Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Alimentación local, xusta, e sostible. É a filosofía da asociación Daquidarredor. Pequenos produtores intercambian as súas receitas nunha cociña colaborativa financiada polo concello de Brión e a Deputación da Coruña. Ademais, forman a quen queira aprender a utilizar a maquinaria coa que fan masas, cremas, marmeladas e zumes.

Cada ano prodúcense trinta mil paros cardíacos fóra dun hospital en España. As posibilidades de sobrevivir sen secuelas duplícanse se se inician de inmediato as manobras de reanimación, mentres chegan os servizos de emerxencia. Profesionais do Hospital de Santiago explican aos usuarios do centro de xeito práctico como realizar esta reanimación.

Galicia convértese en residencia de portorriqueños e norteamericanos que buscan unha oportunidade no mundo do fútbol. Trece rapaces, cinco deles menores de idade, viven e estudan actualmente en Santiago para poder adestrar en equipos locais. Forman parte do programa deportivo JDB, que leva xa oito anos funcionando.

Placas solares, cepillos rotativos, ventiladores e aspersores para 225 vacas para facer fronte as vagas de calor.

A granxa de Doroña, en Arzúa, incorpora prácticas máis eficientes, innovadoras e respetuosas co medio ambiente e así evitar as emisións de gases de efectos invernadoiro.

É unha das sesenta explotacións galegas que abastecen á fábrica de leite condensada que Nestlé ten en Pontecesures, Pontevedra.

Un grupo de persoas acampan dende a pasada noite en plena praza do Obradoiro, en Santiago, seguindo o exemplo da Porta do Sol, en Madrid, e outras cidades, a raíz do caso Maricarmen, para presionar a favor de medidas para facer máis accesibles os alugueiros.

O proxecto SensoXenoma, cumpre cinco anos. Trátase do experimento para detectar cambios biolóxicos producidos pola música nos individuos que leva a cabo o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago en colaboración coa USC. Un aniversario, celebrado cun concerto a cargo da Real Filharmonía, que servíu tamén para recoller máis mostras de cara á investigación.

David Arcay volve facer historia na pesca deportiva. Vén de proclamarse subcampión do mundo de salmónidos mosca nunha competición celebrada en Idaho Falls, en Estados Unidos, con 140 pescadores da élite internacional. Un fito que converte a este coruñés, que xa foi cinco veces campión, no mellor pescador da historia. Acompañámolo nunha das súas últimas xornadas da tempada de pesca fluvial en Galicia, que remata este mércores.

Nas nosas rías hai máis de 3.300 bateas de mexillón, sendo a de Arousa a raíña dos polígonos bateeiros. Coñecemos a Jorge, un dos poucos carpinteiros de ribeira que quedan en Galicia. Segue construíndo bateas tal e como lle ensinou seu pai.

Continúan os traballos para conter a vertedura de xurro en Tordoia trala rotura dunha foxa nunha granxa. O Concello de Santiago non descarta que poida chegar ao Tambre e afectar ao punto de captación que abastece a cidade. Mentres, a Conselleira de Medio Ambiente lanza unha mensaxe de tranquilidade.

Organizado pola cantante Luz Casal, no pobo onde naceu, o festival cumpre 15 anos.

Luar na Lubre, Nena Daconte ou The Rapants, entre outros, forman parte do cartel.

O "Festival de la Luz" busca poñer en valor a contorna rural e levar a un público familiar unha oferta que abrangue estilos moi diversos.

Os beneficios son destinados a causas benéficas.