As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
Estamos moi lonxe de cifras pasadas da pandemia. Pero ante, o aínda que lento, continuo amento de casos, sanidade non oculta a súa preocupación e comeza a adoptar algunhas medidas. A primeira será a reactivación do certificado COVID..inicialmente está previsto que sexa obrigatorio para acceder ós hospitais.
O caso Maruxaina, a gravación de varias mulleres orinando, vaise seguir investigando, segundo ordena a Audiencia provincial de Lugo en contra do criterio dun xuiz de Viveiro.
E, nos próximos minutos recolleremos as queixas de dous dos sectores máis comprometidos pola suba de prezos, o transporte e o gandeiro.
O tempo. continúa seco e soleado.
Ante o incremento de casos de covid en Galicia, mañá vaise reunir o subcomité clínico para estudar novas medidas: a primeira, será esixir certificado covid ós visitantes nos hospitais. Os grandes centros de vacinación reabrirán o venres, 19.
Hoxe, movilizacións dos gandeiros ante a fábrica de Lactalis, en Vilalba, contra os baixos prezos que lles paga a industria polo leite...
E a Audiencia de Lugo ordena reabrir o caso da festa da Maruxaina, polas grabacións a mulleres que ouriñaban na rúa e que despois foron subidas a páxinas web pornográficas.
- Tres librerías de A Coruña, Toledo y Madrid analizan el panorama literario
- El sector se enfrenta a gigantes como Amazon y otros retos como la falta de relevo generacional o la España vaciada
´Ten o tamaño dunha moeda de 20 céntimos de euro e está no proxecto do Consello da Cultura Galega para recuperar e difundir os xogos tradicionais
- En septiembre un juez no apreció delito en grabar a las mujeres orinando en la calle y subirlas a internet
- La Audiencia Provincial de Lugo pide averiguar "quién" y "cómo" obtuvo las imágenes que acabaron en webs porno
Acción conxunta de gandeiros galegos fronte a industrias lácteas. Protestan pola diferenza entre os prezos que esas compañías pagan polo leite, e a constante suba dos custes de producción, que lles impide, DIN obter unha mínima rendibilidade nas suas explotacións. // As autoridades sanitarias amosan a sua preocupación polo aumento de casos, sobre todo na cidade de Ourense, e barallan esixir o pasaporte covid para acceder a determinadas instalacións ou eventos. Anunciouno o Presidente da xunta na rolda de prensa posterior á reunión do Consello. // No Porriño, segue adiante a operación para derrocar a alcaldesa socialista Eva García de la Torre. A marca local de Esquerda Unida ten previsto sentarse mañá a negociar co PP o apoio á moción de censura. // Unha das feiras tradicionais con mais afluencia polo San Martiño é a de Teo, preto de Santiago. Unha romaría da que hai constancia dende o século XVI, e que volve á normalidade con cabalos, polbo e zocas. 11-11-2021
Música, actividades populares e ofrenda ao Santo. Así se celebra en Ourense o San Martiño a principal festa da cidade, e tamén de moitos outros puntos de Galicia, acompañada, polo tempo seco e soleado, idóneo para desfrutar os tradicionais magostos. // Os gandeiros volven facer sentir ás suas reivindicacións,nunha acción conxunta con asociacións de outras comunidades, fronte a industrias lácteas. // Os casos activos en Galicia superan xa os 900. Con 104 novos contaxios detectados, ainda que boa parte son asintomáticos. A taxa de incidencia segue a ser a metade da media do conxunto de España. // Robots de ciencia ficción que se converten en protagonistas do quirófano. É a tecnoloxía máis punteira no terreo da cirurxía, sobre a que a que se forman os 1.300 profesionais que celebran estes días na Coruña a sua reunión anual. 11-11-2021
Agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior que darán paso a ceos con poucas nubes en xeral pola mañá, entrando nubes altas pola tarde. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. 11-11-2021
Música, actividades populares e ofrenda ao Santo. Así se celebra en Ourense o San Martiño a principal festa da cidade, e tamén de moitos outros puntos de Galicia, acompañada, polo tempo seco e soleado, idóneo para desfrutar os tradicionais magostos. // Os gandeiros volven facer sentir ás suas reivindicacións,nunha acción conxunta con asociacións de outras comunidades, fronte a industrias lácteas. Protestan pola diferenza entre os prezos que esas compañías pagan polo leite, e a constante suba dos custes de producción. // Os casos activos en Galicia superan xa os 900. Con 104 novos contaxios detectados, ainda que boa parte son asintomáticos. A taxa de incidencia segue a ser a metade da media do conxunto de España. // Robots de ciencia ficción que se converten en protagonistas do quirófano. É a tecnoloxía máis punteira no terreo da cirurxía, sobre a que a que se forman os 1.300 profesionais que celebran estes días na Coruña a sua reunión anual. 11-11-2021
A suba dos prezos da luz, dos combustibles, e de moitas materias primas está a levar a algúns sectores a unha situación insostible. Hoxe eran os productores de leite os que se mobilizaban pra denunciar que as industrias están a quedar coa escasa suba dos prezos que vemos nos liñais dos supermercados. Nas vésperas de nadal serán, se non se artellan sistemas pra reduci-lo impacto da suba do gasoil, os transportistas de mercadorías, que convocan un paro patronal.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve