Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Vaise pechando o círculo dos presuntos culpables pola morte o sábado de Samuel Luis Muñiz na Coruña. Un cuarto detido foi levado hoxe ao cuartel de Lonzas.

Os concellos analizarán coa delegación do goberno o dispositivo para evitar botellóns. A Coruña e Santiago adiantan que non pecharán parques nin praias.

O sindicato médico pide reforzos pra atender a suba de contaxios e de pacientes, coa chegada de máis turistas. Temen o colapso dos centros de saúde e dos PACS.

O BNG denunciará o plan eólico da Xunta ante a COmisión Europea. Din que vulnera seis directivas comunitarias en materia medioambiental.

A Casa Museo de Rosalía de Castro cumpre 50 anos. Celebrarano cunha ampla programación, entre a que se inclúe unha completa visita virtual.

Os tres detidos pola morte do mozo corruñés Samuel Luis Muñiz, de 24 anos, poderían pasar a disposición xuduicial nas próximas horas. Foron detidos o martes.
Os amigos de Samuel esperan que a xustiza non os decepcione.
A fiscal xeral do Estado, Dolores Delegado, pide prudencia e promete investigar todo o ocorrido para coñecer toda a verdade.

Morre unha muller de 38 anos a causa da covid no Hospital da Coruña.

O grupo municipal do BNG en Santiago recolle sinaturas contra a suba do prezo da luz.

As Autoescolas da Coruña denuncian a falta de examinadores para sacar o carnet de conducir.

Deportes. O Deportivo inicia hoxe a pretemporada coas probas médicas. O luns, primeiro adestramento.

Galicia non propón pechar o lecer nocturno malia o aumento de casos covid nesta semana. Sen embargo nos lugares con incidencia elevada vai ser precisa unha PCR previa para poder entrar nos locais. A Xunta tamén solicita aos concellos que precinten certos espazos, como parques ou prazas, durante a noite para evitar botellóns, que semellan ser sitios de propagación do virus.

Na investigación polo asasinato de Samuel, ocorrido o pasado sábado na Coruña, os tres detidos como presuntos autores, dous homes e unha muller de entre 20 e 23 anos, poden pasar a disposicón xudicial hoxe. E poden non ser os últimos detidos en relación co crime.

En Santiago está a celebrarse na Cidade da Cultura a maior feira de dróns de España. Alí a Xunta anunciou 70 millóns de investimento nos vindeiros 5 anos para consolidar este sector en Galicia.

Para este xoves, no meteorolóxico prevese o regreso do anticiclón.

Parques e praias pechados a partir das 12 da noite para evitar concentracións de xente É unha das medidas do Comité Clínico para frear o aumento de contaxios, especialmente entre a mocidade. Sanidade fai un chamamento a participar nos cribados masivos e advirte que a desescalada está en perigo. // Tres persoas detidas en relación co crime de Samuel Luiz. Dos homes e unha muller, de entre 20 e 25 anos, mentres sigue a investigación para identificar ao resto dos autores da malleira que acabou coa vida do mozo. // Gandeiros de leite bloquean o acceso á unha planta envasadora en Outeiro de Rei para reclamar o pago de máis de cen mil euros que di, lle adebeda o Grupo Santé. // O sector da aviación non tripulada, os drons, é o que máis empresas creou en Galicia durante a pandemia. 70 firmas internacionais participan estes días nun evento que se celebra na Cidade da Cultura. 07-07-2021

Parques e praias pechados a partir das 12 da noite para evitar concentracións de xente É unha das medidas do Comité Clínico para frear o aumento de contaxios, especialmente entre a mocidade. Sanidade fai un chamamento a participar nos cribados masivos e advirte que a desescalada está en perigo. // Tres persoas detidas en relación co crime de Samuel Luiz. Dos homes e unha muller, de entre 20 e 25 anos, mentres sigue a investigación para identificar ao resto dos autores da malleira que acabou coa vida do mozo. // Gandeiros de leite bloquean o acceso á unha planta envasadora en Outeiro de Rei para reclamar o pago de máis de cen mil euros que di, lle adebeda o Grupo Santé. // O sector da aviación non tripulada, os drons, é o que máis empresas creou en Galicia durante a pandemia. 70 firmas internacionais participan estes días nun evento que se celebra na Cidade da Cultura. 07-07-2021

O aumento de contaxios, sobre todo entre os mozos, leva ao Comité Clínico a medidas como o peche de parques, praias e outros espazos habituais de botellón, a partir das 12 da noite. Tamén fai un chamamento a participar nos cribados masivos dirixidos a este grupo de poboación // No novo mapa de restricións, dez concellos pasan a nível medio e no alto, a parte do concello de Sarria, o comité clínico decidiu incluir aos de Vilagarcía, A Illa de Arousa e Cambados. Restricións que entrarán en vigor o próximo sábado. // Retorno a Tagen Ata, unha das máis emblemáticas obras de Xosé Luís Méndez Ferrín, cumpre 50 anos. Con tal motivo a banda de metal Dioivo fai unha homenaxe a este clásico da literatura galega. No tema que o dúo vigués acaba de editar participa o propio escritor. 07-07-2021

Continúa hoxe a inestabilidade os ceos con intervalos de nubes e claros. Mantense o risco de chuvascos ocasionais e illados que irán remitindo pola noite. As temperaturas sen apenas cambios. entre os 12 graos de mínima e os 23 de máxima en Ourense. 07-07-2021

A situación epidemiolóxica de Galicia non termina de asentarse, hoxe sumamos unha cifra de novos contaxios detectados que non se vía dende o mes de febreiro. Porén, as incidencias son máis baixas que a media do país, e o goberno galego descarta polo de agora sumarse ás peticións dalgunhas comunidades de implantar un toque de queda nocturno.

Tampouco se pechará o lecer nocturno, anque nos lugares con incidencia elevada será precisa unha PCR previa pra asistir. E ábrese a petición ós concellos de que precinten certos espazos, como parques ou prazas, durante a noite.

Sí hai novas restricións en varios concellos do salnés e en Ourense... que non son ben recibidas polo sector hostaleiro.

Detidos 3 mozos, de entre 20 e 25 anos, como presuntos autores da morte de SAMUEL LUIZ MUÑIZ.
 Son DOUS homes e unha muller. Os tres son veciños da  Coruña.
 Samuel Luiz, de 24 anos, faleceu, na madrugada do sábado, como consecuencia dunha malleira en plena rúa, a carón da praia de Riazor da capital coruñesa.
 A investigación policial segue aberta e non se descartan novas detencións.
O concello de Carnota abandona o sábado o nivel alto de restricións anticovid. Culleredo empeora e sobe ó nivel medio.
 A Universidade da Coruña crea un arrecife verde no campus de Ferrol.O primeiro dos arrecifes instalarase na ría de Ares/Betanzos.
 A Anpa do colexio de infantil e primaria de Palmeira denuncia a supresión de tres aulas de infantil e a perda de dous docentes