Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Parlamento de Galicia lévase boa parte de atención.. Gonzalo Caballero chegou ó pleno no medio do temporal que afecta ó psdeg e sen saber se a de hoxe sería a súa ultima intervención como voceiro parlamentario.... O contrario que Ana Pontón, defendendo a unidade mostrada polo Bloque na asemblea do domingo.

Que tal moi boas tardes... todo nun día de reivindicacións: o leite, a carne, os combustibles... os prezos suben e os sectores afectados protestan.. ven perigar os seus traballos.

Da pandemia, chegouse ós cen contaxios diarios... cifras que non se vían dende setembro. Nos próximos minutos recolleremos tamén as demandas da atención primaria.

O INE cifra en 1.582 as mortes pola Covid en Galicia durante o ano 2020. Os casos activos superan hoxe os 800 e rexísranse cen positivos máis nun so día, a maior cifra de novos contaxios dende setembro. // O Concello da Coruña vai pagar 170.000 euros para facerse coa propiedade dun céntrico edificio, valorado en 13 millons... Foi o legado do filántropo Manuel Piñeiro Pose, que en 1940 decidiu doalo á cidade a cambio de que se coidara a súa sepultura, e a súa alma con misas...// A universidade privada promovida por Abanca, prepara xa o seu desembarco o próximo curso con docencia bilingue, en Inglés e Castelán. HOxe presentou a sua imaxe corporativa e as liñas do seu modelo educativo. Ten previsto destinar un 15 por cento dos ingresos a becas. A sede do reitorado estará en Santiago, pero terá campus na Coruña e Vigo. (10/11/2021)

Galicia necesita 2.000 camioneiros máis para garantir o transporte por estrada. É o cálculo do sector, ante o déficit de profesionais disponibles e a falla de relevo xeneracional. Os traballadores din que non é unha ocupación atractiva mentres non melloren as condicións laborais e os baixos salarios.

// Continúa o ascenso e rexístranse cen novos positivos máis nun so día, por primeira vez dende setembro. Os casos activos superan os 800. As áreas de Ourense e A Coruña, seguen á cabeza. // O Papa Francisco recibe a foto que se convertira nun símbolo da emigración galega a América, captada por Manuel Ferrol no porto da Coruña en 1957. A filla do fotógrafo de Cabo Vilán, foi a que fixo a entrega. // Un carballo centenario de Conxo, en Santiago, encabeza a votación para ser candidato español a árbore europea do Ano 2022. É o único aspirante galego dun premio que, por riba da beleza, tamaño ou idade, (10/11/2021)

Galicia necesita 2.000 camioneiros máis para garantir o transporte por estrada. É o cálculo do sector, ante o déficit de profesionais disponibles e a falla de relevo xeneracional. Os traballadores din que non é unha ocupación atractiva mentres non melloren as condicións laborais e os baixos salarios.

// Continúa o ascenso e rexístranse cen novos positivos máis nun so día, por primeira vez dende setembro. Os casos activos superan os 800. As áreas de Ourense e A Coruña, seguen á cabeza. // O Papa Francisco recibe a foto que se convertira nun símbolo da emigración galega a América, captada por Manuel Ferrol no porto da Coruña en 1957. A filla do fotógrafo de Cabo Vilán, foi a que fixo a entrega. // Un carballo centenario de Conxo, en Santiago, encabeza a votación para ser candidato español a árbore europea do Ano 2022. É o único aspirante galego dun premio que, por riba da beleza, tamaño ou idade, (10/11/2021)

Os ceos locen despexados en xeral, tan só están previstas algunhas nubes altas pola tarde, anque cunha lixeira baixada das temperaturas. A mínima, de cinco graos en Lugo, e as máximas, entre os 18 da Coruña e os 20 de Vigo. (10/11/2021)

Nova protesta dos productores de carne. Esta mañá concentráronse en Ourense. Aseguran que o aumento de custes lles causou perdas de 3,6 millóns de euros no que vai de ano.

En Ourense, ás 4 os deputados provinciais socialistas inician unha marcha a Madrid para denunciar que o reparto partidista de fondos na Deputación. O presidente da institución provincial, Manuel Baltar, sinalou que o portavoz socialista apoia a súa estratexia en mentiras.

Presentada a Universidade intercontinental da empresa. É a primeira institución privada de Galicia. O que será o seu reitor, Miguel Angel Escotet, di que Abanca non busca o negocio con esta actividade.

O concello da Coruña conta poder inscribir nuns días un céntrico edificio que un filántropo coruñés lle legou hai 80 anos a cambio de misas e coidar da súa sepultura. A xunta de goberno municipal consignou hoxe 172 mil euros,o equivalente á cantidade que Manuel Piñeiro Posse deixou escrita no seu testamento

O tempo.... segue o verán de sanmaratiño..

As denuncias sobre a situación da Atención Primaria e os PACS continúa. Santiago acolleu este martes unha concentración que denunciou a falta de persoal de enfermeiría e puñan o foco tamén na precariedade dos que traballan neste centros sanitarios.

 A Xunta asina o convenio polo que 19 concellos da Coruña poden optar aos fondos de Transición Xusta do Goberno. 15 están na comarca das Pontes e 5 na de Meirama.

A alcaldesa da Coruña aclara que a nova norma de terrazas non permitirá que os establacementos de hostelería teñan a mesma vez terraza nas veiravías e en prazas de aparcamento.

Arquivo provisional da causa contra os activistas denunciados pola familia Franco por acceder ó Pazo de Meirás durante unha protesta en 2017.

Quinta victoria consecutiva do Básket Coruña na Leb Ouro fronte ao Palencia.

Con case 800 casos activos e o aumento da incidencia en 5 puntos, Sanidade non descarta recuperar o uso do certificado covid na hostalaría. A vindeira semana reábrense os grandes recintos de vacinación para poñerlle a dose de reforzo ós que teñen entre 70 e 79 anos.

E hoxe atentos ó Parlamento, onde está previsto que Gonzalo Caballero interveña na sesión de control a pesar dos cambios na dirección do partido.

En Ourense, os representantes socialistas na Deputación inician hoxe unha marcha a Madrid para denunciar o que consideran reparto inxusto dos fondos da institución que preside Manuel Baltar. E, no Porriño, a alcaldesa está disposta a renunciar para evitar que a dereita goberne o municipio.

Preocupacion pola industria da mariña... agora si, hai data de peche pra Vestas, 31 de decembro deste ano... a direccion da multinacional indica que fixo o posible pra negociar cos empregados... eles e a xunta négano...

Que tal moi boas tardes... en seguido estaremos no Parlamento, onde o BNG busca cambios pra mellorar o financiamento das autonomías.... Todo nun momento de aumento dos casos activos... a xunta pensa xa en restricions se a situacion empeora.

No Porriño, en plena negociacion dunha posible mocion de censura, a alcaldesa socialista Eva García de la Torre dá un paso adiante, está disposta a dimitir coa condicion de que siga gobernando a esquerda...

E recollemos tamén o arquivo provisional da causa aberta ós coñecidos como 19 de Meirás por acceder ó Pazo en 2017... hai varios membros do BNG implicados

Comeza a campaña de capturas, poucas pero de moi boa calidade. Na lonxa do Grove, a de referencia, os prezos oscilan entre os 9 e os 24 euros.

Continúa o aumento de casos activos, que rondan os 800, coa área Sanitaria de Ourense como a máis afectada. A Xunta recoñece preocupacion e non desbota recuperar a esixencia de certificado covid para a hostalaría. O vindeiro luns reabren os centros de vacinación masiva para a dose extra dos que recibiron Janssen e a dos maiores de enre 70 e 79. // Un xulgado de Betanzos arquiva actuacións contra as 17 persoas que en agosto do 2017 entraron no Pazo de Meirás e despregaron pancartas. Eran afiliados do BNG e do sindicato CIG, que pedían deste xeito a devolución do inmoble. Foran denunciados pola familia do ditador. O xuiz dita que non se pode determinar a responsabilidade de cada un deles, nin por xunto nin por separado. // A vocalista estadounidense Cecile McLorin e o seu quinteto actúan esta noite no Auditorio Afundación de Pontevedra Un concerto, moi atractivo para os amantes do xénero,incluído no ciclo "Xacobeo Importa"e na minixira da artista por España. (09/11/2021)