Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Xa hai tres detidos en relación coa morte do mozo Samuel Luiz Muñiz. Son dous mozos e unha chica de entre 20 e 25 anos. Poden non ser os últimos porque desde a delegación do goberno e desde o Ministerio do Interior insisten en que a operación non está pechada.

Mentras, na pandemia, o comité clínico suma Ourense a Pontevedra entre as capitais que estarán no nivel medio de restriccións debido á negativa evolución epidemiolóxica. No nivel alto aparecen catro municipios da comarca do Salnés: A  Illa de Arousa e Vilagarcía de Arousa, así como Cambados e Vilanova. Son decisións que se explicarán hoxe e que entrarán en vigor as 00 horas do sábado.

En Vigo o sector da automoción saíu en manifestación convocado pola Ciga. O sindicato pide as administracions un plan industrial para o sector.

No meteorolóxico este mércores 7 de xullo amence con nubes e claros e chuvascos illados.

Galicia ten hoxe o dobre de persoas con Covid 19 que hai 15 días. Datos que deberá analizar esta tarde un comité clínico do que non se descarta que saia algún paso atrás na desescalada. Ainda que polo de agora se estudan de medidas temporais e en zonas concretas.

Hai preocupación pola suba da incidencia entre os máis novos, que está a repercutir na atención primaria e as urxencias, anque non nos hospitais. Por iso chaman a participar nos cribados, pra corta-la transmisión canto antes.

Mentres, os hostaleiros advirten de que non pagarán o pato do descontrol nas rúas.

Todos los grupos políticos del arco parlamentario gallego se han sumado a las muestras de repulsa que recorren GAlicia por el asesinato de Samuel Luiz.

Seguimos también las pesquisas por la muerte de una mujer de 72 años en Moaña. La Guardia Civil ha detenido al que consideran el principal sospechoso. Se trata de un vecino de la localidad con múltiples antecedentes por robos en viviendas.

En cuanto a la pandemia, hoy se abre una nueva etapa en las vacunaciones, con la auto-cita abierta ya para los estudiantes que se van a ir de Erasmus. Muchos no se han enterado de cómo solicitarla, pero todos tienen ganas de ponérsela y viajar más tranquilos.

El presidente de la Xunta insiste en que el reparto de los fondos de recuperación debería seguir los criterios de financiación autonómica. Asegura que Galicia recibierá 800 millónes de euros menos de lo que le corresponde.

Cientos de embarcaciones han comenzado hoy una nueva campaña de captura de pulpo. El sector espera que sea mejor que la anterior, que califican de nefasta.

Milleiros de persoas  sairon este luns a rúa en toda a provincia  para reclamar xustiza polo asasinato do mozo coruñés  Samuel Luiz Muñiz, de 24 anos.
 Faleceu na Coruña, na madrugada do sábado, como consecuencia dunha brutal malleira.
 De momento, non hai ningún detido.
 Baixan os contaxuios de coronavirus, pero aumentan os casos activos e as hospitalizacións.
 Os traballadores de Tussa, a empresa municipal de transportes de Santiago, denuncian o bloqueo da negociación do convenio colectivo.
 Abanca pecha durante o verán unha das tres oficinas que ten en Fene. A medida afecta a situada na parroquia de San valentín.
 Un xulgado ordena o desaloxo do Hotel Hesperia da Coruña por non pagar o aluguer do edificio.

Máis de 48 horas despois da morte de Samuel Luiz Muñiz na Coruña como consecuencia dunha malleira ainda non hai ningún detido. Na tarde pasada houbo deceas de concentracións de rexeitamento en toda Galicia e mesmo alén do noso territorio. Entre as declaracións sumándose a esa repulsa e agardando que axiña se atope aos culpables, as do Ministro do Interior e do propio presidente Pedro Sánchez.

Mentras, segue a preocupar o aumento de contaxios de Covid 19 entre os máis novos. O presidente Feijoo recoñece que a vacinación aos menores de 30 anos non vai estar completa antes do outono. O grupo de idade superior, ata os 39 anos xa está a ser chamado.

Un presidente da Xunta que onte volvía denunciar a falta de publicidade por parte do goberno dos criterios de reparto dos fondos europeos de recuperación. E pedía neste sentido maior co gobernanza entre a Moncloa e as autonomías.

Este martes 6 de xullo agaradamos que unha nova fronte, pouco activa, se achegue a Galicia e va deixar de novo nubosidade...

A comisaría de Ourense comeza a expedir o novo DNI, máis seguro e de deseño similar para toda Europa. A seguir farano as demais comisarias das outras provincias.

Indignación en toda España pola brutal malleira que acabou coa vida de Samuel Luíz na Coruña. A policía di ter identificados a 13 sospeitosos e anuncia detencións nas próximas horas. As compañeiras da vítima contan como comenzou a agresión. //..// O presidente da Xunta reiterou hoxe a preocupación polo aumento de casos entre a mocidade. Feijóo advertíu que non hai vacinas dispoñibles para abrir o sistema de autocita a menores de 30 anos e insistíu en chamar á un comportamento responsable. // Os xardíns do Pazo de Meirás volven ser accesibles para o público. As visitas guiadas teñen agora un enfoque ben distinto do que ofrecían antes de ser declarada propiedade pública. Os primeiros visitantes puderon comprobalo xa esta fin de semana. 05-07-2021

As acompañantes relatan cómo empezou a brutal agresión que acabou coa vida de Samuel Luíz. A policía ten xa identificados a 13 sospeitosos. En toda Galicia sucédense as mostras de indignación. // Hoxe comenza a funcionar o sistema de autocita para a vacinación. De momento so poden recurrir a él os estudantes de Erasmus. A partir do mércores estará aberto para que pidan cita os maiores de 50 que quedaron se vacinar co seu grupo de idade. // Os contaxios seguen en aumento e os casos activos soben a 2.466, a maior cifra dende hai mes e medio, logo de 12 días consecutivos de subida, e aumenta a presión hospitalaria. A taxa de positividade, lixeiramente por riba do 5%. // Máis seguro e deseño similar para toda Europa. Así e o novo Documento Nacional de Identidade 4.0. A comisaría de Policía de Ourense é a primeira de Galicia que comenza a expedilo, e conta con catro unidades móbiles para desprazarse aos concellos para facilitar a renovación. 05-07-2021

Unha fronte fría chega hoxe polo noroeste e deixarase notar sobre todo na segunda metade do día. O ceo parcialmente cuberto na franxa atlántica, dará paso a precipitacións xeneralizadas. As temperaturas, en ascenso.Na Costa hai aviso amarelo por ventos de forza 7 e intervalos de forza 8 na Costa da Morte, o litoral norte da Coruña e A Mariña de Lugo. 05-07-2021

As acompañantes relatan cómo empezou a brutal agresión que acabou coa vida de Samuel Luíz. A policía ten xa identificados a 13 sospeitosos. En toda Galicia sucédense as mostras de indignación. // Hoxe comenza a funcionar o sistema de autocita para a vacinación. De momento so poden recurrir a él os estudantes de Erasmus. A partir do mércores estará aberto para que pidan cita os maiores de 50 que quedaron se vacinar co seu grupo de idade. // Os contaxios seguen en aumento e os casos activos soben a 2.466, a maior cifra dende hai mes e medio, logo de 12 días consecutivos de subida, e aumenta a presión hospitalaria. A taxa de positividade, lixeiramente por riba do 5%. // Máis seguro e deseño similar para toda Europa. Así e o novo Documento Nacional de Identidade 4.0. A comisaría de Policía de Ourense é a primeira de Galicia que comenza a expedilo, e conta con catro unidades móbiles para desprazarse aos concellos para facilitar a renovación. 05-07-2021