Desde Nigrán sairá o 10 de agosto Ossie, o primeiro vehículo español capaz de manobrar satélites en órbita, situando a España entre o reducido grupo de países con esta tecnoloxía. Viaxará a California, onde se preparará para o seu lanzamento, previsto para outono.
- Un proxecto promovido pola comunidade de montes de Couso que permite aforrar custos
- Unha ducia de vacas guidadas por GPS eliminan a maleza e especies invasoras como a acacia
A cantante Wöyza, o portugués Antonio Zambujo ou o tributo ao italiano Ludovico Einaudi foron só unha parte da programación do IKFEM. O festival de Tui e Valença remata a súa edición número 14 consolidado coma unha das grandes citas de intercambio cultural neste espazo transfronteirizo.
A temporada de verán avanza con boas perspectivas de ocupación, cun aumento de turistas internacionais, grazas sobre todo ao tirón do Camiño. As Rías Baixas sitúanse entre os cinco destinos nacionais mellor valorados.
Despois de catro anos sen publicar disco, a cantante Wöyza volve con ‘Valiosa’, o seu cuarto álbum en solitario. Un traballo no que a artista de Moaña abre as portas da súa vida para falar de maternidade ou bullying. Un disco íntimo, pero tamén reivindicativo, que abriu o IKFEM Festival Tui-Valença.
O Rei Filipe preside en Marín a entrega de despachos aos novos oficiais da Armada española, 125 homes e mulleres que se incorporan aos seus destinos. No acto tamén xuraron a bandeira os alumnos que iniciaron este ano a súa formación na Escola Naval Militar.
Na parroquia de Couso, en Gondomar, unha ducia de vacas de raza cachena convertéronse en aliadas para manter limpo o monte, eliminar especies invasoras e reducir o risco de incendios forestais. Un proxecto promovido pola comunidade de montes, que ademais permite aforrar custos en limpeza.
Inquedanza no sector do mexillón pola invasión de cangrexo patexo, que devora a cría nas cordas das bateas. Unha investigación encargada pola organización de produtores demostra que o cultivo de mexillón en bateas contribúe a mellorar a calidade das augas.
Axentes da Policía Nacional a cabalo protexen os peregrinos e vixían os montes galegos para alertar de posibles lumes. Patrullarán uns 20 quilómetros do Camiño ao día durante o verán.
Baiona prohíbe usar auga da traída para encher piscinas, regar xardíns ou lavar coches. É primeiro concello en adoptar medidas este verán para afrontar a posible situación de escaseza. Vigo, pola súa parte, declara a situación de prealerta por seca.
O polbo fresco galego volve ás prazas, peixerías e restaurantes, logo de dous meses de veda. A campaña comeza con alta demanda e prezos medios de 13 euros na lonxa, pero con certa decepción, polo descenso de capturas.
- Os rapaces da unitaria de Donramiro completaron a elaboración tradicional do pan, forneando pezas co cereal
- O proxecto xurdiu no Centro de Arte Fundación María Jove e implicou a veciños, proxenitoras, docentes e artistas
O alumnado da escola de Donramiro, en Lalín, participou nun proxecto educativo que combina arte, tradición e patrimonio cultural arredor do pan de millo. A iniciativa, promovida polo Centro de Arte Fundación María Jove, permitiu aos nenos e nenas coñecer todo o proceso de elaboración, desde o cultivo e secado do millo corvo, típico de Galicia, ata a cocción do pan, ao tempo que descubriron historias, lendas e saberes populares vinculados a este alimento tan presente na cultura galega.
- 200.000 persoas enchen as praias da Coruña na súa festa máis multitudianaria
- Galicia rexistra máis de 370 incidencias, ningunha delas de gravidade
Os grandes areais urbanos foron un dos escenarios principais da celebración, por todo o alto e de xeito máis multitudinario que nunca, da noite de San Xoán. Nas praias da Coruña déronse cita 200.000 persoas. Lume, música, sardiñas e tradición na noite máis curta e máxica do ano. Una festa marcada polas altas temperaturas e os chamamentos a manter un comportamento cívico. Rexistráronse máis de 370 incidencias.
Unha tradición desta noite é a de recoller as herbas de San Xoán, que se deixan en remollo de madrugada para lavar a cara con elas. En Pontevedra, o colectivo Vaipolorío organiza unha xornada para aprender a distinguilas e tentar manter esta tradición popular.
Preparativos para dúas das principais festas de San Xoán que se agardan esta noite en toda Galicia. En Nigrán, apuran a montaxe de dúas grandes cacharelas na Praia de Panxón, un dos puntos emblemáticos de celebración multitudinaria da noite de San Xoán, como tamén o son as praias de Riazor e do Orzán, na Coruña. Alí xa están delimitadas as parcelas para congregar a grupos de amigos e familias. O Concello coruñés repartirá 120 toneladas de madeira. Por toda Galicia as fogueiras iluminarán a noite máis curta do ano, que se prevé especialmente cálida.
Ameixa de Carril só hai unha. Con esa idea, a confraría de pescadores traballa nun novo selo de calidade para identificar a que sae da lonxa e reforzar a súa identidade. Poucos produtos do mar teñen un nome tan recoñecido como a ameixa de Carril. A súa calidade e o seu prestixio fixeron deste molusco un símbolo da gastronomía galega. O distintivo permitirá identificar a ameixa que procede dos parques de Carril. O obxetivo é ofrecer unha garantía ao consumidor e diferenciar o produto fronte a outras ameixas que se comercializan baixo o mesmo nome. Máis de 600 familias viven desta actividade.
Rematou o curso escolar. Coa rapazada xa de vacacións, as familias teñen que buscar alternativas para conciliar vida laboral e familiar. Unha boa opción son os campamentos de verán, coma o que hoxe comezou na praia da Lanzada, organizado pola Deputación de Pontevedra. Desde hoxe e ata o 5 de setembro pasarán por aquí máis de 1.500 rapaces de 8 a 12 anos, distribuídos en once quendas. Foron afortunados no sorteo, porque o número de solicitudes superou as 4.000.
El rey emérito Juan Carlos I ha participado en Sanxenxo con el Bribón en la cuarta serie de la Liga de 6 Metros, Trofeo Xacobeo.
Desde el pasado mes de septiembre, don Juan Carlos no se ponía al frente de su embarcación. Siempre seguía las diferentes competiciones a bordo del barco auxiliar Cristina.
Foto: Elena Fernández/EFE
Cangas de Morrazo quenta motores para a 43ª edición da súa Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo. Durante dúas semanas, compañías galegas, nacionais e internacionais converterán a localidade pontevedresa nun gran escenario. Entre elas está Teatro de Ningures, que este ano ademais festexa catro décadas sobre as táboas.
O turismo de autocaravana, moi de moda trala pandemia, segue a medrar en Galicia. Concellos coma O Grove e a Illa de Arousa restrinxen a presenza destes vehículos fóra dos espazos habilitados para eles. Queren evitar o descontrol e a masificación, especialmente en áreas protexidas. Na Praia do Vao, á entrada da Illa de Arousa, acaban de instalar lectores de matrícula para que non excedan o tempo máximo permitido para estacionar: 24 horas.
- É un símbolo da memoria dos exiliados galegos, pintado por Castelao en Bos Aires
- Retrata o fusilamento do nacionalista Alexandre Bóveda en agosto de 1936
Facultativos galegos concentráronse este martes ante o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, no segundo día da quinta semana de folga intermitente convocada en todo o Estado para reclamar un Estatuto Marco propio que recoñeza as particularidades da profesión. Anuncian paros indefinidos a partir de setembro se o Ministerio de Sanidade non atende as súas peticións. Segundo a Consellería de Sanidade, esta folga nacional tivo un seguimento de máis do 15% en Galicia durante a mañá.
Un home de 31 anos resultou morto no transcurso dunha operación policial contra o narcotráfico na aldea de Corvillón, en Cambados (Pontevedra). O falecido, un dos investigados por tráfico de drogas, chegou ferido de bala ao Hospital do Salnés. Ao parecer recibiu un tiro por parte dun axente. A operación, con alomenos 12 detidos, foi declarada segreda e non se descartan máis arrestos nas próximas horas.
- El fallecido, de 31 años y vecino de Cambados, era uno de los investigados en relación con el tráfico de drogas
- El operativo se ha desarrollado en Vilagarcía, Vilanova de Arousa, Cambados y Ribadumia; y hay 15 detenidos
Aparcar nas cidades é unha tarefa complicada.
ConPlaza é unha aplicación para o móbil que axuda ás persoas a encontrar aparcamento.
O sistema, creado por un mozo pontevedrés, pon en contacto aos usuarios que pactan un prezo para alugar prazas de aparcamento por horas ou días.
Hai xa máis dun cento de persoas rexistradas en Pontevedra. O servizo, que xa está a funcionar noutras cidades, prepárase para chegar aos chamados "leira parking" das praias na tempada de verán.
O xoves de Corpus Christi non se entende en Redondela sen a tradicional Festa da Coca. O traslado da virxe A Gabacha, a gran protectora dos veciños, acompañada pola danza das espadas nunha vila chea de alfombras florais.
- Ocupa 1.400 metros cadrados do muro do espigón da Doca de Baiona
- A artista Lula Goce leva semanas traballando nunha gran paisaxe mariñeira
En Baiona, toma forma o mural máis grande de España. A artista Lula Goce, natural desta localidade e con obras en todo o mundo, leva semanas traballando sobre o muro do espigón nunha obra de 1.400 metros cadrados e case medio quilómetro de longo na que busca reflectir a alma mariñeira da vila.
Helicópteros do Exército do Aire.
A Brilat de Pontevedra ensina as súas habilidades para desactivar explosivos ou un espectáculo dos cabalos da Guardia Real.
Actividades que se celebran en VIgo durante a semana das Forzas Armadas.