Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A continuidade da fábrica de Vestas en Viveiro podería conseguirse. Hai tres fondos de investimento interesados na factoría de Chavín. O malo é que poñen coma condición que a multinacional danesa non pare a actividade o 31 deste mes, como pretende.
Non é esta a única noticia industrial de hoxe relacionada coa Mariña. O Ministerio convocou unha reunión virtual con Alcoa para que explique os seus plans para o centro de San Cibrao.

Na Coruña, a cidade das TIC's albergará un centro para a investigación en avions non tripulados. Este xoves asinouse o convenio de cesión de espazo.

En Santiago, a vella estación de autobuses é xa parte do pasado. A Xunta agarda completar, na segunda quincena do ano que vén, a demolición.

Ferrol acomete a renovación do parque de Fontelonga, en Caranza. Ten un orzamento de cerca de 615.000 euros.
 

Hai catro meses que Galicia non rexistraba niveis tan altos de enfermos de COVID, contaxios e hospitalizacións. Hoxe reúnese o subcomité clínico, pero sanidade non prevé adoptar novas restriccións, pide que se cumpran as que están en vigor.

Hoxe imoslles contar tamén a detención dun coñecido da policía..o vilanovés Francisco Javier Janeiro Rodríguez, coñecido como Javillo, considerado o gran capo do tráfico de heroína en España...

Sobre a crise industrial, hoxe nova reunión da mesa de alcoa, mentres que a direccion de Vestas se nega a retrasar o peche da fábrica para dar tempo a que continúe coa actividade outra firma.

Deportes.... O Celta buscará hoxe en Mallorca os puntos que se escaban de Balaídos.

O tempo... empeza a xornada con chuvias pero vai ir clareando... o domingo imponse o anticiclón

Galicia superou hoxe os dez mil casos en activo de Covid, depois de sumar máis de 1.000 contaxios en 24 horas. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, valora este datos coma preocupantes e avanza que mañá se reunirá o subcomité clínico para analizar a situación.

Hoxe soupemos que hai tres fondos de investimento interesado en comprar a fábrica de Vestas de Viveiro. Pero piden que non peche o 31 de decembro. Os traballadores venno posible pero a Xunta non cre que sexa doado.

E segundo revelou o conselleiro de Medio Rural no Parlamento por primeira vez o número de incendios forestais foi menor a un milleiro.

Galicia sitúase xa en risco alto de Covid, e Os casos activos ascenden hoxe a 10.204. Un aumento da inicidencia que se debe sobre todo ao incremento 1.038 novos contaxios rexistrados nun día, a cifra máis alta dende hai catro meses. // Os incendios forestais queimaron este ano en Galicia 4.300 hectáreas de superficie, catro veces menos que a media da última década, segundo explicou o conselleiro de Medio Rural nunha comparecencia a petición propia hoxe no Parlamento. // Á espera da melloría prevista para a fin de semana, o tempo segue revolto. Hoxe está activada a alerta laranxa por fortes ondas en todo o litoral galego, e agardanse chuvias máis intensas para esta tarde // Os Susi Q' s, banda de rock and roll radicada no Carballiño, presentan o seu primeiro traballo de longa duración. Son amantes do son clásico, Con influencias do blues e o country, este sábado estarán facendo a presentación no Pub Gatos de Melide. 09-12-2021

Chega a Galicia a gran consulta de Rtve, unha iniciativa coa que a televisión e a radio públicas se achegan á sociedade para preguntar directamente aos cidadáns como queren que sexa este medio de comunicación. // Repunta da Covid, que sitúa a Galicia no nivel de risco alto, por riba da media do conxunto de España, con máis de mil novos contaxios rexistrados nun so día, unha cifra que non se acadaba dende o verán. Os casos activos superan os 10.000, anque a presión hospitalaria mantense estable. // Novo intento dos traballadores de Vestas, co apoio da Xunta e o Goberno Central para que evitar o peche da fábrica de compoñentes eólicos de Viveiro. // Valentín González Formoso, ratificado como novo secretario xeral dos socialistas galegos, integra na executiva a varios nomes afins ó seu antecesor. 09-12-2021

Chega a Galicia a gran consulta de Rtve, unha iniciativa coa que a televisión e a radio públicas se achegan á sociedade para preguntar directamente aos cidadáns como queren que sexa este medio de comunicación. // Repunta da Covid, que sitúa a Galicia no nivel de risco alto, por riba da media do conxunto de España, con máis de mil novos contaxios rexistrados nun so día, unha cifra que non se acadaba dende o verán. Os casos activos superan os 10.000, anque a presión hospitalaria mantense estable. // Novo intento dos traballadores de Vestas, co apoio da Xunta e o Goberno Central para que evitar o peche da fábrica de compoñentes eólicos de Viveiro. // Valentín González Formoso, ratificado como novo secretario xeral dos socialistas galegos, integra na executiva a varios nomes afins ó seu antecesor. 09-12-2021

Unha fronte algo máis cálida deixa hoxe, dende primeras horas, ceos cubertos e chuvias febles. Cara á noite chegará unha fronte fría que xa traerá chuvias máis intensas. Os ventos sopran moderados en xeral, con intervalos fortes en todo o litoral, con alerta laranxa por mar de fondo e ondas de máis de 5 metros. 09-12-2021

Galicia está en risco alto, e a taxa de positividade multiplica por tres o limiar que a organización mundial da saúde considera que permite controlar a pandemia. A pesar da baixa deteción de casos, hoxe rexistráronse un milleiro de novos contaxios... e son xa máis de 10 milleiros os infectados. A meirande parte están nas súas casas, atendidos por centos de saúde nos que os sanitarios están dobrando xornadas. Denuncian falta de persoal e que a Xunta os obrigue a suplir esas ausencias... Unha sobrecarga que está, segundo os médicos, detrás da decisión de moitos MIR de rexeitar ofertas de traballo na atención primaria.

O novo secretario xeral do PSDG.PSOE, o coruñés Valentín González Formoso, fai un chamamento a unidade e abre o partido a tódolos progresistas.
A alcaldesa de Lugo, lara Méndez, é a número dous do partido e o portavoz do goberno local da Coruña, José Manuel Lage Tuñas, o secretario de organización.
Os socialistas galegos comezan unha nova etapa, tralo congreso celebrado esta semana en Santiago.


--- A Asociación de inmobliarias de Santiago denuncia que pisos de aluguer turístico sen declarar en Compostela poden acadar o 80 por cento.


--- Aumentan as hospitalizacións por coronavirus na Coruña e Lugo.


--- Deportes. O equipo xuvenil do Deportivo xogará a próxima eliminatoria da Youth League, tras eliminar o Maccabi Haifa. O Burela de futbol sala feminino xa está en oitavos de final da Copa da Raíña


--- No tempo da entrevista, falaremos ca depurtada do BNG no parlamentio de Galicia Mercedes Queixas.

Os socialistas galegos inician unha nova etapa con Valentín González Formoso como secretario xeral. Encabeza un proxecto político que se merca como obxectivo o goberno de Galicia. Na nova dirección terá un peso importnte o poder local do PSdeG e no afán de pechar feridas, Formoso incorpora á executiva a persoas próximas ó secretario xeral sainte como o xa ex-presidente Xaquín Fernández Leiceaga ou os alcaldes do Carballiño e Redondela.

Da COVID, a falta de sumar o impacto da ponte, Galicia xa está no nivel alto de risco de contaxios... hoxe chegará ás 10 mil persoas coa enfermidade.

O tempo... comeza este xoves con temperaturas máis altas cando aínda contamos os danos do último temporal. Tivo consecuencias no aeroporto da Coruña. Un raio inutilizou o sistema ILS de axuda á aterraxe.

Valentín González Formoso chama a todo o partido a unirse pra recuperar peso no mapa electoral galego, co reto das elecións municipais de 2023 e as vindeiras autonómicas sinalado no seu calendario. Inicia o seu mandato ofrecendo acordos de país en materias coma emprego, servizos públicos ou industria...

O Sergas notificou nas últimas horas 8 falecementos por Covid.

Só un corresponde á última xornada, pero xunto cos que xa se notificaran estes días, a cifra de mortos dende o inicio do mes ascende a 19. Son os mesmos que en todo o mes de novembro.

Stellantis asegura o 80% da sua demanda futura de microchips cun acordo cunha firma taiwanesa. Un acordo a medio prazo pra evitar os problemas que está a causar a crise global de subministros, causa principal do novo ERTE que está a negociar para o ano que ven.

Un 40 por cento dos pisos de aluguer turístico están sen regularizar. O éxito desta alternativa de aloxamento na Comunidade, como se puido comprobar nesta ponte festiva, fai que cada día se incorporen máis propiedades. O mercado inmobiliario galego tamén sofre, por esta causa, de falta de oferta de pisos.

A chegada do AVE provoca desaxustes no tren convencional Os usuarios denuncian a supresión de frecuencias e cambios de horario que farán máis difícil chegar ó traballo ou ás clases. Reclaman ante RENFE e a Valedora do pobo.

- No tempo, segue a alerta naranxa no mar por ondas de ata 8 metros, e amarela por neve nas montañas de Lugo e Ourense.

La Xunta de Galicia espera recibir 60.000 dosis de la vacuna pediátrica de Pfizer y en la franja de edad entre los 5 y los 11 años hay 156.000 pequeños. Un tercio de estos niños podrán ser vacunados antes de Navidad. Galicia, a diferencia de otras comunidades como Extremadura, opta por recurrir a vacunódromos y no a colegios para inocular la dosis a los menores. Así lo ha confirmado Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidad de la Xunta de Galicia: "Lo hemos discutido con la consellería de Educación. Cuando la idea era que las vacunas llegaran para todos los niños a la vez, valoramos la posibilidad de ir a los colegios. En el momento en el que sabemos que solo nos va a llegar una pequeña porción -un tercio- de las dosis necesarias, ir al colegio sería ir para vacunar a unas clases sí y a otras no. Nos parece mucho más efectivo y dinámico concentrar a esos niños", explica Comesaña. "Si los repartimos en tres días o cuatro los podemos vacunar en poco tiempo. Ganamos en rapidez. Vienen con sus padres, porque tienen que tener la correspondiente autorización y el que no la tiene antes la puede firmar en el momento". Además, el conselleiro de Sanidad apunta que esto supone una facilidad a la hora de gestionar al personal sanitario que se encarga de vacunar. Sobre las posibles reticencias que puedan surgir a la hora de vacunar a los más pequeños, el conselleiro de sanidad de la Xunta, confía en que se repita la pauta que ya se siguió con el grupo entre los 12 y los 19 años: "La población gallega ha tenido un comportamiento excelente de cara a la vacunación". Comesaña aboga por aplicar una ley de pandemias a nivel estatal. "Nosotros hemos hecho una adaptación de nuestra ley de salud, ante esa ausencia de ley nacional", explica. Galicia comenzó a utilizar el certificado COVID en el mes de abril "con buen resultado", según afirma Comesaña: "Estamos contentos de seguir con una herramienta, no definitiva pero sí importante". De cara a lasfiestas navideñas, visto el aumento de casos en zonas como Vigo u Ourense, Comesaña apunta que, si fuera necesario, tendrían que endurecer las medidas.

Esta mañá estamos moi pendentes do paso da borrasca Barra. Sabemos dun par de centos de incidencias, houbo rexistros de vento de case 130 kilómetros por hora e acumulacións de choiva de 90 litros. O peor está no mar onde hai alerta laranxa.

Este mércores ven a Santiago o presidente do goberno. Pedro Sánchez clausura o congreso dos socialistas galegos do que sae novo secretario xeral o presidente da deputación da Coruña, Valentín Gonzñalez Formoso.

Por certo que o goberno de Pedro Sánchez aprobou onte no consello de Ministros partidas de 42 millóns de euros para o Xacobeo das que 16 son para Galicia, a comunidade que máis recibe