Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A sexta vaga da pandemia non da signos de melloría. Ó contrario, na última xornada detectáronse máis de 700 novos contaxios, unha cifra que non se recorda dende o pico do mes de agosto. E nalgúns hospitais a presión comeza a ser insoportable. Iso denuncian as enfermeiras da planta covid de Ourense, que piden máis persoal pra denuncian que están a atender a case un terzo dos ingresados de Galicia sen un reforzo de persoal...
Dende a consellería de sanidade apoian a recomendación xeral de reduci-las reunións, pero non se estudan novas medidas.

As obras da nova facultade de Farmacia da Universidade de Santiago comezarán en 2022. Contruirase no Campus Sur


Santiago será a sede do centro de Protonterapia de Galicia, que financia a Fundación Amancio Ortega.


Deportes. Victoria de A Coruña e Racing de Ferrol, eliminados da Copa do Rey. Hoxe debutan o Deportivo o Bergantiños.


No tempo da entrevista, falaremos co periodista Iván Aguiar. Acaba de publicar o libro La génesis de Langosteira, sobre o porto exterior da Coruña.
 

A incidencia da COVID xa rebasa os 200 casos por cada 100 habitantes despois de que este martes se comunicaran outros cincocentos positivos. Hoxe comeza a acudir ós centros de vacinación o grupo de 60 a 69 pra recibir a dose de reforzo.. De momento non hai novas medidas: a Xunta non necesario impoñer novas restriccións..
Alcoa: os traballadores non aceptan a proposta da multinacional e farán unha contrproposta. E outro multinacional é noticia, Inditex ó anunciarse o relevo de Pablo Isla que será substituído por Marta Ortega. Un cambio que non foi ben recibido polos mercados.
Deportes. Na Copa, eliminados Victoria e Racing e avanza o Celta. Hoxe turno para o Deportivo, o Bergantiños e Arenteiro.
O tempo... regresan as chuvias pero a cambio subiron as temperaturas mínimas.
 

Os traballadores de Alcoa din NON á proposta da multinacional pra recuperar o 100 por cento de actividade en 2024... non ven razóns pra estar parados ata esa data e non queren ademais que a fábrica deixe fora das medidas de protección ós compañeiros das empresas auxiliares.


É unha das principais novas dunha xornada na que a incidencia da covid supera os 200 casos a 14 dias... a xunta baralla usar o certificado covid en máis ambitos ademais dos actuais pero descarta de momento mais restricións. Si as haberá en Portugal a partir de mañá, e afectan ós cidadáns galegos.

Dúbidas, preguntas e desconfianza... é o que xera entre traballadores e isntitucións o anuncio de Alcoa de que recúa na decisión de peche da factoría da Mariña... Pide a cambio un parón de dous anos, nos que só se fabricaría alúmina, e garantizaría cobertura ós traballadores. Un intento da multinacional de poñer fin á folga que lles impide vender milleiros de toneladas de aluminio, agora en prezos récord... As administracións piden probas e garantías... E os traballadores das auxiliares alertan de que eles non están cubertos....
 

Queda un mes para que se inicien os traballos de dragaxe da ría do Burgo.
Pero os 80 mariscadores afectados ainda non saben quén lles vai pagar as indeminizacións por non poder traballar. Xunta e goberno central non se poñen de acordo.
De momento, seguen dispotos a impedir o arranque das obras.



--- Aumentan as hospitalizacións por coronavirus. Hai ingresadas 46 persoas na provincia.


--- O concello de Santiago aproba a licenza para construir unha gasolinera preto da urbanización de Brandía, en Vidán.


--- A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acusa a Xunta de non investir na cidade.


--- Deportes. Día histórico para o Victoria da Coruña. As sete recibe, no estadio de Riazor, ó Vilarreal na primeira eliminatoria da Copa do Rei. Falaremos co seu presidente.

A incidencia da COVID en Galicia achégase cada vez máis á media...xa está nos 190 casos por cada 100 mil habitantes a 14 días. E nas últimas horas comunicáronse tres novos falecementos. Xa hai 5 mil persoas coa enfermidade...e aumenta a presión asistencial. De momento as medidas de control limítanse o uso do pasaporte COVID.

Portugal aclara que estarán exentos de presentar proba negativa os que crucen a fronteira por motivos laborais. Para o resto os controis serán aleatorios.

E hoxe saberemos se os traballadores de Alcoa considern aceptable a proposta da dirección de interromper a actividade dous anos co compromiso de non eliminar emprego e reactiva-la producción en 2024.

Incendio de madrugada nunha fábrica de mobles en Forcarei. Os incendios tardaron cinco horas en apaga-lo lume.

Deportes... Hoxe empezan as eliminatorias de Copa. Os primeiros en competir, o Celta., Racing e o Vitoria, que recibe ó Vila-real.

O tempo...hoxe non teremos chuvias e soben as temperaturas.