Escasas centolas pero, din, de moi boa calidade. O crustaceo estrela das mesas de nadal chega hoxe aos mercados, tralo comezo da Campaña de capturas. Na lonxa do Grove os prezos oscilan entre os 9 e os 24 euros. // Os casos activos continúan en aumento en Galicia, e rondan os 800, coa área Sanitaria de Ourense como a máis afectada. A Xunta recoñece preocupacion e non desbota recuperar a esixencia de certificado covid para a hostalaría. // Galicia convértese na terceira comunidade co maior aumento do turismo no que vai de ano e recupera os datos de ocupación e visitantes previos á pandemia. A Xunta anuncia 86 millóns para potenciar o Camiño durante o ano que ven. // Duas queixerías da provincia de Lugo son gañadores dos premios ao mellor queixo de vaca curado e o de mellor queixo azul deste ano. (09/11/2021)
Escasas centolas pero, din, de moi boa calidade. O crustaceo estrela das mesas de nadal chega hoxe aos mercados, tralo comezo da Campaña de capturas. Na lonxa do Grove, a de referencia, os prezos oscilan entre os 9 e os 24 euros. // Os casos activos continúan en aumento en Galicia, e rondan os 800, coa área Sanitaria de Ourense como a máis afectada. A Xunta recoñece preocupacion e non desbota recuperar a esixencia de certificado covid para a hostalaría. // Galicia convértese na terceira comunidade co maior aumento do turismo no que vai de ano e recupera os datos de ocupación e visitantes previos á pandemia. A Xunta anuncia 86 millóns para potenciar o Camiño durante o ano que ven. // Duas queixerías da provincia de Lugo, suman os premios Alimentos de España aos recoñecementos pola calidade dos seus produtos. Son os gañadores ao mellor queixo de vaca curado e o de mellor queixo azul deste ano. (09/11/2021)
Dominio das altas presións, ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas tiveron un lixeiro ascenso, con seis graos en Lugo e 9 en Ourense, mentres que as máximas, sitúanse entre os 17 graos da Coruña e os 21 de Vigo. (09/11/2021)
Continúa a suba de doentes de coronavirus, e Galicia sae da nova normalidade. Hoxe rózanse os 800 casos activos, logo dunha xornada con 76 novos positivos. Hai 39 hopspitalizados, 10 nas UCIS.
Unións Agrarias culpa ás industrias da situación crítica dos productores de leite. Este sindicato asegura que no último ano pecharon en Galicia 400 explotacións. Pero seguirán os abandonos polos altos custe de producción.
O sector pesqueiro ven de recibi-lo apoio do parlamento europeo na súa demanda de rebaixa do IVE dos productos do mar. Os eurodeputados recomendan que se equiparen os impostos dos alimentos segundo os beneficios que aportan á saúde, o que permitiría reducir o IVE do peixe ó 4 por cento.
Rematou se acordo o periodo de consultas do ERE presentado pola dirección de Vestas. Agora en 15 días a dirección da fábrica de compoñentes eólicos debe decidir se mantén o peche da fábrica e despedimento dos máis de cen traballadores previsto para final de ano.
O tempo. segue este verán de sanmartiño con temperaturas que nalgúns puntos pasan dos 20 graos.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
El alcalde de Vigo y presidente de la Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), Abel Caballero, ha pedido al Gobierno negociar la financiación local, pues, ha asegurado, lleva "20 años con un sistema inamovible".
En una entrevista en La Hora de la 1, Caballero ha explicado que en los últimos años, los ayuntamientos no hacen más que asumir competencias, pero no se les ha dotado de la financiación suficiente para hacer frente a esos gastos. "Nos derivan competencias, pero sin embargo no nos dan financiación", se ha quejado el también alcalde de Vigo.
Preguntado por el nuevo impuesto de plusvalía, Caballero ha considerado que es bueno para ciudadanos porque pagarán menos que hasta ahora, y también para los ayuntamientos, porque les dará "seguridad jurídica".
FOTO: Abel Caballero, en una rueda de prensa hace unas semanas. EFE/Salvador Sas
O goberno aprobou este luns o real decreto que regula de novo o imposto da plusvalía que tanto afecta aos municipios e a súa financiación. Ainda que lle da seis meses para adaptarse, aquí, o alcalde de Santiago fai contas e di que non cre que vaia alterar o orzamento do concello no ano próximo.
cos hosteleiros manter as terrazas nos espazos de aparcamento. Tamén igualará a estética delas en toda a cidade.
--- A subdelegada do goberno suliña que a Coruña é unha cidade segura. Resposta así á concentración do domingo que volvía denunciar problemas nos barrios.
--- O alcalde de Neda di que a morte dun pescador atropelado por una tren foi un lamentable accidente e que o paso da vía non é perigosa.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
Non hai acordo en Vestas. Tras horas de reunión, a direccion da compañia non moveu a súa postura inicial de pechar as instalacións e despedir ó cento de traballadores.
No PSdeG, a dirección federal releva ó comité organizador do próximo congreso o que non sentou ven á candidatura perdedora das primarias.
Hoxe escoitaremos ás traballadoreas das residencias de maiores que denuncia que a pesar do esforzo durante a pandemia segue coas mesmas precarias condicións de traballo.
O tempo. hoxe con menos nubes e temperaturas sen cambios... van achegarse ós 20 graos.
O home detido en Ourense por maltrato animal, conductor de autobús de 51 anos, preparaba, según os investigadores, trampas de carne con alfinetes agochados, para que os cans as comesen. E sospeitoso tamén de enviar ameazas a establecementos por deixar entrar ás mascotas. // O turismo sostible e a integración co medio ambiente convertese nun dos principais atractivos para o Camiño. Os profesionais do sector reunidos no certame Fairway destacan a forte recuperación das peregrinacións tralo parón pola pandemia. // Na xornada de liga, remontada épica do Celta ante o Barsa en Balaídos. Os celestes empataron tras ir perdendo por cero a tres no descanso. Os goles de Iago Aspas foron de novo determinantes. Na Segunda División o derbi dos Ancares entre o Lugo e a Ponferradina quedou do lado dos do Bierzo. (08/11/2021)
Primeira reunión executiva o BNG, que arranca unha nova etapa, logo de refrendar a Ana Pontón como lider, na Asamblea que reformula os principios do nacionalismo. A portavoz chama a disputar directamente ao PP a hexemonía electoral.// Inaugurado un novo centro de referencia en Investigación mariña, no Grove, iniciativa do Grupo Nueva Pescanova, Son 4.000 metros cadrados adicados a estudar a xenética e o manexo de especies en catividade como o Polbo, que será comercializado en todo o mundo, o próximo verán. // A colaboración da Policía Nacional, o Seprona e a Policía local de Ourense permite resolver o caso dos cebos trampa para cans que alarmara aos donos de mascotas. Tras catro anos de pescudas detiveron ao presunto autor cando os colocaba nun parque. Dous cans morreran por comer os cebos. (08/11/2021)
Primeira reunión executiva o BNG, que arranca unha nova etapa, logo de refrendar a Ana Pontón como lider, na Asamblea que reformula os principios do nacionalismo. A portavoz chama a disputar directamente ao PP a hexemonía electoral.// Inaugurado un novo centro de referencia en Investigación mariña, no Grove, iniciativa do Grupo Nueva Pescanova, Son 4.000 metros cadrados adicados a estudar a xenética e o manexo de especies en catividade como o Polbo, que será comercializado en todo o mundo, o próximo verán. // A colaboración da Policía Nacional, o Seprona e a Policía local de Ourense permite resolver o caso dos cebos trampa para cans que alarmara aos donos de mascotas. Tras catro anos de pescudas detiveron ao presunto autor cando os colocaba nun parque. Dous cans morreran por comer os cebos.// O turismo sostible e a integración co medio ambiente convertese nun dos principais atractivos para o Camiño. Os profesionais do sector reunidos no certame Fairway destacan a forte recuperación das peregrinacións tralo parón pola pandemia. (08/11/2021)
Predominio das altas presións aínda que a chegada dunha fronte pouco activa polo norte deixa un aumento da nubosidade e mesmo algunha chuvia miúda pola mañá, e ceos máis abertos canto máis ao sur. As temperaturas experimentan un ascenso moderado, sobre todo as mínimas. (08/11/2021)
O sector galego da dobraxe mira con esperanza á nova Lei de Comunicación Audiovisual
- Varias enmendas propoñen fixar unha cuota para producións dobradas ou subtituladas en galego
- Pasarían a dobrar ou subtitular ata 2.000 títulos ó ano, fronte ós 25 que agora hai en catálogo
Amplia-la base electoral é o obxectivo do BNG para romper a hexemonía do PP en Galicia.Tra-la primeira reunión da nova executiva, Ana Pontón, fixo fincapé na necesidade de dirixirse a un cidadán máis transversal que o votante clásico do Bloque.
Gonzalo Caballero, que dentro dun mes deixará a secretaría xeral do PSdeG, insiste en continuar como voceiro no Parlamento. Di que é o mandato que lle outorgaron os votantes nas pasadas eleccións autonómicas. De momento, no pleno que comeza mañá, Caballero terá un novo cara a cara con Feijóo.
No Porriño, a marca local de Esquerda Unida comezará esta semana a negociar co PP unha posible moción de censura contra a alcaldesa socialista. Esqueda Unida adianta que non avalará a iniciativa aínda que critica ó BNG e ó PSOE por non atallar a crise no concello.
O programa Música en Salas que inclúe 135 concertos nun total en 19 escenarios toda Galicia. Unha acción na que participarán 115 bandas e solistas para tratar de recuperar na recta final do ano un sector dos máis prexudicados pola pandemia.
O tempo. pola tarde vai estar máis despexado e con temperaturas máis altas.