Ás portas de entrar no outono os termómetros seguen disparados. Hoxe de novo será un día de moitísima calor. A Xunta mantén activada a alerta vermella por temperaturas de ata 36 graos en 17 concellos do interior da provincia de Pontevedra, que establece a restrición de actividades escolares no exterior. O aviso é de nivel amarelo no interior da Coruña, a montaña de Ourense e nas Rías Baixas.
A Casa Museo de Curros Enríquez, en Celanova, acolle unha mostra do artista Baldomero Moreiras. É un friso de corenta metros de longo fragmentado en táboas que describe un espazo natural idílico como refuxio ante a situación bélica mundial.
Polémica en Ourense pola corta das árbores que formaban un corredor verde ao pé da vía do tren. Os veciños din que axudaba a paliar as temperaturas extremas do verán. O Adif xustifica a talla para garantir a seguridade ferroviaria.
Volta ao cole nunha escola rural. Na de Xunqueira de Ambía, en Ourense, este curso son 133 alumnos, un máis que o anterior e 89 máis que hai catorce anos. Medra o alumnado, ao contrario do habitual en Galicia.
- Torrent clausurou o ciclo de órgano e música antiga de Xunqueira de Ambía, en Ourense
- En abril cumpriu cen anos e desde hai tres décadas está completamente xorda
A organista en activo máis lonxeva do mundo, a barcelonesa Montserrat Torrent, clausurou a trixésimo séptima edición do Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía, en Ourense. Para a terceira vez que tocaba o órgano máis antigo de Galicia escolleu un repertorio de obras barrocas. O caso desta muller é excepcional porque en abril cumpriu cen anos e dende hai más de tres décadas está xorda total.
É unha muller excepcional non só por ter cen anos senón tamén porque está completamente xorda.
Ensaia no monsteiro de San Paio, en Santiago, as obras barrocas que vai tocar no Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía.
Comezou a estudar piano con cinco anos e con nove xa daba concertos.
Sempre tivo un ouvido privilexiado pero hai trinta anos quedou xorda e asegura que sente a música no interior.
O concello ourensán de Avión conta con máis dun milleiro de hórreos, a maioría moi ben conservados. Máis do sesenta por cento concéntranse en case un cento de eiras, o que o converte no municipio galego co de maior número de agrupacións.
No aniversario dos grandes lumes que arrasaron Galicia e en especial a provincia de Ourense conversamos con Brais Lorenzo.
O fotoxornalista leva máis dunha década documentando os incendios.
Foi premiado co World Press Photo polo traballo "Terra queimada".
O seu traballo reflicte a súa preocupación polo medio ambiente.
Os incendios que arrasaron a provincia de Ourense e parte da de Lugo en 2025 foron os peores da historia de Galicia. Un ano despois, mentres moitos seguen pendentes de que non ocorra algo similar nas próximas semanas, os veciños da zona aínda afrontan as súas consecuencias. Riadas con fortes arrastres do monte, aldeas sen auga potable, viñedos que tardarán anos en recuperarse, unha paisaxe desolada...
O Carballiño volveu elaborar a tapa de polbo máis grande do mundo, de 610 quilos, dez máis que a do ano pasado. É o gran reclamo para a Festa do Pulpo, que a vila celebra este domingo.
Visitamos o festival internacional de xardíns de Allariz. Un paisaxista da Coruña cunha obra inspirada nunha bolboreta, un xardín decorado con espellos... O tema deste ano é a liberdade. As vagas de calor favorecen a floración das plantas, pero obrigan a regar os xardíns con moita frecuencia.
Medio cento de asociacións da Ribeira Sacra piden un referendo para comprobar se a veciñanza quere que a zona sexa declarada Patrimonio Mundial da Unesco. Trala devolución da candidatura, que consideran unha derrota, reclaman que se teña en conta aos veciños nas modificacións que se deben facer.
A Ribeira Sacra terá que agardar para ser declarada Patrimonio Mundial. O comité da Unesco, reunido en Corea do Sur, decidiu hoxe devolver a candidatura para que os seus promotores a xustifiquen mellor. Tamén lle pide a España que traballen cos asesores do Comité de Patrimonio Mundial para que a candidatura cumpra os requisitos da declaración.
Música, gastronomía, viño e unha paisaxe única é o menú do Festival 17 graos.
Está declarado como o mellor evento musical de pequeno formato de toda a península.
Nesta décima edición ten como cabezas de cartel a Sidoní e aos británicos The Divine Comedy.
O autobús no que desfilou a selección española de fútbol por Madrid para celebrar a vitoria no Mundial foi fabricado pola empresa ourensá Unvi. É unha referencia internacional na elaboración deste tipo de vehículos, presentes en todas as capitais europeas.
Entrevista en RNE R5 Ourense. Pablo Pascual Theremin
Entrevista en RNE R5 Ourense. Pablo Pascual Theremin
Falamos con Pablo Pascual musico especializada no Theremin o primeiro instrumento electronico da historia.
Un físico italiano estableceuse nunha aldea abandonada de Castro Caldelas, en Ourense, para dinamizar culturalmente a comarca e contribuir a que non siga despoboándose. Nunha palleira rehabilitada organiza escolas de verán internacionais para o estudo da cuántica e a orixe do universo.
A superficie de zonas verdes nas cidades condiciona a calidade de vida. Regulan a temperatura, reducen ruídos e diminúen a contaminación, ademais de axudar ao benestar físico e mental. Un estudio realizado en varias cidades conclúe que Ourense está nos últimos postos en superficie e accesibilidade a espazos verdes mentres que Santiago é un exemplo en positivo.
A Raíña Sofía visitou zonas afectadas por incendios forestais para comprobar o estado de proxectos de restauración ambiental impulsados pola fundación que leva o seu nome, en colaboración coa consellería de Medio Ambiente. Son proxectos de recuperación en Rubiá e Folgoso do Courel.