Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

 -Día clave para o sector lácteo, con manifestacions de milleiros de gandeiros en defensa de prezos xustos para o leite que producen. Marchas en Santiago e Lugo cadrando coa reunión en Madrid de productores, industria e distribución.

-O presidente da Xunta anuncia axudas para os gandeiros que teñan créditos para ampliar explotacions.

-200 mil nenos de Infantil e Primaria comenzan as clases, nunha xornada sen incidencias, agás algunhas protestas de pais pola reducción do número de profesores.

-Mañá declarará ante a xuiza de Ponteareas como imputado o garda civil que disparou ó ex batería de Los Piratas.

O Presidente da Xunta  confía en que saian resultados positivos da reunión DE mañá no Ministerio entre administración, produtores de leite, industria e distribución. Díxoo logo de recibir aos gandeiros que protestan cos seus tractores  PEDINDO un prezo para o leite en orixe  que lles cubra os custes de produción // No polígono do Tambre, en Santiago, un grupo de manifestantes levan dende onte atrancando a entrada do almacén da cadea de distribución Día // A normativa de seguridade nos Rallyes podería cambiar, logo do tráxico sinistro de Carral, no que faleceron 7 persoas e 16 quedaron feridas. 09/09/15

A situación pola que pasan os produtores de leite, é tratada nunha reunión entre representantes dos gandeiros e a Xunta. O Presidente, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola Conselleira de Medio Rural, recibiu a representantes dos principais sindicatos agrarios, das cooperativas, e das organizacións de produtores que lle expoñen as súas reivindicacións, dun prezo que lles cubra os custes de producción // A normativa de seguridade nos Rallyes podería cambiar, logo do tráxico sinistro de Carral, no que faleceron 7 persoas e 16 quedaron feridas. A Federación Internacional de Automobilismo, que vai esixir maior coordinación nas probas para  cumprir a regulamentación, algo que ata agora non sempre pasaba // Os xulgados de Vigo e A Coruña creados para atender casos de afectados por participacións  preferentes manterán a súa actividade ata o 31 de decembro. Así o confirmou o director xeral de xustiza, alegando o elevado número de asuntos que se  manteñen por resolver. 09/09/15 

A situación pola que pasan os produtores de leite, é tratada nunha reunión entre representantes dos gandeiros e a Xunta // A normativa de seguridade nos Rallyes podería cambiar, logo do tráxico sinistro de Carral, no que faleceron 7 persoas e 16 quedaron feridas // Os xulgados de Vigo e A Coruña creados para atender casos de afectados por participacións  preferentes manterán a sua actividade ata o 31 de decembro. 09/09/15

No tempo, temos ceos anubrados  con algunhas choivas febles na parte oeste. Iso é asi porque desde o Atlántico entra unha pequena fronte, que trae esas pingueiras. 09/09/15

 -Terceiro día da protesta dos gandeiros en Santiago. Sétimo en Lugo, para esixir prezos dignos para o leite. Son tres mil tractores na capital de Galicia, e mas de mil en Lugo.

Ás aforas de Santiago, os productores bloquean a entrada e saída de camions do grupo francés Día. O presidente da Xunta e a conselleira de Medio Rural reciben a unha representación dos gandeiros.

-Ás portas do comenzo do curso escolar, os sindicatos do ensino afirman que os recortes seguen e que hai mais de 300 centros escolares con carencias importantes.

-A dirección da celulosa Ence anuncia que en dous anos reducirá un 90 por cento o consumo de auga e os vertidos á ría de Pontevedra. O seu responsable confía en conseguir a renovación da concesión.

-Incendio forestal en Nogueira de Ramuín. Arrasou 150 hectáreas neste concello ourensán. Xa está controlado.

A protesta dos gandeiros polos baixos prezos do leite chegou ata Santiago, onde fixeron un reparto gratuíto de produto recentemente muxido, diante dun centro comercial. Unha acción simbólica para chamar a atención sobre a situación económica que atravesan, e para denunciar a práctica das grandes superficies, que venden o leite por debaixo do prezo de custe // A protesta está protagonizada por uns 3.000 mil tractores. Con ela insisten en pedir medidas das administracións para paliar a crise que, din, está levando a centos de granxas ao borde da quebra. A marcha dos vehículos agrícolas pola cidade está a causar problemas de tráfico // Un neno, ferido grave no accidente do rali de Carral evoluciona favorablemente, xunto a outros 2 adultos, vítimas tamén do mesmo sinistro. Outro adulto segue grave. 08/09/15 

A protesta dos gandeiros polos baixos prezos do leite chegou ata Santiago, onde fixeron un reparto gratuíto de produto, recén muxido, diante dun centro comercial. Unha acción simbólica para chamar a atención sobre a situación económica que atravesan, e para denunciar a práctica das grandes superficies, que venden o leite por debaixo do prezo de custe // A protesta está protagonizada por uns 3.000 mil tractores. Con ela insisten en pedir medidas das administracións para paliar a crise que, din, está levando a centos de granxas ao borde da quebra. A marcha dos vehículos agrícolas pola cidade está a causar problemas de tráfico // Un neno, ferido grave no accidente do rali de Carral evoluciona favorablemente, xunto a outros 2 adultos, vítimas tamén do mesmo sinistro. 08/09/15

A protesta dos gandeiros polos baixos prezos do leite chegou ata Santiago, onde fixeron un reparto gratuíto de produto, recén muxido, diante dun centro comercial // A protesta  está  protagonizada por uns 3.000 mil tractores // Un neno, ferido grave no accidente do rali de Carral evoluciona favorablemente, xunto a outros 2 adultos, vítimas tamén do mesmo sinistro. 08/09/15 

Comezaron a aumentar as nubes polo oeste e esta tarde serán xeralizadas en toda Galicia.  Estamos nunha situación na que o anticiclón perde algo de forza, e por iso as temperaturas máximas baixan respecto destes días de atrás. 08/09/15

 -Tres mil tractores enchen Santiago. Os gandeiros reparten leite de balde ante as áreas comerciais. Tamén segue a tractorada de Lugo, por sexto día, con mais de 1.200 tractores concentrados na ronda da muralla.

-Sae da UCI o último pequeno que permanecía hospitalizado tralo accidente de Carral. Esta tarde recibirá sepultura a sétima víctima, unha nena de once anos.

-Preocupación en Vigo, na fábrica Faurecia, pola intención de Citroen de deslocalizar a producción dos asentos de automóviles. Están en risco 500 postos de traballo.

-Concentracions de repulsa en Galicia contra o crime de violencia de xénero de Vigo.

Esta tarde reciben sepultura, en cemiterios coruñeses de Carral e Cambre, as 6 vítimas, iniciais do accidente do rally de Carral do pasado sábado. Das dezaseis persoas que resultaran feridas, só 4 seguen hospitalizadas. Dúas están graves, un neno, e un adulto // 5.000 tractores chegan a Santiago para unha nova  protesta polos baixos prezos do leite. Prevén manterse na capital galega durante catro días, á espera dos resultados da xuntanza deste xoves en Madrid, entre o sector e o ministerio de agricultura // Detido en Vigo un home en relación coa morte da súa parella, unha muller de 46 anos, de nacionalidade brasileira. Segundo a Policía, o detido, un vigués ,de 31 anos,presentouse en comisaría dicindo que discutira coa súa noiva, e que a matara accidentalmente. 07/09/15

Lo sucedido en el Rally de A Coruña, donde el sábado perdieron la vida siete personas del público y 16 más sufrieron heridas de diversa consideración, ha puesto sobre la mesa la seguridad en este tipo de competiciones. La tragedia llegó cuando uno de los 130 vehículos participantes, un Peugeot 206, arrolló a decenas de espectadores en un paraje del municipio del Carral al entrar a gran velocidad en una curva. El accidente es la mayor tragedia registrada en el deporte español, por encima de la que tuvo lugar en el circuito de Montjuic en 1975, que se saldó con cinco víctimas mortales. Hemos hablado con Diego Guardamino, jefe de prensa de la Real Federación Española de Automovilismo.

Esta tarde reciben sepultura, en cemiterios coruñeses de Carral e Cambre, as 6 vítimas, iniciais do accidente do rally de Carral do pasado sábado. Das dezaseis persoas que resultaran feridas, só 4 seguen hospitalizadas. Dúas están graves, un neno, e un adulto // 5.000 tractores chegan a Santiago para unha nova protesta polos baixos prezos do leite. Prevén manterse na capital galega durante catro días, á espera dos resultados da xuntanza deste xoves en Madrid, entre o sector e o ministerio de agricultura // Detido en Vigo un home en relación coa morte da súa parella, unha muller de 46 anos, de nacionalidade brasileira. Segundo a Policía, o detido, un vigués ,de 31 anos,presentouse en comisaría dicindo que discutira coa súa noiva, e que a matara accidentalmente. 07/09/15

, iniciais do accidente do rally de Carral do pasado sábado // 5.000 tractores chegan a Santiago para unha nova protesta polos baixos prezos do leite // Detido en Vigo un home en relación coa morte da súa parella, unha muller de 46 anos. 07/09/15