Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Dous meses despois, a pandemia alcanza datos de risco medio en Galicia. O ministerio de Sanidade acaba de actualizar os datos de incidencia: hai 53 casos activos por cada 100 mil habitantes a 14 dias.. Iso si, coa poboación vacinada, estas cifras poderían non ser suficientes pra decretar esa suba de nivel. Estamos pendentes de que o ministerio tome unha decisión ó respecto.


Principal nova dunha xornada na que miramos á Mariña. Ás doce da noite comeza a folga xeral a que están chamados todos os sectores en defensa da industria da comarca.

Recolleremos tamén a absolución do médico investigado por homicidio imprudente por saltarse unha garda na Estrada en 2018, quenda na que morreu un paciente

Los vecinos de un pequeño pueblo de Vila de Cruces, en Pontevedra, se turnan día y noche para cuidar a Lola. Es una vaca preñada que ha quedado atrapada y malherida junto a un río. Lola lleva desde el viernes atrapada en un cañón del río Deza. Y allí seguirá mientras no coja fuerzas para salir por su propio pie por un tramo con gran desnivel y rocas.

Segue a subida de casos, pero a repercusión nos hospitais non é a mesma que en anteriores vagas, grazas ó alto índice de vacinacións. Son os non vacinados, e as persoas con déficits inmunolóxicos, xunto ós que tiñan enfermidades previas, os que ingresan agora nos centros hospitalarios. Un cambio que hoxe estudará a Comisión de saúde pública, coa posibilidade sobre a mesa de muda-los baremos que rixen o cambio a nivel medio de risco. Hoxe Galicia está ó borde de subir a ese nivel, coa incidencia case nos 50 casos por cen mil habitantes. Se o cambio se aproba, quedaríamos aínda na "nova normalidade"

Xa están en liberdade os 19 activistas de Greepeaace detidos este luns por colocar unha pancarta nun dos depósitos da pranta de Reganosa en Mugardos.
Denuncian que o gas é caro e, ademáis, contamina.
A organización ecoloxista pide que se planifique a eliminación do gas como fonte de enerxía para evitar problemas laborais.

Morre, por covid, unha muller de 58 anos e sen pataloxías previas. Faleceu no seu domicilio na área sanitaria de Ferrol.

O goberno de España financia, con 2 millóns de euros, a remodelación da sede da Real Academia Galega na Coruña.

Comezan as obras de remodelación da cafetería Copacabana na Coruña. Leva dous anos pechada.

No tempo da entrevista, falamos co patrojn maior da Confraría de Pescadores de Camariñas.

Galicia segue a ser a comuidade con mellores datos COVID, pero aínda así a incidencia duplicouse en poucos días e xa se achega a 50 casos por cada 100 mil habitantes. A diferencia agora é que nos hospitais a situación é máis estable.
Aínda así, nos hospitais, nos servizos de urxencias, o persoal sanitario queixase da situación. Os médicos de Pontevedra cualifican de insoportable a presión asistencial.
O conselleiro de sanidade sinala que non fan máis horas das que lles corresponden.
E na víspera da folga xeral na Mariña, a reunión entre Nuñez Feijóo e a ministra de Industria non deixa nngunha boa nova para Alcoa ou Vestas.
O tempo. Pouco a pouco recuperamos a influencia do anticiclón, pero este martes aínda empeza con abundante nubosidade no norte.
 

Sen solución de momento pra garantir o emprego na Mariña, na fábrica de Alcoa... Nuñez Feijoo e a ministra Reyes Maroto reuníronse en Madrid no que o presidente define só como unha primeira toma de contacto. Si hai máis avances pra planta de Ence.

É unha das principais novas dunha xornada na que siguen aumentando os casos activos, un cento en 24 horas. A Xunta non descarta restricións mais non neste momento.


E en Reganosa, en Mugardos, unha protesta de Greenpeace contra a dependencia do gas rematou con máis dunha decena de activistas detidos.

Sen avances sobre as crisis industriais de Galicia no encontro entre o presidente da Xunta e a Ministra de Industria. A ministra insiste en que o problema de Alcoa é Alcoa, non hai cambios de postura na situación de Ence, e tampouco sobre Vestas... Sí houbo avances na confirmación de algúns sectores que contarán con proxectos nos fondos NExt Generation... coma o naval ou a automoción....

Os médicos de urxencias de Pontevedra cualifican de insoportable a presión asistencial. Séntense maltratados pola Administración. Atribúen parte do problema ó mal funcionamento da atención primaria.

Acción reindicativa de Greenpeace en Reganosa. Despregaron nun dos depósitos da regasificadora unha pancarta na que se podía ler "O gas é caro e contamina".

A RAG respalda a derogación do 'decreto do plurilingûismo' que demandou en Santiago asamblea xeral da rede europea pola igualdade das linguas. O presidente Víctor Freixanes pide que se garante que o glaego sexa o idimoma vehicular en tóda-las etapas educativas.

Empeoran os indicadores epidemiolóxiocos da pandemia do coronavirus.
Repuntan os contaxios e os casos activos.
Nas últimas 24 horas, detectaronse 53 novos positivos de Covid.
As pèrsoas que padecen a enfermidade rondan as 500
As hospitalizacións manteñense estables.

Chega ó porto de Ferrol un segundo barco con carbón pra central térmica de Endesa nas Pontes. Transporta 80.000 toneladas. (silvia)

A Universidade de Santiago convoca esta semana eleccións ó Reitorado e ó Claustro.

Deportes. O Deportivo suma tres puntos ó non presentarse o Extremadura en Riazor. Nova derrota do Obradoiro. (silvia)

No tempo da entrevista, falamos co fotoxornalista coruñés Felipe Alonso.