Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

 -O xerente da Área Sanitaria de Vigo di que a paciente falecida no novo hospital non colleu o asperxillus no centro. Retrásase unha semana mais o traslado de pacientes, á espera dos resultados das mostras para comprobar se hai risco de infección. Os partidos da oposición piden a dimisión da conselleira de Sanidade.

-Centos de tractores rodean a muralla de Lugo nunha nova protesta para reclamar solucions á crise do leite.

-Xa quedou extinguido o lume de Cualedro tras queimar case 3.200 hectáreas. O comité en defensa do monte galego pide a dimisión da conselleira de Medio Rural.

-O presidente da Xunta ofrécese para que Galicia poida acoller 300 refuxiados ante a traxedia humanitaria que se vive en Europa. Tamén os concellos de A Coruña e Lalín se mostran dispostos a recibir inmigrantes.

Galicia é a comunidade autónoma na que mais se reduciu o paro, no pasado mes de agosto. Nun mes tradicionalmente malo para o emprego, o número de inscritos nas listas de desocupados baixou en  2.639 persoas, o que supón un descenso do 1,22% // O tren  de alta velocidade do eixo atlántico transportou xa case un millón de viaxeiros, dende que entrou en funcionamento, no pasado mes de abril. Unha cifra que supón todo un récord, segundo destaca o Ministerio de Fomento que hoxe asinou coa xunta un convenio  para facilitar o transporte combinado entre o tran e o avión // Os alcaldes de Cualedro, Xinzo, Baltar e Trasmiras din que lles van esixir ás administracións axudas para reparar os efectos dos incendios nas infraestructuras e propiedades. Destacan a clara intencionalidade destes sinistros e sinalan a localización de artefactos incendiarios en diversos puntos da zona queimada. 02/09/15 

Galicia é a comunidade autónoma na que mais se reduciu o paro, no pasado mes de agosto. Nun mes tradicionalmente malo para o emprego, o número de inscritos nas listas de desocupados baixou en  2.639 persoas, o que supón un descenso do 1,22%.

Asináronse 76 mil novos contratos // Os alcaldes de Cualedro, Xinzo, Baltar e Trasmiras din que lles van esixir ás administracións axudas para reparar os efectos dos incendios nas infraestructuras e propiedades. Destacan a clara intencionalidade destes sinistros e sinalan a localización de artefactos incendiarios en diversos puntos da zona queimada // Milagros Otero tomou posesión coma valedora do pobo. Catedrática de filosofía do dereito, compostelá de 55 anos é a primeira muller en acceder a este cargo de alta comisionada do Parlamento Galego. 02/09/15

Galicia é a comunidade autónoma na que mais se reduciu o paro, no pasado mes de agosto // Os alcaldes de Cualedro, Xinzo, Baltar e Trasmiras sinalan a clara intencionalidade dos incendios e sinalan a localización de artefactos incendiarios en diversos puntos da zona queimada // Milagros Otero tomou posesión coma valedora do pobo. 02/09/15 

Seguimos con ceos anubrados pero que apenas han deixar chuvia. Só norte de Lugo podería chover un pouco e tamén en forma de chuvasco nas zonas altas de Ourense. 02/09/15

 -Galicia foi a comunidade na que mais baixou o paro no mes de agosto.

-Os alcaldes dos catro municipios afectados polo incendio de Cualedro afirman que o número de hectáreas queimadas é maior que as cifras oficiais. Tamén desvelan que na zona do lume se atoparon sete artefactos incendiarios.

-A asociación para a Defensa da Sanidade pública presenta unha denuncia ante a Comisión Europea pedindo o rescate da concesión do novo hospital de Vigo. A conselleira Rocío Mosquera di que non lle preocupa a demanda.

A policía de  investiga a morte dun bebé na habitación dun hotel de Santiago por tratarse dun falecemento sospeitoso. A nena, de seis meses, estaba nun cuarto coa nai. O pai explicou  que a parella tivera unha discusión // Controlado dende as once da mañá o incendio de Cualedro, o máis grave, no que vai de verán e que calcinou 3 mil hectáreas, chegando a afectar tamén aos termos de Trasmiras, Xinzo de Limia e Baltar. Agora os concellos afectados tratan de reparar os camiños, tendidos eléctricos e fornecementos danados polas lapas // 50 euros para material escolar. É o que poderán solicitar a partir de mañá as familias con menos recursos. É na primeira vez que o goberno galego ofrece este tipo de axudas que estiman podería ter  uns 60.000 beneficiarios. 01/09/15

A policía de  investiga a morte dun bebé na habitación dun hotel de Santiago por tratarse dun falecemento sospeitoso // Controlado dende as once da mañá o incendio de Cualedro, o máis grave, no que vai de verán e que calcinou 3 mil hectáreas // 50 euros para material escolar. É o que poderán solicitar a partir de mañá as familias con menos recursos. 01/09/15

 -Xa quedou controlado o incendio forestal que arrasou 3.000 hectáreas nos concellos ourensáns de Cualedro, Xinzo, Baltar e Trasmiras. Os alcaldes vanse reunir para reclamar a declaración de zona catastrófica.

-A próxima tractorada en defensa do sector lácteo colapsará o tráfico na capital de Lugo o próximo xoves. Mil tractores rodearán a muralla.

-A policía nacional investiga a morte dun bebé de seis meses nun hotel de Santiago. Atopábase coa nai, e cando volveu o pai atopou morta a nena. Estáselle facendo a autopsia. O xulgado número un de Santiago decretou o segredo do sumario.

Controlado en Cualedro o maior incendio no que vai de verán en Galicia. Na localidade ourensá arderon arredor de 3.000 hectáreas e foi necesario activar o nivel de alerta 2 porque tiveron que ser desaloxados unha ducia de veciños de tres parroquias // Reunión da Deputación Permanente do Parlamento Galego para debater a situación dos incendios e a crise dos prezos do leite. Os grupos da oposición pedían a comparecencia do Presidente da Xunta para explicar a medidas adoptadas nestes eidos // A téxtil Adolfo Domínguez celebra este luns xunta xeral de accionistas en Ourense. Unha xunta na que aprobarán cambios no consello de administración que seguirá presidindo o deseñador ourensán. 31/08/15

Grave incendio en el término municipal de Cualedro, en Ourense. El fuego ha quemado hasta el momento más de 3.000 hectáreas. El incendio, que se declaró ayer sobre las dos de la tarde, ya está estabilizado.

Controlado en Cualedro o maior incendio no que vai de verán en Galicia. Na localidade ourensá arderon arredor de 3.000 hectáreas e foi necesario activar o nivel de alerta 2 porque tiveron que ser desaloxados unha ducia de veciños de tres parroquias // Reunión da Deputación Permanente do Parlamento Galego para debater a situación dos incendios e a crise dos prezos do leite. Os grupos da oposición pedían a comparecencia do Presidente da Xunta para explicar a medidas adoptadas nestes eidos // A téxtil Adolfo Domínguez celebra este luns xunta xeral de accionistas en Ourense. Unha xunta na que aprobarán cambios no consello de administración que seguirá presidindo o deseñador ourensán. 31/08/15

Controlado en Cualedro o maior incendio no que vai de verán en Galicia. Na localidade ourensá arderon arredor de 3.000 hectáreas // Reunión da Deputación Permanente do Parlamento Galego para debater a situación dos incendios e a crise dos prezos do leite // A téxtil Adolfo Domínguez celebra este luns xunta xeral de accionistas en Ourense. 31/08/15

Agosto remata con nubes e con chuvias en boa parte de Galicia Máis frecuentes e intensas no norte pero da comunidade pero durante a tarde poden descargar en forma de chuvasco nas provincias de Lugo e Ourense por treboadas. 31/08/15

 O lume queimou máis de 2.000 hectáreas nos concellos ourensáns de Cualedro, Xinzo de Limia, Baltar e Trasmiras. Desactivada a situación 2 de alerta.

Accidente de tráfico mortal no Barco de Valdeorras.

Búscase a unha persoa desaparecida na praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal.