As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
Despois dunha década de obras o AVE que conectrá Galicia con Madrid é unha realidade.
A ministra de transortes, que realiza hoxe unha viaxe de probas, podería anunciar en Ourense a data na que xa se poderá viaxar no AVE a Madrid. Ourense quedará a pouco máis de dúas horas da caital.
Ven o frío, máis consumo eléctrico e para compesa-lo Endesa volve a poñer en funcinamento un dos seus grupos. Pero é unha medida circunstancial...
No parlamento, os orzamentos pasará o debate á totalidade. A maioría do PP impoñerase ás enmendas da oposición-
Deportes. O lugo sumou un punto no Anxo Carro ante o Eibar e mantense tres or riba do descenso.
O tempo.Máis frío, baixan de xeito moderado as temperaturas máximas e incluso neve en contas de entre 900 e mil metros.
Empeora a pandemia sanitaria
As persoas con coronavirus superan xa as 2.500.
Aumentan tamén as hospitalizacións.
Hai ingresadas 73 persoas con covid, das que 14 están en coidados intensivos. Son 10 máis en 24 horas
Os novos contaxios seguen por riba dos 300 diarias.
--- Esquera Unida no Porriño decide, en asemblea, presentar unha moción de censura conxuntamente co Partido Popular contra a alcaldesa socilaista Eva García de la Torre.
--- Mañá, luns, realízase a viaxe en probas do AVE entre Madrid e Ourense. A duracaión estimada é de duas horas e 15 minutos.
--- Apagón da telefonía fixa en folgoso do Courel, na montaña de Lugo. Os teléfonos de sempre deixarán de funcionar o venres día 26
--- Deportes. O Lugo recibe as catro no Anxo Carro ó Eibar, un dos aspirantes ó ascenso. O Celta só puido empatar co Vilarreal en Balaídos.
Entrevista coa Presidenta de UNICEF Comité Galicia Myriam Garabito, sobre os dereitos da infancia.
Realizada por Xosé Manuel García.
Os casos activos de coronavirus superan xa os 2.200.
Son case 300 máis que na xornada anterior. O dobre que hai unha semana.
Os novos contaxios tamén aumentan cada día que pasa.
Nas últimas 24 horas, detectaromse 361 novos positivos, 64 máis que na xornada anterior.
A taxa de positividad é de case o 10 por cento.
E, desde hoxe, está en vigor a orde da Xunta que esixe a presentación do certificado covid para poder visitar a un enfermo hospitalizado.
--- A central térmica de Endesa nas Pontes reanuda a súa actividade o próximo luns.
--- As luces de Nadal iluminarán Vigo a partir das oito e media da tarde.
--- Sen tren esta fin de semana entre Monforte e Lugo.
--- Deportes. O Celta, na procura da súa segunda victoria en Balaídos. As dúas recibe ó Vilarreal.
--- O tempo. Aproveiten. mañá volve as chuvias e baixan as temperaturas.
Entrevista co investigador e Catedrático de Historia na Universidade de Santiago de Compostela José Manuel García Iglesias, sobre as referencias Xacobeas en Galicia.
Realizada por Cruz Mato.
Desde esta medianoite aqueles que visiten a pacientes ingresados nos hospitais, ou que os acompañen durante a estancia, teñen que ensinar o certificado de vacinación. A xustiza avalou a medida, xa publicada no DOG.
É unha das últimas novas dun día no que os sindicatos gandeiros piden un boicot da poboación a empresas como Larsa ou Lactalis polos baixos prezos do leite.. elas deféndense, Lactalis ofrece diálogo
E preocupa o futuro de Stellantis.. novo ERTE pros empregados en medio da crise pola falta de materiais.
- Teñen de prazo ata maio, dentro da I Liga maker drone auspiciada pola Fundación Barrié
- Búscase fomentar as vocacións de tecnoloxía e achegar o seu uso á vida cotiá
18 colexios e institutos de Galicia terán coma reto construír un dron para agagar un incendio. Teñen de prazo ata maio, dentro da primeira liga de dron auspiciada pola Fundación Barrié de la Maza.
Devesa da Rogueira, primeiro bosque español certificado FCS, que promove a biodiversidade
- Nel non se cortan árbores para aproveitar a madeira, os comuneiros cóidana para conservala
- A Devesa atrae turismo ao Courel e agardan que tamén fixe poboación
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
O tribunal superior de Xustiza de Galicia autoriza á Xunta a esixi-lo certificado Covid pra acceder a hospitais e centros sanitarios como acompañantes. A orde exclúe desta esixencia os servizos de urxencias e as consultas externas. Os non vacinados tamén poderán acceder, se prevuamente realizan unha proba diagnóstica
Os gandeiros obrigan a varios supermercados a retirar da venda o leite de Puleva e Larsa. Inician un boicot ás marcas de Lactalis e Central Lechera Asturiana ás que acusan de non repercutir nos productores a suba nos prezos de venda.
A Xunta vai compensar ás construtoras con obra pública e que se vexan afectadas polo encarecemento dos materiais. A iniciativa pretende evitar que as adxudicatarias desistan dos encargos por non poder afronta-los sobrecustos.
AENA activou o plan de emerxencia no aeroporto de Alvedro por unha ameaza de bomba nun voo procedente de Bilbao. A incidencia foi desactivada en torno ás dez da mañá despois de que a Garda civil comprobara que se trataba dunha falsa ameaza de boma.
Un de cada tres nenos galegos está en risco de pobreza. Son datos da plataforma de organizacións de infancia de Galicia que demandan que a protección dos menores sexa eixo prioritario no uso dos fondos next generations.
A Devesa da Rogueira, en Folgoso do Courel, é o primeiro bosque español con certificado FSC, que promove valores de biodiversidade.Neste boque non se cortan árbores para aproveitamento da madeira. A xestión forestal que se fai é só para a conservación.
Preocupan os datos da pandemia do coronavirus na provincia.
As persoas que padecen a enfermidade, os casos activos, son xa 650.
Tamén aumentan os novos contaxios.
As hospitalizacións, porén, manteñense estables.
Os veciños de Brandía concentranse esta mañá diante do concello de Santiago. Protestan pola instalación dunha gasolineira no barrio.
O BNG quere que a lei de memoria democrática garanta a devolución dos bens do Pazo de Meirás.
Deportes. O Villarreal, rival do Victoria da Coruña na Copa do Rey de fúbol.
No tempo da entrevista, falamos co director dos Museos Científicos Coruñeses, con Marcos Pérez Maldonado.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
Hoxe reabren os chamados vacunódromos, os puntos de vacinacións masiva nas grandes cidades para poñer a dose de reforzo, primeiro, as persoas de entre 70 e 70 anos.
Nun momento no que aumenta a preocupación polo aumento de casos...ó ritmo actual a semana que vén xa estaremos 400 casos diarios.
Nos próximos minutos estaremos en Ourense, onde varios miles de persoas demandaron cambios na xestión da cidade. E xa están no cárcere as dúas mulleres que foran detidas por la morte dunha veciña do BArco.
Deportes....o Victoria recibirá na primeira ronda de Copa a un equipo de champións, o Vila.real.