Informativo A Coruña 8:45 - 12/11/21 12/11/2021 15:06

Os traballadores de atención primaria continúan a denunciar a infradotación deste servizo. Sanitarios da área A Coruña-Cee concentraronse no Chuac para pedir máis medios humanos que permitan solucionar os problemas asistenciais. Din que xa o denunciaron hai dous meses sen que ata o de agora se solucionase.

--- Cunha concentración onte na Coruña e unha manifestación mañá en Santiago, os pensionistas amosan o seu rexeitamento á reforma do Ministro Escrivá.

--- Vertido de lodos na mina de Varilongo, en Santa Comba. Foi a unha balsa da canteira pero podería chegar ao Xallas.

--- A estación de Autobuses de Santiago pasa a historia. Hoxe comeza a demolición do edificio.

Más opciones