Aumenta a protesta dos traballadores de Vestas, en Viveiro. Cortan o tráfico con barricadas, contra o ERE co que a empresa quere pechar a planta de producción de compoñentes eólicos, e despedir a 115 empregados. // os datos do paro recollen un aumento de case mil desempregados máis en Galicia durante o mes de outubro. No conxunto de España, en cambio, o paro baixa, por primeira vez nese mes dende que hai rexistros. // O goberno central anuncia a transferencia de 67 millóns de euros á Xunta para a rehabilitación de 3.000 vivendas con cargo ao plan de Recuperación e Resilencia. Prevé tamén outros 30 millóns para destinar ao alugueiro social. // Espectación na Coruña ante a nova eliminatoria do equipo xuvenil do Depor na UEFA Youth Leage. Con máis de 18.000 entradas vendidas, Riazor, a piques de batir o record de asistencia nun partido desta categoría en toda Europa. (03/11/2021)

Segue a inestabilidade e o aire frío nas capas altas da atmosfera. Ceos parcialmente anubados con chubascos, máis frecuentes no terzo norte, onde poderán ir acompañados de aparato eléctrico e mesmo de sarabia. As precipitacións serán en forma de neve nos cumios máis altos. (03/11/2021)
- Rubín protagoniza en A Coruña la exposición más extensa realizada sobre su obra, con más de 230 piezas
- Más noticias sobre cómic en 'El Cómic en RTVE.es'
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
O paro subiu en Galicia en 991 persoas namentres que no conxunto de España baixaba. O fin da temporada estival está detrás desta suba, pero os sindicatos alertan tamén dos problemas coa industria. A Xunta pon o foco na caída histórica do desemporego dos doce últimos meses
A CIG reclama a coordinación do persoal administrativo de atención primaria. Piden a creación dun cargo que asuma a responsabilidade desa xestión e que se contrate máis persoal, ante as queixas durante a pandemia de que non había quen collera o teléfono nos ambulatorios.
A Delegación do Goberno confirma que a Policía investiga a desaparición en alta mar dun mozo da Illa durante o transporte dun alixo de cocaína. Está pendente de poñe-lo en coñecemento da autoridade xudicial para que orden as oportunas dilixencias.
En Lugo, a Plataforma contra a Impunidade no Caso Carioca califica de indignante o anunciado acordo para rebaixalas penas dos tres proxenetas acusados. Din que é inexplicable e agardan que non sexa máis que unha forma de presión dos avogados.
Comeza a exhumación dunha foxa do franquismo no cimeterio de Vilagrcía. A primeira dun plan estatal de recuperación da memoria democrática.
Volve a paz ao concello de Ferrol
O alcalde, o socialista Angel Mato, e Jorge Suárez, de Ferrol en Común, recompoñen as relacións.
O xoves da semana pasada, a abstención de Ferrol en Común impediu a aprobación dun crèdito de 14 millóns de euros para financiar proxectos incluidos nos orzamentos deste ano.
Ese crédito volverá esta semana a pleno, e o grupo municipal de Jorge Suárez, desta volta, sí votará a favor.
dinario no concello da Coruña a instancias do PP que pide medidas para acabar coa inseguridade cidadá e recuperar a policía de barrio.
--- O concello de Santiago ofrece dous novos modelos dos bonos-corazón, creados pra impulsa-las compras no pequeno comercio local. Un deles é de 50 euros.
--- Queda en liberdade, pero continúa imputado, o último detido polo asasinato do mozo coruñés Samuel Luiz.
---
--- Deportes. Mais de 15.000 efeccionados acudirán esta tarde a Riazor para ver o partido da Youth League entre o xuvenil do Deportivo e o Maccabi Haifa.
A dependencia do gas é cada vez maior e neste contexto cada vez ten un papel máis importnte a planta de regasificación de Ferrol. Nos seus 14 anos funcionando, este vai ser o que máis buques cargados con gas licuado reciba.
E, seguimos pendentes da Mariña... das protestas dos traballadores de Vestas e Alcoa.
Buscaremos datos sobre a morte dun presunto narcotraficante en Arousa.
Deportes. A competición no para. Hoxe turno para o Lugo, nunha nova xornada de Liga en segunda división.
O tempo. Continúas as treboadas e as temperaturas seguen en descenso.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
Liberdade pro último detido polo crime de Samuel Luiz... A audiencia provincial da Coruña non ve motivos pra manter ó mozo en prisión provisional... Neste momento hai tres implicados en prisión... e outros dous en centros de menores...
É a última nova que nos deixa unha xornada na que xa sabemos un pouco máis dos seguintes pasos a dar polo pesedegá.. de momento Gonzalo Caballero seguirá como voceiro parlamentario tras perder as primarias con Valentín González Formoso.. o alcalde das Pontes e presidente da Deputación coruñesa gañou en 112 dos 175 centros electorais habilitados... Arteixo, Camariñas, Mazaricos, Padrón, Porto do Son ou Ribeira son das poucas agrupacións nas que venceu Caballero.
E no Pazo do Hórreo a conselleira de Emprego e Igualdade explicou as novidades pra fomentar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero... tamén anunciou un plan de apoio ó emprendemento no rural.
España debe aumentar o transporte por vía marítima, o que reforza o papel estratéxico da planta de Mugardos
O sector asegura que non haberá desabastecemento, ainda que os prezos seguirán a subir
Chega un buque cargado con 150 mil metros cúbicos de gas licuado para a planta de Reganosa, en Mugardos. Procedente de Estados Unidos, é o único que chega hoxe a España para compensar o peche do gasoducto do Magreb, polo que o noso país recibía Gas Natural de Alxeria. O sector asegura que non haberá desabastecemento, ainda que os prezos seguirán a subir.

Vén cargado con 150 mil metros cúbicos de gas licuado para a planta de Reganosa, en Mugardos. Procedente de Estados Unidos, é o único que chega hoxe a España para compensar o peche do gasoducto do Magreb, polo que o noso país recibía gas natural de Alxeria. O sector asegura que non haberá desabastecemento, ainda que os prezos seguirán a subir.
Vén cargado con 15.000 metros cúbicos de gas licuado para a planta de Reganosa, en Mugardos. Procedente de Estados Unidos, é o único que chega hoxe a España para compensar o peche do gasoducto do Magreb, polo que o noso país recibía gas natural de Alxeria. O sector asegura que non haberá desabastecemento, ainda que os prezos seguirán a subir.