen por riba dos 200 diarios.


--- Mobilizacións en cinco localidades da provincia para denunciar a proliferación de parques eólicos e defender as montañas


--- O concelo de Cambre pon en marcha este luns unha campaña de control do transporte escolar. Ten como obxectivo velar pola seguridade dos estudantes.

--- Deportes. O Deportivo segue lider. Os coruñeses son o equipo menos goleado das tres primeiras categorías do fútbol español.


--- No tempo da entrevista, falaremos con Teresa Vázquez, representante de Plataforma por un transporte público de calidade para Ferrol e comarca.

Esta sexta onda da pandemia do coronvairus non remite e xa comeza a preocupara a Sanidade a presión hospitalaria nas áreas de Vigo e Ourense, pero non hai cambios nas restriccións que únicamente se apoian no uso do pasaporte COVID.

Este luns destacamos tamén o inicio do xuizo polo caso do narcosumariño. Un batiscafo que trouxo desde sudamérica ata a ría de Aldán tres toneladas de cocaína. E estamos pendentes de Bruxelas das negociacions das contas pesqueiras: pártese de recortes importantes, pero de momento hai duas boas noticias para a pesca de xurelo ó sur de fisterra e o bacallau ártico.

O tempo...a pouco máis dunha semana para o comezo do inverno hoxe aínda chegaremos ós 18 ou 19 graos.

Soben as hospitalizacións por coronavirus. ASumentan en coidados intensivos e tamén en planta.
Hoxe hai ingresadas 273 persoas, das que 48 están na UCI.
Os casos activos seguen medrando. As persoas infectadas de covid superan as 11.600.
Sí baixan algo os contaxios.
Volven estar por debaixo de 1.000.

Concentración en Moaña para pedir a recuperación dqas urxencias e demandar unha atención primaria de calidade .

Mañá comeza na Audiencia de Pontevedra o xuizo polo caso do narcosubmarino interceptado na ría de Aldán... con 3.000 quilos de cocaína. Era o mes de novembro de 2019.


Deportes. En Lugo, xogan, arestora o Breogán e o Andorra.
 

Os casos activos de coronavirus superan os 11.000.
Hoxe hai, en Galicia, 11.235 persoas infectadas.
Tamén aumentan os contaxios. Máis de 1.000 nas últimas 24 horas,
Baixan as hospitalizacións. Pero aumentan en coidados intensivos. 43 doentes permanecen na UCI, un máis que onte. Xa son tres os casos da variante ómicron confirmados na nosa comunidade.

A variante ómicron da covid, detectada por primeira vez en Galicia. Son dous pacientes relacionados cunha viaxe a Africa // O aumento da incidencia dispara a demanda de probas PCR // Galicia volve rexistrar case mil novos contaxios nun día // Os transportistas galegos manteñen o apoio ao paro dos días 20, 21 e 22 // Valentina, unha nena diferente aos ollos dos demais porque ten síndrome de down. É a protagonista dunha película galega de animación que se estrea hoxe. 10-12-2021

O aumento da incidencia dispara a demanda de probas PCR // Galicia volve rexistrar case mil novos contaxios nun día e hai cinco ingresados máis nas UCI // Os transportistas galegos de mercadorías por estrada manteñen o apoio ao paro convocado para os días 20, 21 e 22 // Valentina, unha nena diferente aos ollos dos demais porque ten síndrome de down. É a protagonista dunha película galega de animación que se estrea hoxe. 10-12-2021

O aumento da incidencia dispara a demanda de probas PCR // Galicia volve rexistrar case mil novos contaxios nun día // Os transportistas galegos manteñen o apoio ao paro convocado para os días 20, 21 e 22 // Valentina, unha nena con síndrome de down, é a protagonista dunha película galega de animación que se estrea hoxe. 10-12-2021

Galicia vai quedando baixo a influencia anticiclónica, con progresiva apertura de claros pola tarde. As temperaturas, en ascenso, máis acusado nas mínimas. As máximas roldan os 15 graos. 10-12-2021

A Xunta habilitará, a partir da próxima semana nas farmacias galegas un test de balde para tóda-las familias con nenos de entre 5 e 11 anos. Así o avanzou esta mañá o presidente Núñez Feijóo durante a sesión de control do Parlamento. Tamén que a próxima semana o Sergas empezará a citar aos nenos de 9 a 11 anos. E acaba de confirmar a apariación dos primeiros casos de ómicron en Galicia

Reunión importante pro futuro de Alcoa. Desde o mediodía celébrase unha reunión convocada polo ministerio de Industria para analizar a proposta da multinacional que prevé parar a actividade dous anos sen tocar o emprego.

As industrias seguen sen lles subir o leite ós proeductores.
Unións Agrarias anuncia unha campaña para que os consumidores deixen de mercar determinadas marcas e unha manifestación para o 26 de xaneiro.

Os afortunados no sorteo do nadal igual non poden cobra-la ata despois do día 25. Os loteros ameazan con pechar entre o 22 e o 24 deste mes para demandar unha revisión do sistema de comisións.

Dobre operación contra o tráfico de drogas. En Sanxenxo foi detido o vilanovés Francisco Javier Janeiro Rodríguez, coñecido como Javillo, con seis quilos de heroína. E, en varias localidades da Coruña e Pontevedra houbo outros 11 arrestos e incautáronse 28 quilos de cocaína.