Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O pleno do concello da Coruña aproba un modificativo de crédito para o IMCE. A transferencia de crédito supera os 257.000 euros.
O PP, que votou en contra, asegura que o que lle sobra a este organismo cultural son, precisamente, cartos.

As persoas infectadas de Covid superan xa as 1.700 nas tres áreas sanitarias da provincia.

Usuarios e sindicatos denuncian aglomeracións e falta de puntualidade nos trens que unen Vigo e A Coruña a primeira hora da mañá.

Os traballadores da cafetería do aeroporto de Lavacolla reanudan hoxe a folga pola. Din que non hai avances na negociación do convenio colectivo.

Deportes. O Obradoiro ficha, por dous meses, o aleiro Edgar Vicedo. Mide 2 metros e 3 centímetros.

No tempo da entrevista, falamos co presidente do Círculo de Artesáns da Coruña, con Roberto Parga.
 

Dentro de dez días, Sanidade conta empezar a vacinar ós nenos. A comisión nacional de saúde fixará o procedemento o vindeiro martes. Agora case 3 de cada catro contaxios nos colexios prodúcense entre os alumnos de primaria que son os que non teñen a vacina.
Ademais, a Xunta prepara o terreo pra obrigar a presentar o certificado COVID en máis ámbitos: por exemplo residencias ou ximnasios.
As boas noticias son as do paro que baixou tamén en novembro, aínda que en Galicia descendeu por debaixo da media.
En pouco máis de dúas semanas comeza a actividde comercial do AVE, pero o que hai, de momento, son protestas pola modificacion de horarios no na rede de proximidde.
Deportes... O Lugo tivo que chegar ós penaltis para pasar á seguinte eliminatoria de Copa.. hoxe o sorteo.. Arenteiro e Bergntiños agardan a un primeira.
O tempo: hoxe con algún grao máis, ceo cuberto e orballo.

El Gobierno ha convalidado este jueves el nuevo impuesto de plusvalía, "un impuesto muy bien diseñado", ha señalado Abel Caballero, alcalde de Vigo y presidente de la Federación Española de Municipios y Provincias en el informativo 24 horas, donde ha reclamado, además, un fondo de compensación para los municipios. "Creo que tenemos razón cuando decimos que tenemos que tener una compensación por la disminución del ingreso que vamos a tener".

La FEMP, de hecho, tiene previsto llevar al Senado una enmienda para que los Presupuestos Generales del Estado de 2022 contemplen ese fondo. "Yo creo que sería razonable decir que sí, creo que sería una forma de atender necesidades de corporaciones locales que estamos teniendo menos atención en medio de la pandemia del que están teniendo las comunidades autónomas"., ha afirmado.

El alcalde de Vigo se muestra cauto sobre la posibilidad de que la vacuna sea obligatoria, un debate abierto por la presidenta de la Comisión Europea, Ursula Von der Leyen. "Yo soy partidario de decirle a todo el mundo que se tiene que vacunar, pero también tenemos que respetar el derecho de los que no quieren vacunarse. Es cierto que a lo mejor los no vacunados no pueden hacer según qué cosas", ha concluido.

O certificado covid volverase case indispensable en galicia.. sanidade analizará mañá aplicalo tamén en ximnasios, hospitais de dia e residencias, de momento. Xa se coñece ademais o calendario de vacinación pros nenos e os menores de 60 anos.


É unha das principais novas dunha xornada de valoración dos datos do paro, que diminue pero a menor ritmo que no conxunto do estado.


Recolleremos tamén a sentencia que confirma 5 anos de carcere pra un funcionario do concello de vigo pro prevaricacion nos contratos pra favorecer á familiar dun cargo publico.

Aínda que a gravidade das infecións non é a doutras ondas, grazas á ampla vacinación dos galegos, os positivos por COvid esténdense como unha mancha de aceite. A incidencia supera a media española, os novos contaxios son cada vez máis, e semella que moitos quedan sen detectar: a taxa de positividade está por riba do 8%. Unha situación que se reflexa en gromos nos centros escolares e nos de traballo... un estaleiro pechará en Vigo pra desinfectar e cribar a tólodos seus empregados. Teñen 70 positivos.
Para reduci-lo impacto nos colexios, o presidente da Xunta ven de dicir que agarda que o 13 de decembro poida empezar a vacinación da poboación infantil.

A cidade das TICs bota a andar tras asinar as seis institucións que participan o protocolo que fixará as responsabilidades de cada unha.

A policía municipal da Coruña suspende as concentracións na praza de María Pita tralo avance das negociacións co goberno local.

O Partido Popular cualifica de tomadura de pelo a proposta do Psoe e Marea Atlántica para crear un operador enerxético municipal.


Deportes. Deportivo e Bergantiños pasan á segunda ronda da Copa do Rey. O equipo que adestra Borja Jiménez chegou a prórroga con empate a dous no marcador.

No tempo da entrevista, falaremos co secretario xeral da Ciga, con Paulo Carril.

Sanidade non descarta ampliar a obrigatoriedade do pasaporte COVID a máis ámbitos aínda que hai expertos que cuestiona a utilidade da medida pra evitar contaxios. Considera que so serve para incentivar a vacinación.
O conselleiro García Comesaña sinala que a ocupación hospitalaria será a que determine se se poñen ou non novas restriccións.
O caso é que a incidencia en Galicia xa está por riba da media estatal e nos colexios hai mais positivos que o ano pasado por estas datas.
Hoxe tamén destacamos que a ministra de transportes arrefría as posibilidades do traspaso da titularidade da AP-9 a Galicia.
Deortes. O Arenteiro, Bergantiños e Deportivo avanzan na Copa... hoxe é o turno para o Lugo.
O tempo... levantámonos con máis frío.
 

O goberno central descarta a transferencia da AP9 a Galicia.. di que xa fixo bastante coas bonificacións...

É a última nova dunha xornada na que os casos activos nos colexios superan xa os 1000, e na que a presión hospitalario sube especialmente en Ourense... o persoal xa non da abasto...

Recolleremos tamén a delicada situacion da antiga planta de Alcoa na Coruña, Alu Iberica, que entra en concurso de acreedores, asi o declarou xa un xulgado da cidade. Pese a todo, din os expertos do BBVA que hai lugar á esperanza, que galicia recuperará a súa riqueza tras a pandemia.