A borrasca que nos está a afectar deixou xa intensas precipitacións // O consello de contas pide mais medios e material para poder previr a corrupción // A busca de saídas laborais está a mudar a demanda de estudos superiores. Cada vez son máis os que optan pola formación profesional. 03/11/14
Precipitacións xeneralizadas e descenso das temperaturas. Ese é o resumo do prognóstico do tempo. Pola noite, as chuvias quedarán en forma de chuvascos intermitentes. 03/11/14
A Xunta confirma o interese da multinacional Gestamp por establecer en Ferrol unha factoría de torres para aeroxeneradores mariños. Aproveitaría instalacións de Navantia agora sen uso. De materializarse, o proxecto suporía un investimento de 100 millóns de euros e a creación duns 700 postos de traballo // Os cemiterios de toda Galicia reciben hoxe os útimos retoques para os días do ano nos que reciben máis visitas. A colocación das flores nos nichos e panteóns é outra das esceas que se repiten por toda a nosa xeografía. Rosas e crisantemos son as máis demandadas, nunha data na que soben considerablemente de prezo // 3 persoas están ingresadas, en estado grave, en Ourense, debido á inxestión de cogomelos velenosos. Trátase dun matrimonio e o seu fillo, veciños de Seixalbo. Foron hospitalizados, logo de consumir algún exemplar do xénero Amanitas. Teñen moi danados o fígado e os riles. 31/10/14
Os cemiterios de toda Galicia reciben hoxe os últimos retoques para os días do ano nos que reciben máis visitas. A colocación das flores nos nichos e panteóns é outra das escenas que se repiten por toda a nosa xeografía. Rosas e crisantemos son as máis demandadas, nunha data na que soben considerablemente de prezo // A Xunta confirma o interese da multinacional Gestamp por establecer en Ferrol unha factoría de torres para aeroxeneradores mariños. Aproveitaría instalacións de Navantia agora sen uso. De materializarse, o proxecto suporía un investimento de 100 millóns de euros e a creación duns 700 postos de traballo // Riazor prepárase para recibir ao Getafe esta noite. O Dépor quere aproveitar a boa racha que lle permitiu sumar puntos nos dous últimos encontros e manterse alonxados da parte baixa da táboa. Mentres, o Celta xa está en Barcelona onde adestrará esta tarde antes do difícil compromiso de mañá ante o Barça do seu extécnico Luís Enrique. 31/10/14
Os cemiterios de toda Galicia reciben hoxe os últimos retoques para os días do ano nos que reciben máis visitas // A Xunta confirma o interese da multinacional Gestamp por establecer en Ferrol unha factoría de torres para aeroxeneradores mariños // Riazor prepárase para recibir ao Getafe, mentres o Celta xa está en Barcelona para o difícil compromiso de mañá ante o Barça. 31/10/14
De cara a fin de semana, as nubes van ir gañando terreo e volverán as chuvias despois de dúas semanas de sol e altas temperaturas. 31/10/14
A familia dun mozo da localidade pontevedresa de Cuntis, captado pola organización relixiosa descabezada polo bispado de Tui, di que lle cambiou a personalidade dende que ingresou nela. Hoxe explicaron que investigan, xunto con outras familias afectadas, se son verdade as acusacións de abusos sexuais e delito fiscal, tal como investiga un xulgado de Tui // A Xunta pon en marcha un programa de atención sanitaria que xerará automaticamente citas médicas para os pacientes que reciban altas hospitalarias. Serán chamados aos seus centros de saúde en 72 horas para ver resultados de probas ou realizar curas // Condenado por abusar de dous menores o exadestrador de fútbol base de Pontevedra Rafael "Chito" Lavía, de 70 anos. En prisión dende agosto do ano pasado, confesou hoxe que abusara de dous nenos romaneses de 11 e 13 anos. Durante 9 anos, non poderá achegarse nin comunicarse cós rapaces, e deberá pagarlle a cada un 7.500 euros de indemnización. 30/10/14
A familia dun mozo da localidade pontevedresa de Cuntis, captado pola organización relixiosa descabezada polo bispado de Tui, di que lle cambiou a personalidade dende que ingresou nela. Hoxe explicaron que investigan, xunto con outras familias afectadas, se son verdade as acusacións de abusos sexuais e delito fiscal, tal como investiga un xulgado de Tui // A Xunta pon en marcha un programa de atención sanitaria que xerará automaticamente citas médicas para os pacientes que reciban altas hospitalarias. Serán chamados aos seus centros de saúde en 72 horas para ver resultados de probas ou realizar curas // Declaran como imputados por carrexar anciáns, algúns con alzheimer, nas últimas eleccións autonómicas. En Lugo prestaron declaración esta mañá por un delito electoral o expresidente do PP na provincia, José Luís Iravedra, e unha exconcelleira popular no concello. 30/10/14
Seguimos con ceos practicamente despexados en toda Galicia e con temperaturas altas para a época do ano. 30/10/14
A familia dun mozo da localidade pontevedresa de Cuntis, captado pola organización relixiosa descabezada polo bispado de Tui, di que lle cambiou a personalidade dende que ingresou nela // A Xunta pon en marcha un programa de atención sanitaria que xerará automaticamente citas médicas para os pacientes que reciban altas hospitalarias // Declaran como imputados por carrexar anciáns, algúns con alzheimer, nas últimas eleccións autonómicas. 30/10/14
O Presidente da Xunta destacou que foi o Goberno Galego quen denunciou a suposta fraude de subvencioóns en cursos de formacion, da operacion zeta, e di que o seu executivo se vai personar na causa. Díxoo en resposta aos grupos da oposicion, que acusaron ao goberno de permitir un financiamento irregular do PP a través dun grupo de empresarios // Deteñen a un dos narcos máis buscados pola policía. É o lider dunha rede que tentou introducir 54 kilos de cocaína polo Porto de Marín nun cargamento de plátanos e que levaba fuxido da Xustiza dende 2007. Ten pendente unha condena 17 anos pola súa relación con outro alixo dunha tonelada de cocaína // Máis de seis mil galegos sofren cada ano un accidente cerebrovascular. Un tipo de doenza que é a primeira causa de morte entre as mulleres e a segunda entre os homes. Hoxe, cando se celebra o día mundial adicado a ela, destácase tamén que, deses afectados, 1.500 morren e mais de tres mil quedan con algún tipo de secuela. 29/10/14
Máis de 6 mil galegos sofren cada ano un accidente cerebrovascular. Un tipo de doenza que é a primeira causa de morte entre as mulleres e a segunda entre os homes. Hoxe, se celebra o día mundial adicado a ela, destácase tamén que, deses afectados, 1.500 morren e mais de 3 mil quedan con algún tipo de secuela // O Presidente da Xunta destacou que foi o Goberno Galego quen denunciou a suposta fraude de subvencións en cursos de formacion, da operación zeta, e di que o seu executivo se vai persoar na causa. Díxoo en resposta aos grupos da oposición, que acusaron ao goberno de permitir un financiamento irregular do PP a través dun grupo de empresarios // 400 expertos en seguridade informática, denominados hackers, reúnense dende hoxe na Coruña en busca de fórmulas para aumentar a fiabilidade da navegación na rede. Avisan sobre a precaución que se debe ter para evitar ataques informáticos, un asunto que preocupa dende aos particulares ata ás principais empresas e a gobernos de todo o mundo.
Máis de seis mil galegos sofren cada ano un accidente cerebrovascular // O Presidente da Xunta destacou que foi o Goberno Galego quen denunciou a suposta fraude de subvencións en cursos de formacion,da operacion zeta // 400 expertos en seguridade informática, os que habitualmente se denominan hackers, reúnense na Coruña en busca de fórmulas para aumentar a fiabilidade da navegación na rede. 29/10/14
As nubes apenas deixan ver o sol pero de momento non anuncian chuvia. Seguimos iso sí disfrutando dunha máis que agradable temperatura grazas tamén aos ventos do sur. 29/10/14